APRENDER MECANOGRAFÍA CO PROGRAMA MEKANTA DA O.N.C.E.

MEKANTA é unha aplicación inclusiva desenvolvida pola ONCE para a aprendizaxe do teclado mecanográfico. O programa basease en comparar o teclado coa selva o que motiva ao alumnado a coñecer as distintas zonas do MESMO.







GUÍA SINXELA


FONTE: O.N.C.E.

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DESDE UN ENFOQUE INCLUSIVO.

Guía "Plan de atención a la diversidad desde un enfoque inclusivo"



FONTE: Coral Elizondo

CUIDADOS DA SONDA PEG OU SONDA PARA GASTROSTOMÍA. BOTÓN GÁSTRICO

INSTRUCCIÓNS PARA CUIDADO DE BOTÓN GÁSTRICO E SONDA PARA GASTROSTOMÍA 



LILIA ROSA Y UNA SONDITA MUY CURIOSA. LECTURA

Últimamente, Lilia Rosa ten dificultades para crecer e gañar peso. No hospital,visita ao doctor Guisanto. O doctor fálalle da nutrición enteral, ou nutrición por sonda. En realidade é unha compañeira de nutrición que pouco a pouco axudará a Lilia Rosa a crecer e a recuperar forzas mentras sigue facendo a súa vida como unha nena máis.
Lilia Rosa y una sondita muy curiosa.




FONTESección de gastroenterología, hepatología y nutrición, Hospital Sant Joan de Déu, Barcelona.
AUTORA: Véronique Leblanc, psicóloga clínica del hospital Robert Debré (París)

SONDA NASOGÁSTRICA



Instruccións para o coidado da SONDA NASOGÁSTRICA

COIDADOS DA SONDA NASO GÁSTRICA
COIDADOS DO NARIZ E A BOCA
ADMINISTRACIÓN DE MEDICAMENTOS
COMPLICACIÓNS MÁIS HABITUAIS QUE PODEN XURDIR E CÓMO SOLUCIONALAS (PROBLEMA, CAUSA, ACCIÓN REQUERIDA)

FONTE: Nestlé Nutrition

12 GUÍAS PRÁCTICAS DE APRENDIZAXE-SERVIZO (ApS).

O ApS é unha proposta pedagóxica cuxo propósito é aprender facendo para dar unha resposta práctica e inmediata a situacións-problema que atopamos na nosa contorna, na nosa comunidade; é dicir é aprender servindo á comunidade.

Zerbikas (centro promotor da aprendizaxe de servizo e Solidario de Euskadi), ofrécenos unha colección de 12 guías descargables, con exemplos de boas prácticas entre outros, que resultan moi interesantes para entender como debemos aplicar esta metodoloxía.

Guía 0. Aprendizaje y Servicio Solidario. Guía de Bolsillo.
Guía 1. Cómo iniciar un proyecto de aprendizaje y servicio solidario.
Guía 2. Aprendizaje y servicio solidario y desarrollo de las competencias básicas.
Guía 3. Aprendizaje y servicio solidario: una estrategia para la inclusión social.
Guía 4. Aprendizaje y servicio solidario: aprender a emprender sirviendo a la comunidad.
Guía 5. Aprendizaje y servicio solidario: un proyecto integrado de aprendizaje.
Guía 6. Aprendizaje y servicio solidario: el acompañamiento educativo.
Guía 7. Aprendizaje y servicio solidario: personas mayores activas.
Guía 8. Aprendizaje y servicio solidario en el tiempo libre educativo
JXB jóvenes por el barrio.
Guía práctica de aprendizaje-servicio para jóvenes
60 Buenas prácticas de Aprendizaje Servicio

Enlace donde podrás descargar cualquiera de las 12
          GUÍAS PRÁCTICAS. Zerbikas 


FONTE: Zerbikas Aprendizaje y Servicio Solidario

ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI DE EDUCACIÓN


ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI DE EDUCACIÓN. CONSULTA PÚBLICA



                                                                

                                                                                                                                            FONTE:

COMO ESTIMULAR A GRAFOMOTRICIDADE

IDEAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA CASA A  GRAFOMOTRICIDADE Ou  PRE-ESCRITURA



A continuación presentamos unha recompilación de actividades en forma de listado e os materiais que poden realizarse na casa ou no ámbito familiar e que estimulan a psicomotricidade fina e a coordinación  grafomanual, ou, o que é o mesmo a  pre-escritura.

