Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
VEXIGA NEURÓXENA
Puede que te interesen:
AXUDAS TÉCNICAS: CARCASAS E PROTECTORES
Cobertor para o rato de bóla xigante ( Trackball), axuda a reducir as pulsacións involutarias dos clics e aumentar a efectividade do usuario.
Protector de tablet con bo son. Ten unha tapa deslizante para ocultar botón de inicio e que o usuario de forma accidental salga da aplicación activada.
Catro bólas protexen a tableta de impactos por calquera lado. Pode caer desde calquera ángulo, a tableta nunca toca o chan e atópase elevada evitando danos por derrames.
Funda que permite virar a tableta cunha correa. Permite suxeitala cunha soa man. A correa, tamén actúa como soporte de pé.
Fundas con patas para soster a tableta de pé, e os brazos para suxeitala con comodidade. Fabricado con material brando. Fúndaa protexe as esquinas e o frontal de golpes e caídas.
Puede que te interesen:
APOIOS TÉCNICOS. TECLADOS VIRTUAIS
Os teclados virtuais posibilitan a interacción co ordenador, a través do teclado, para alumnos gravemente afectados que non poden manexar os convencionais. Trátase dunha aplicación transparente que presenta un teclado en pantalla co que pode escribirse mediante a selección de teclas por un procedemento de varrido.
Existen, basicamente, dous tipos de varrido. Por unha banda, o lineal, que está aconsellado naquelas ocasións nas que o usuario debe elixir entre un escaso número de opcións. As posibilidades de elección vanse alternando sucesivamente en función dun espazo de tempo que adoita ser programable. Por outra, o varrido matricial, que está indicado para os casos nos que hai que realizar unha elección entre un gran número de posibilidades. Esta selección realízase en virtude da combinación de dúas, unha vertical e outra horizontal.
Algúns exemplos de teclados virtuais son:
- Teclat Magic: aínda que non pode considerarse un teclado virtual é un programa que facilita a escritura a persoas que non poden acceder a un teclado normal pero que, con todo, poden controlar un periférico do tipo joystick ou que poden acceder ao clic de rato a través dun pulsador- interruptor. Admite modalidade de escaneo automático. Outra das opcións de que dispón teclat magic é a posibilidade de servir de comunicador para persoas que teñen dificultades do fala, para iso haberá que ter instalado a síntese de voz UPCTV do PIE. http://www.xtec.net/~jlagares/f2kesp.htm
- Teclado virtual (Miguel Aragüez): é un conxunto de aplicacións que inclúe un procesador de textos, un teclado virtual propiamente dito, un sistema de comunicación, e un panel de comunicación. Acompáñase de tres de xogos: “Busca as parellas”,“Coloca os Iconos” e “Quebracabezas” Junta de Andalucía. Averroes. TECLADO VIRTUAL
- Teclado virtual Edicinco: é un teclado que permite a aquelas persoas que teñen limitadas as súas capacidades motoras escribir sen necesidade de teclear sobre un teclado estándar. Accédese ás pulsacións das teclas virtuais e a diferentes funcións asociadas a elas mediante o desprazamento do cursor, xa sexa a través dun rato convencional ou adaptado asociado ao software Virtual Click, xa sexa mediante o sistema de acceso ao ordenador IRdata 2000. Posúe un sistema de predición de palabras.
- Teclado virtual Art Media: pode activarse de dúas formas distintas: a selección directa a través do clic do rato ou mediante un sistema de temporización que selecciona a tecla sobre a que se atopa o punteiro despois de que este permaneza un tempo inmóbil sobre unha tecla determinada. Posúe un sistema de predición de palabras ou frases que se organiza en función da frecuencia de uso. http://www.ceapat.org/serviciosYProductosProgramas.do?idMaterial=2
- Teclado virtual clic- n- type: permite o acceso por clic de rato e por varrido. Posúe un sistema de predición de palabras. É parametrizable e configurable adaptándoo ás necesidades de cada usuario en concreto. http://cnt.lakefolks.com/es-intro.htm
- Tpwin: é un teclado virtual en pantalla de propósito xeral coas opcións máis frecuentes destes. Pode descargarse en http://www.xtec.es/~jfonoll/tpwin/index_esp.htm
- Preedites: editor de textos predictivo con moitas opcións. Incorpora un teclado virtual e diferentes paneis de introdución de texto. Posúe tamén síntese de voz.
