Amosando publicacións coa etiqueta avaliación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avaliación. Amosar todas as publicacións

PANDEMIA. 10 IDEAS E 30 FERRAMENTAS TIC PARA AVALIAR AO NOSO ALUMNADO DUNHA MANEIRA DIFERENTE

10 IDEAS E 30 FERRAMENTAS TIC PARA AVALIAR AO NOSO ALUMNADO DUNHA MANEIRA DIFERENTE


1. PRESENTACIÓN DIGITAL
2. INFOGRAFÍA
3. CONCURSO DE PREGUNTAS
4. CÓMIC
5. LIÑA DO TEMPO
6. MAPA CONCEPTUAL
7. PODCAT
8. BLOG o WEB
9. VÍDEO
10. PIZARRA O MURAL DIXITAL

FONTE: Ayuda para maestros de Manu Velasco

AVALIACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA 1º PRIMARIA.

Ademais do coñecemento do código escrito, a competencia lectora refírese á capacidade para dar sentido aos textos.
Aprender a ler é aprender a interpretar os textos de acordo coa finalidade do texto e coa finalidade da lectura.



Consulta este blog, creo que che será de gran axuda TodoInclusión.com

FONTE: TodoInclusión.com

GUÍA AVALIACIÓN CONCIENCIA FONOLÓXICA



FONTE DO VÍDEO: El Reino Infantil
Guía Avaliación Conciencia Fonolóxica

FONTE: cuentos para crecer

INDICADORES DE AVALIACIÓN PARÁLISE CEREBRAL














INDICADORES
Educación Infantil ....................................................................... 23 2.1. Avaliación de ámbitos específicos ............................................... 25 2.1.1. Indicadores para avaliar o ámbito motor ..................................... 26 2.1.2. Indicadores para avaliar o ámbito da comunicación ....................... 27 2.1.3. Indicadores para avaliar o ámbito da autonomía ....... ...................28 2.1.4. Indicadores para avaliar o ámbito perceptivo-visual ..................... 29 2.1.5. Indicadores para avaliar o ámbito socio-afectivo .......................... 30 2.1.6. Indicadores para avaliar o ámbito escolar ................................... 31 2.1.7. Indicadores para avaliar o ámbito familiar .................................. 32

2.2.4. Orientador ......................................................................... 38 2.2.5. Profesor de pedagoxía terapeútica ........................................... 38 2.2.6. Titor ................................................................................ 38 2.3. Medios para avaliar ................................................................ 39 2.3.1. Instrumentos ...................................................................... 39 2.3.2. Estratexias ........................................................................ 39


3. Educación Primaria ................................................................... 43 3.1. Avaliación da lectura .............................................................. 43 3.2. Avaliación da escritura ............................................................ 44 3.3. Avaliación da educación física ................................................... 46


FONTE: CREENA

COMO ADAPTAR UN EXAME A ALUMNADO CON NEE


DESENVOLVEMENTO E AVALIACIÓN DO NIVEL DE CONCIENCIA FONOLÓXICA (CF)


Compartimos unha táboa resumen do desenvolvemento esperado, en termos de conciencia fonolóxica, segundo a idade dos nenos, parécenos de utilidade ter claros uns estándares para poder pensar e implementar programas de instrución de conciencia fonológica.

Aos 4 ANOS


  • Pode escoitar atentamente e discriminar sons.
  • Pode discriminar palabras en frases.
  • Pode discriminar palabras de pseudopalabras.
  • Pode dicir se dúas palabras riman.
  • Pode xerar unha rima sinxela a partir dunha palabra (p.ex. Sol, gol...).
  • Pode aprender a facer estas actividades.

Aos 5 ANOS

  • Pode discriminar palabras longas e curtas (contar sílabas).
  • Pode illar e manipular sílabas iniciais e finais.
  • Pode illar e manipular o son inicial dunha palabra.
  • Pode separar a pronuncia dos sons en palabras de dúas ou tres fonemas (p.ej pan en [p][a][n]).



Aos 6 ANOS

  • Pode illar e pronunciar todos os sons en palabras de dúas, tres e catro fonemas.
  • Pode separar a pronuncia dos sons de palabras de catro fonemas que conteñen grupos consonánticos ao comezo da palabra .
  • Pode manipular (suprimir, engadir, substituír) sons iniciais e finais de palabras de tres ou catro fonemas. (p.ex: Que palabra resulta se a balón sacámoslle o /b/?: Alón; Que palabra resulta se á palabra casa engadímoslles un a?: Acasa; Que palabra resulta se á palabra p de pan cambiámola por un /t/?: Tan)

Aos 7 ANOS


  • Pode illar e pronunciar os sons de palabras que conteñen grupos consonánticos iniciais (p.ej flor en [f][l][o][r]).
  • Pode separar os sons en palabras que conteñan grupos consonánticos iniciais, finais e mediais.