  • Pintar libremente cos dedos e coas mans con pintura de dedos.
  • Realizar trazos con  lápices, ceras,  rotuladores,  témperas… sobre papel, cadernos, papel continuo…
  • Xogar con plastilina, barro ou masas sensoriais.
  • Realizar transvasamentos de auga, legumes,  canicas, grans de arroz...., entre recipientes utilizando a man, culleres, pinzas,  pipetas de  succión para líquidos ou volcando con recipientes con diferentes asas.
  • Abrochar e  desabrochar botóns, peches,  velcros,  cremalleras,  corchetes…
  • Pulsar  interruptores, abrir e pechar fechaduras, pasadores,  pestillos…
  • Abrir e pechar recipientes con diferentes tipos ou tamaños de tapa ou peche.
  • Xogos de introducir obxectos por diferentes buracos ou caixas ou murais nos que o neno teña que tirar de diferentes obxectos para extraelos.
  • Xogar con pelotas de diferentes texturas, pesos, tamaños… Xogar a atrapala apretala, pasala dunha man a outra…
  • Facer contacontos e pequenas “obras de teatro” utilizando os dedos ou marionetas de dedos. Tamén son interesantes os contos “ quiet  book” (conto de tea).
  • Coller moedas e introducilas en huchas ou recipientes con  ranuras
  • Xogar con pinzas da roupa.
  • Xogar con pequenas  peonzas de dedos, ou co xogo da ra  saltarina
  • Xogos de torcas e parafusos: necesitamos torcas e parafusos de distintos tamaños (se poden ser diferentes cores mellor).
  • Xogo de  pinchiños ou mosaicos.
  • Outros xogos comerciais existentes no mercado: quebracabezas de encaixes,  as contas  Hama ou “ pixels”(contas de diversos tamaños coas que podemos facer figuras de aspecto pixelado), os Legos ou  xogos de construción, xogos  ensartables...
  • Teclear ou tocar pianos, órganos ou xilófonos de xoguete.
  • Ensartar bolas nunha corda (facer colares): con bolas grandes, macarróns anchos, bolas máis pequenas…. ou mesmo se poden improvisar  boliñas cortando  palliñas (de bebida) con anchos diferentes.
  • Rasgar papel cos dedos ou cortar papel con tesoiras.
  • Xogar con plantillas ou regras de formas: existen plantillas con formas xeométricas ou figuras de animais e obxectos moi interesantes para preparar a súa man para a escritura.
  • Colorear debuxos.

Hai outras actividades cotiás que favorecen a estimulación  psicomotriz: colocarse aneis nos dedos, debullar xudías verdes, chícharos, unha  mazorca de millo,  desgajar unha laranxa ou  mandarina, pelar un plátano, soarse o nariz…..   
Non debemos dar todo feito aos nenos!


A continuación, preparamos a listaxe de materiais necesarios. Non se trata de ter e ofrecer ao neno todo o material de golpe nin de sobreestimulalo. Trátase de crear recunchos estimuladores. Debémoslle presentar actividades inspiradoras nun contexto de xogo compartido. Nun lugar e nun clima  atraínte, vánselle presentando materiais nun contexto de experiencias divertidas a compartidas coa familia.

Non é necesario dispoñer de todo o material aquí presentado de golpe, incluso pode ser contraproducente. Sabemos que os nenos se saturan e abúrrense pronto.
Trataríase de ir renovando ou rotando o material cada semana ou cada quince días para ir incorporando estímulos novos e que se vaian animando pouco a pouco a investigar con todo tipo de materiais.

Tamén sería interesante dar ás súas producións o valor que merecen.  Isto fará que o neno vexa reforzada a súa  autoestima, o que contribuirá a que o proceso creativo siga fluíndo.



  • Pinturas de cores (de cera e de madeira)
  • Pinturas de dedos
  • Témperas
  • Acuarelas
  • Rotuladores
  • Bolígrafos de cores
  • Xices
  • Lousa negra
  • Lousa branca tipo “ Veleda”
  • Rotuladores para lousa branca
  • Pinceis de distintos grosores
  • Folios brancos e de cores
  • Cartolinas
  • Papel charol de cores
  • Barro (arxila)
  • Plastilina
  • Masas para  modelar



  • Pinzas da roupa
  • Frascos / Vasos /  Xarriñas /
  • Candados/chaves/ Interruptores
  • Botóns (para cálculos, facer transvasamentos, introducir en recipientes)
  • Coladores
  • Palliñas
  • Pinzas de servir de diferentes tamaños
  • Pipetas
  • Bandexas con compartimentos (cubitos de xeo, bandexas de repostería)
  • Supermercados



  • Arroz
  • Legumes (lentellas, xudías, garavanzos…)
  • Froitos secos con casca para contar, pegar, facer transvasamentos.
  • Pasta de sopa de letras (para transvasamentos e iniciación lectora)
  • Macarróns
  • Pan relado (para realizar transvasamentos con  culleriñas)
  • Colorantes para líquidos (realizar transvasamentos máis atractivos)




  • Frascos, botes e recipientes de tamaños distintos con tapas e sistemas diferentes de apertura 
  • Obxectos de reciclaxe: bandexas, rolos de cociña, envases tipo  Pringles, tapóns, hueveras…
  • Xerras con diferentes sistemas de agarre
  • Azucreiros (con  pitorros ou sistema de envorco)
  • Cucharitas
  • Pipetas
  • Aquí deixámosvos esta lista para que poidades imprimila e levala con vosos




“Unha vez que axudemos aos nenos a percibirse a si mesmos como autores ou inventores, unha vez que se lles axuda a descubrir o pracer da investigación, 
a súa motivación e o seu interese explotan” Loris Malaguzzi


FONTE: Dionisia Plaza. Centro de Rehabilitación Médico Psicopedagóxico

Loris  Malaguzzi