- Teclado “1.0.38” (TotiPm): é un teclado virtual que permite dispoñer dun teclado en pantalla a persoas que non teñen posibilidade de acceso a teclados convencionais. Funciona por escaneo automático activándose a través dun pulsador ou polo son emitido polo usuario e recollIdo a través dun micrófono conectado á tarxeta de son do ordenador. Esta opción resulta moi interesante para persoas con mobilidade moi reducida. http://www.xtec.net/~jlagares/f2kesp.htm
FONTE: cnice. Serie informes
Puede que te interesen:
NEUROFIBROMATOSE. DICCIONARIO
As neurofibromatose son un grupo de tres trastornos relacionados pero xeneticamente diferentes do sistema nervioso que causan que tumores crezan ao redor de nervios.
Os tumores máis comúns son os neurofibromas, que se desenvolven no tecido que circunda os nervios periféricos. A maioría dos tumores non son cancerosos, aínda que en ocasións vólvense cancerosos co tempo.
Os científicos clasificaron os trastornos como neurofibromatoses de tipo 1 ( NF1), neurofibromatosis de tipo 2 ( NF2), e un tipo que algunha vez foi considerado como unha variación de NF2 pero agora chámase schwanomatoses.
Tipo 1 ( NF1), que provoca cambios na pel e deformidades nos ósos. Adoita comezar na infancia. Ás veces, os síntomas están presentes ao nacer.
Tipo 2 ( NF2), que causa perda do oído, zumbidos nos oídos e problemas de equilibrio. Os síntomas adoitan comezar na adolescencia. Para diagnosticar NF1 e NF2 tamén se usan probas xenéticas. Non existe unha cura. O tratamento pode axudar a controlar os síntomas. Dependendo do tipo de enfermidade e da súa gravidade, o tratamento pode incluír cirurxía para extirpar tumores, radioterapia e medicinas.
A característica distintiva da schwanomatose é o desenvolvemento de múltiples schwanomas en todas partes do corpo exceptuando o nervio vestibular. O síntoma dominante é dor intensa insoportable, que se desenvolve cando un schwanoma aumenta de tamaño, comprime nervios ou presiona sobre tecido adxacente. Algunhas persoas experimentan síntomas neurolóxicos adicionais, como entumecimento, formigueo, ou debilidade nos dedos das mans e os pés. Os pacientes con schwanomatose nunca teñen neurofibromas.
Os tumores máis comúns son os neurofibromas, que se desenvolven no tecido que circunda os nervios periféricos. A maioría dos tumores non son cancerosos, aínda que en ocasións vólvense cancerosos co tempo.
Aínda non se sabe completamente porqué estes tumores seguen producíndose, pero parece estar principalmente relacionado coas mutacións nos xenes que xogan papeis crave na supresión do crecemento tumoral no sistema nervioso. Estas mutacións fan que os xenes, identificados como NF1 e NF2, deixen de producir proteínas específicas que controlan a produción celular. Sen estas proteínas, as células multiplícanse fóra de control e forman tumores.
Os científicos clasificaron os trastornos como neurofibromatoses de tipo 1 ( NF1), neurofibromatosis de tipo 2 ( NF2), e un tipo que algunha vez foi considerado como unha variación de NF2 pero agora chámase schwanomatoses.
Tipo 1 ( NF1), que provoca cambios na pel e deformidades nos ósos. Adoita comezar na infancia. Ás veces, os síntomas están presentes ao nacer.
Tipo 2 ( NF2), que causa perda do oído, zumbidos nos oídos e problemas de equilibrio. Os síntomas adoitan comezar na adolescencia. Para diagnosticar NF1 e NF2 tamén se usan probas xenéticas. Non existe unha cura. O tratamento pode axudar a controlar os síntomas. Dependendo do tipo de enfermidade e da súa gravidade, o tratamento pode incluír cirurxía para extirpar tumores, radioterapia e medicinas.
Schwanomatose
A schwanomatose é unha neurofibromatose recentemente recoñecida que é xenética e clinicamente distinta da NF1 e a NF2. Do mesmo xeito que a NF2, prodúcese raramente. A característica distintiva da schwanomatose é o desenvolvemento de múltiples schwanomas en todas partes do corpo exceptuando o nervio vestibular. O síntoma dominante é dor intensa insoportable, que se desenvolve cando un schwanoma aumenta de tamaño, comprime nervios ou presiona sobre tecido adxacente. Algunhas persoas experimentan síntomas neurolóxicos adicionais, como entumecimento, formigueo, ou debilidade nos dedos das mans e os pés. Os pacientes con schwanomatose nunca teñen neurofibromas.
FONTE: National Institute of Neurological Disordes and Strokes
Puede que te interesen:
CREAMOS O NOSO PANEL DE DESTREZA MANIPULATIVA. PSICOMOTRICIDADE
Estes paneis de destreza manipulativa permite aos nenos (a partir dos 18 meses), e aos adultos, desenvolver a súa motricidade fina de maneira divertida grazas ao seu amplo abanico de actividades e xogos. Para a súa construcción podemos empregar velcros que o fan totalmente configurable, podendo cambiar as actividades en función do interese das persoas que o utilizan.