Unha vez visto o nivel de desenvolvemento evolutivo esperado vexamos, como podemos  avaliar o nivel da conciencia fonológica, co obxectivo básico de identificar aqueles nenos  que poidan estar en situación de ter algunha dificultade para aprender a ler e que requiran unha axuda extra e, ademais, controlar de forma regular o progreso dos nenos e nenas que están a adquirir  a CF.

Cando facer a avaliación da CF?
Cando os nenos entran á escola con 3 anos presentan diferenzas importantes  no campo da conciencia fonológica debidas,  principalmente, ás diferentes contornas lingüísticas dos que proveñen.
Así, mentres a avaliación da conciencia fonológica na EI (4-5anos) pode ser considerada como unha axuda para detectar, o máis pronto posible, os alumnos que terán problemas de aprendizaxe na lectura, en primeiro ou segundo de primaria (6-7 anos) sería necesario considerala como un indicador do progreso dos nenos e dos que continúan tendo dificultades neste campo.

Como avaliar a CF?
Desde que se iniciaron as primeiras investigacións de conciencia fonológica a principios dos 70, usáronse máis de vinte tarefas diferentes para medir a CF. Estas tarefas poden ser agrupadas en tres grandes categorias: 

  • comparación de sons, 
  • segmentación de fonemas e 
  • combinación de fonemas.


Tarefas de comparación de sons: utilizan diferentes formatos que requiren que o neno faga comparacións entre os sons en diferentes palabras. Por exemplo, pídeselle que indique que palabra ou palabras empezan ou acaban co mesmo son que a palabra dada (p.ex: Que palabra empeza polo mesmo son que mona?; pera - sala - mesa). Tamén hai tarefas que requiren que o neno diga palabras que teñan o mesmo son inicial. As tarefas de comparación de sons son particularmente apropiadas para o parvulario, porque non requiren un coñecemento explícito dos fonemas.


Tarefas de segmentación de fonemas: requiren un nivel de CF porque implica contar, pronunciar, suprimir, engadir i variar a orde dos fonemas individuais en palabras. Exemplos comúns deste tipo de tarefas requiren que o neno pronuncie os fonemas individuais en palabras (p.ex: Di un por un os sons da palabra sol?); suprimir sons dunha palabra (p.ex: Di a palabra flor sen o son /r/), ou contar sons (p.e : Pon un sinal - unha raia - para cada son da palabra casa).

A habilidade en combinar fonemas: só se pode valorar cun tipo de tarefa. Consiste en pronunciar unha serie de fonemas illados e pídese ao neno que os una para formar unha palabra (p.ex: Que palabra pódese facer con estes sons /f/, /l/, /a/, /n/?. Unha variante sinxela da tarefa de combinar fonemas pode ser permitir aos nenos que escollan entre dous ou tres debuxos que representan algunhas das palabras que se lle din cos fonemas illados.
FONTE: Cuentos para crecer

MEDIDAS PARA ADAPTAR A AVALIACIÓN DO ALUMNADO NEAE

Tempo e distribución da proba

  • Permitimos unha distribución flexible das probas
  • Permitimos descansos durante a proba.
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Administramos a proba en varias sesións.
  • Consideramos o momento do día no que se fai.

