Xuvenil
Nesta novela percorre a súa traxectoria vital ata a idade adulta con todo o que iso implicou tanto no recoñecemento da súa propia discapacidade sensitiva como no esforzo por converterse nunha persoa autónoma. O mesmo ano da publicación desta temperá autobiografía (escribiuna con 21 anos) Laborit tamén recibiu o premio Molière á revelación teatral polo seu papel en Fillos dun deus menor, converténdose na primeira actriz xorda en recibir tal recoñecemento.