Traballaremos ademáis da súa imaxinación, a coordinación das extremidades superiores, así como a motricidade da man.
Podemos fixalo na parede tendo moi en conta a seguridade do neno, dado que é relativamente pesado.
Podemos utilizar botóns e cordóns para enfiar e achegar unha experiencia sensorial. Estes elementos son indispensables xa que permítenos traballar múltiples aprendizaxes como as cores, a numeración… Permiten tamén desenvolver funcións cognitivas e estimular os sentidos do tacto, a vista e o oído.
Este tipo de actividade reforza a concentración e a atención xa que o neno, completamente mergullado na actividade, esforzarase por ter o control dos seus movementos precisos para así lograr con éxito a tarefa proposta.
FONTE: toysknoll.info; decopeques; etsy.com; m.vk.com; hopToys
Puede que te interesen:
DISPOSITIVO CONTRA A ASFIXIA POR ATRAGANTAMENTO. PRIMEIROS AUXILIOS
Un atragantamiento pode ocorrerlle a calquera; as persoas maiores e aos nenos.
As persoas que padecen algunhas enfermidades son máis propensas a afogarse, por iso é preciso estar familiarizados con ferramentas útiles nun momento de emerxencia.
Puede que te interesen:
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS DEDOS E MANS
Ideas para traballar a grafomotricidade
Exercizos de oposición de dedos
Lateralización da moneca e xiro de moneca
Exercizos de oposición de dedos
- Coa xema de cada dedo tentar contactar, por separado, coa xema do dedo pulgar
Lateralización da moneca e xiro de moneca
- Colocamos a man aberta e os dedos extendidos.
- Realizamos movementos laterais coa moneca, dirixindo a man cara a fóra e cara adentro do corpo alternativamente.
- Man semipechada
- Facer momemento de rotación arredor da moneca como se intentaramos abrir e pechar unha porta
Puede que te interesen:
XOGUETES ADAPTADOS. NADAL
Xoguetes adaptados
Un conmutador é moito máis que un simple interruptor. É unha porta a un amplo abanico de adaptacións.
Grazas ao seu conector estándar, existen moitos dispositivos e solucións que se poden controlar a través dun pulsador. Por exemplo, moitos dos nosos produtos de acceso ao ordenador, como ratos e trackballs, son compatibles con calquera pulsador. Tamén existen adaptadores para converter un pulsador en calquera periférico do ordenador que desexemos.
Conexión para mover ou parar o coche. Entrada compatible estándar para calquera pulsador. Regulador para fixar a velocidade.
Un xoguete é para aprender, interactuar, comunicarse... pero sobre todo debería ser divertido!
Grazas ao seu conector estándar, existen moitos dispositivos e solucións que se poden controlar a través dun pulsador. Por exemplo, moitos dos nosos produtos de acceso ao ordenador, como ratos e trackballs, son compatibles con calquera pulsador. Tamén existen adaptadores para converter un pulsador en calquera periférico do ordenador que desexemos.
Este pulsador estándar ten un diámetro de 12,7cm e require moi pouca forza de activación, polo que é ideal para persoas con mobilidade moi reducida.
As súas 4 carcasas coas cores básicas se poden intercambiar.
CIRCUÍTO DE CARREIRAS ADAPTADO
Impresionante circuíto de carreiras con dúas loopings e coches de Ferrari e RedBull para manexar con conmutador.
O circuíto permite controlar o movemento dos coches mediante pulsadores. Para cada un das dúas pistas dispón de:
Conexión para o mando orixinal. Xoga en calquera das pistas en modo adaptado ou co mando orixinal, que segue sendo completamente funcional.
Puede que te interesen:
ESTIMULACIÓN SENSORIAL. PROXECTOR. NADAL
PARA QUE SIVE A ESTIMULACIÓN?
Cando falamos de estimulación sensorial facemos referencia á entrada de información da contorna ao sistema nervioso a través dos sentidos para elaborar sensacións e percepcións. Isto constitúe o primeiro elemento sobre o que se constrúe calquera aprendizaxe, xa que supón a primeira etapa do desenvolvemento das funcións cognitivas básicas (atención, memoria) e permite o desenvolvemento das funcións cognitivas superiores (resolución de problemas, razoamento, linguaxe e creatividade).
A adquisición ou captación de estímulos é o inicio do proceso de memoria, onde a atención e percepción xogan o papel principal. Posteriormente, a información almacenada utilizarase para operar e razoar.