Contorna onde se realiza a proba

  • Proporcionamos unha iluminación especial.
  • Proporcionamos unha acústica especial.
  • Administramos a proba individualmente nun lugar separado do resto da clase.
  • Administramos a proba nun pequeno grupo nun lugar separado e tranquilo.
  • Realizamos a proba en pequeno grupo, en escritorios que impidan ver máis nada que a área de traballo.
  • Proporcionamos mobiliario especial ou adaptado.
  • Realizamos a proba nun lugar coas mínimas distraccións.
Presentación da proba
  • Escribimos a proba en Braille ou con tipos de letra grandes, se é o caso.
  • Gravamos as preguntas para que o alumno póidaas escoitar, se é o caso.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Consideramos o tipo de letra, tamaño e separación das letras.
  • Aumentamos o tamaño das casiñas nas que se marca a resposta.
  • Escribimos os enunciados cunha oración en cada liña.
  • Escribimos os items de maneira que as respostas que se poden elixir estean a continuación do enunciado, e as casiñas para responder, á dereita das respostas.
  • Omitimos as preguntas que non poden ser adaptadas e obtemos a puntuación a partir das demais.
  • Axudamos ao alumno cara a comprensión do enunciado.
  • Permitimos ao alumno que poida solicitar axuda do profesor.
  • A proba realízase no ordenador, que "le" as preguntas ao alumno.
  • Resaltamos as palabras ou oracións clave das instrucións.
  • Entregamos os exames escritos ao alumno, para evitar a lentitude de procedementos, como a copia ou o ditado.
Instrucións para realizar a proba
  • Recibirá as instrucións na forma de comunicación do alumno (por exemplo linguaxe de signos).
  • Lemos as instrucións ao alumnado.
  • Volvemos ler as instrucións en cada nova páxina da proba.
  • Simplificamos a linguaxe das instrucións ou as formulacións.
  • Subliñamos os verbos das instrucións para destacalos.
  • Damos explicacións sobre as instrucións.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Lembrámoslle que repase as súas respostas antes de entregalas.
  • Aconsellámoslle o uso de marcadores de tempo (cronómetros ou recordatorios), para conseguir unha adaptación ás súas dificultades da xestión do tempo.
  • Asegurámosnos de que ten todo o material necesario para realizar a proba de avaliación.
  • Comprobamos que respondeu a todas as preguntas.

Aparellos e instrumentos de axuda para a presentación da próba
  • Ferramentas de aumento (lupas, etc.).
  • Plantillas que reduzan a cantidade de texto que ve o alumno.
  • Aparellos de axuda auditiva, amplificadores, ou reductores de ruído.
  • Administración con axuda dun reprodutor de son.
  • Suxeción dos papeis na área de traballo con imáns ou cinta adhesiva.
  • Lectura en voz alta das preguntas ao alumno.
  • Plantillas ou marcas para delimitar a área de traballo ou de resposta.
  • Tradución das preguntas a linguaxe de signos.
  • Uso de papel pautado (liñas, cuadrículas).
  • Uso dun corrector para coller ben o bolígrafo.
  • A proba é lida por un ordenador.
Forma de resposta da proba
  • Aumentamos o espazo dispoñible.
  • Espazo entre liñas ou marxes máis anchas.
  • Uso de papel pautado.
  • Forma de resposta alternativa (Braille, procesador de textos........).
  • Permitimos ao alumnado marcar as respostas no caderniño coas preguntas en lugar da folla de respostas.
  • Un profesional transcribe as respostas para a posterior corrección do profesor.

Aparellos e instrumentos de axuda para a resposta
  • Procesador de textos.
  • O alumno grava as respostas para a súa posterior transcrición.
  • Calculadora ou táboas aritméticas.
  • Dicionario ou corrector ortográfico.
  • Forma de resposta alternativa: oral, signada, mecanografiada, sinalando......
  • Aparellos de escritura Braille.
  • Lapis de anchura especial ou con corrector para o seu suxeción.
  • Axuda para transcribir información do borrador á folla de resposta.
  • Atril ou mesa atril.
  • Ábaco.
  • Exemplos adicionais de resposta.

POSIBLES MODIFICACIÓNS DE DIFERENTES ASPECTOS DA AVALIACIÓN EN FUNCIÓN DAS NECESIDADES.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA.
  • Coordinamos o calendario dos exames, para evitar o sobreesforzo destes alumnos á hora da súa preparación e realización.
  •  Permitimos descansos durante a proba.
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Entregamos os exames escritos ao alumno, para evitar a lentitude de procedementos, como a copia ou o ditado.
  • Administramos a proba en varias sesións.
  • Consideramos o momento do día no que facemos a proba.
  • Proporcionamos mobiliario especial ou adaptado.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Omitimos as preguntas que non poden ser adaptadas e obtemos a puntuación a partir das demais.
  • A proba podemos realizala no ordenador que lle "le" as preguntas ao alumno.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Suxeción dos papeis na área de traballo con imáns ou cinta adhesiva.
  • Uso dun corrector para coller ben o bolígrafo.
  • Aumentamos o espazo dispoñible.
  • Uso de Procesador de textos.
  • O alumno grava as respostas para a súa posterior transcrición.
  • Forma de resposta alternativa: oral, signada, mecanografiada, sinalando....