Grazas aos sentidos, e explorando a contorna mediante o movemento (acción e experimentación), prodúcese o proceso de asimilación e acomodación, que permite a construción de aprendizaxes e a comprensión do mundo que nos rodea. Este proceso ten lugar de forma natural nas persoas desde o nacemento.
PROXECTOR LÁSER DE ESTRELAS
Proxector para teito e parede.
Cobre o teito e paredes con estrelas. As luces deste proxector láser de estrelas iluminan unha ampla superficie enchendo as paredes e/ou teito de brillantes estrelas e nebulosas conseguindo un impresionante efecto.
BÓLA DE ESPELLOS
Bóla de espellos con foco e filtros de cores que se fixa no teito; a bola xira lentamente mediante un motor creando un rechamante ambiente en 360º. Promove actividades de seguimiento ocular.
A súa finalidade é a relaxación, estimulación visual e equilibrio. Miles de luces se crean cando un foco se proxecta na bola de espellos.
FONTE: ORTOTECSA. DiscapNET
GUÍA DE XOGUETES DISEÑO UNIVERSAL. NADAL
Juego, juguetes y discapacidad. La importancia del diseño universal.
Costa, M.; Romero, M.; Mallebrera, C.; Fabregat, M.;Torres, E.; Martínez, MJ.; Martínez, Y.; Zaragoza, R. Torres, S. y Martínez, P.
O Instituto Tecnológico del Juguete (AIJU) elaborou unha publicación gratuíta dirixida a fabricantes de xoguetes, a expertos en infancia e discapacidade e a familias con nenos con algún tipo de discapacidade. Está publicación proporciona á industria fabricante de xoguetes unhas pautas de deseño que contribúen a mellorar a accesibilidade dos xoguetes, tanto para nenos/as con discapacidade como sen ela: "Deseño para todos".
Juego, juguetes y atención temprana. Pautas para el diseño de juguetes útiles en la terapia psicopedagógica
M. Costa, E. Torres, M.T. Romero, M. Fabregat, S. Torres, Y. Martínez, C. Mallebrera, M.J. Martínez, R. Zaragoza y P. Martínez. CDIAT/APADIS: M.G. Millá, J. Crespo, M.C. Gabaldón, E. Richart, L. Munera, E. M. Hernández, J. García
Nesta Guía inclúese información sobre a Atención Temperá, as necesidades e requirimentos que deben ter as actividades lúdicas e as características que deben reunir os materiais lúdicos utilizados nesta área de intervención infantil.
FONTE: Instituto Tecnológico del Juguete AIJU
INTEGRACIÓN BILATERAL DE AMBAS MANS NA MANIPULACIÓN. PSICOMOTRICIDADE. NADAL
A integración bilateral de ambas as mans na manipulación, é una forma de execución de movementos individuais, pero, dirixidos a un fin común, como enhebrar un patrón de bólas en fío ou realizar abotoados. Ademáis, os encaixes e clavijas permiten realizar distintos tipos de agarre, desenvolver a coordinación óculo manual e traballar a pinza con movementos voluntarios, precisos e dirixidos a un lugar do espazo concreto. Entre eles, suxerímosche:
Panel de destreza
Presenta distintos tipos de abotoado, velcros, cremalleras e cordóns para reforzar as habilidades de psicomotricidade fina e integración bilateral que melloran a súa autonomía nas actividades da vida diaria.
Enlazables e ensartables
Podemos atopar con modelos como: os bloques de madeira para ir creando historias, as formas ensartables para deseñar secuencias lóxicas, as argolas engarzables blandiñas para encadear ou as tarxetas para fiar, que requiren maior complexidade de movementos, con formas, letras, roupa e números.
Xogos de construción e arquitectura
Os xogos de construción e arquitectura son indispensables no desenvolvemento da percepción espacial e reforzan os distintos tipos de prensións, a estabilidade en membros superiores, a coordinación óculo manual e o xogo simbólico, con liberdade para crear distintas obras con bloques ou a arquitectura con tubos que é un inxenioso xogo de construcción moi fácil de utilizar.
Clavixas
Clavixas para crear secuencias, crear formas xeométricas, aprender letras e números ou realizar deseños creativos, desenvolvendo habilidades de motricidade fina como a pinza dixital e/ou desenvolvendo a percepción visual na organización do espazo. Ademais, coas clavixas apilables, pódense traballar conceptos matemáticos e clasificacións por formas ou cores.
Labirintos gráficos
Os labirintos gráficos sexan convencionais ou magnéticos, permiten aos nenos e nenas traballar as destrezas de preescritura de forma divertida, xogando a desprazar as boliñas do seu interior.
FONTE: Eneso
Puede que te interesen:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




