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
  • Permitimos descansos durante a proba.
  • Administramos a proba en varias sesións.
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Aumentamos o tamaño das casiñas nas que se marca a resposta.
  • Axudamos ao alumno para comprender o enunciado.
  • Resaltamos as palabras ou oracións clave das instrucións.
  • Simplificamos a linguaxe das instrucións ou as formulacións.
  • Subliñamos os verbos das instrucións para destacalos.
  • Damos explicacións sobre as instrucións.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Plantiñas ou marcas para delimitar a área de traballo ou de resposta.
  • Uso de papel pautado (liñas, cuadrículas).
  • Permitir ao alumno marcar as respostas no caderniño coas preguntas en lugar de na folla de respostas.
  • Calculadora ou táboas aritméticas.
  • Dicionario ou corrector ortográfico.
  • Exemplos adicionais de resposta.
  • Coordinar o calendario dos exames, para evitar o sobreesfuerzo destes alumnos á hora da súa preparación e realización.

AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON TRASTORNO DA LINGUAXE
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Consideramos o tipo de letra, tamaño e separación das letras.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Axudamos ao alumnado para comprender o enunciado.
  • Simplificamos a linguaxe das instrucións ou as formulacións.
  • Subliñamos os verbos das instrucións para destacalos.
  • Lemos as instrucións aos alumnos.
  • Damos explicacións sobre as instrucións.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Lectura en voz alta das preguntas ao alumnado.
  • Espazo entre liñas ou marxes máis anchas.
  • O alumno grava as respostas para a súa posterior transcrición.
  • Dicionario ou corrector ortográfico.
  • FONTE: Orientación en Galicia

INFORME FINAL DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Proposta feita polo CREENA (Navarra)

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN EN PRIMARIA. NOVA ORDE DA CONSELLERÍA


Orden 20 de abril de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

ELABORACIÓN DE RÚBRICAS CON ÉXITO. 5 COUSAS QUE DEBES SABER

NON SON OBRIGATORIAS as RÚBRICAS, pero si un elemento que ven a sumar, nunca a restar. Podémolas usar nas redaccións, nos traballos de presentación, en tarefas finais moi concretas. Para avaliar outros aspectos podemos utilizar o portafolio e para contidos moi específicos probas de elección múltiple ou de completar, ademais dos exames tradicionais de preguntas de desenvolvemento (longas e curtas)


1-Que é unha rúbrica?

É unha ferramenta para axudar á avaliación que pode resultar especialmente útil cando hai que avaliar aspectos complexos, imprecisos ou subxectivos. Consiste en preparar unha matriz de valoración que recolla os elementos que queremos avaliar e fixe, en cada un deles, os criterios que usaremos para darlles un valor ou outro.

2-Utilidade

A rúbrica é útil para establecer de forma clara e precisa os elementos que compoñen unha actividade de aprendizaxe determinada e axuda, por tanto, a dispoñer dunha guía explícita para realizar a tarefa, o que resulta beneficioso para os alumnos.

As rúbricas son especialmente útiles para realizar unha avaliación obxectiva e consistente de actividades como traballos grupais, presentacións orais, traballos escritos individuais ou prácticas en laboratorio, entre outras.

3-Tipos de rúbrica? 

Comprehensiva, holística ou global: a que considera a execución do alumno como unha totalidade sen xulgar por separado as partes que a compoñen. Permite cualificar a totalidade do traballo.


Analítica: mediante ela avalíase por separado as diferentes partes ou compoñentes do produto ou desempeño, de modo que a retroalimentación que pode proporcionarse ao alumno é máis complexa, ampla e definitiva.

4-Para quen?

Utilizada como ferramenta de avaliación, a rúbrica é útil para o profesor; se se usa como ferramenta de traballo conxunto (avaliación formativa), tanto o profesor como o alumno poderán saír beneficiados.

Para o profesor supón unha axuda encamiñada a:


  • Definir claramente a tarefa e os obxectivos de aprendizaxe aos que responde, así como o modo de alcanzalos, o que promove que o alumno aprenda mellor;
  • Especificar os criterios de avaliación;
  • Concretar e describir cualitativamente, non só cuantitativamente, os distintos niveis de logro que o alumno pode alcanzar (cales son as evidencias desexadas para constatar o nivel de logro das competencias/obxectivos definidos previamente?);
  • Clarificar e vincular obxectivos de aprendizaxe e avaliación coas actividades e contidos do curso;
  • Reducir a subxectividade da avaliación;
  • Medir o desempeño do alumno mediante criterios cuantitativos, cualitativos e/ou mixtos.

5-Para o alumno supón:

  • Un coñecemento das pautas que ha de seguir para alcanzar o éxito na tarefa encomendada;
  • unha guía eficaz para revisar os seus traballos antes de entregalos finalmente ao profesor;
  • unha ferramenta eficaz para a autoavaliación xa que mediante ela pode identificar facilmente as súas fortalezas e debilidades nas áreas que debe mellorar;
  • coñecer os criterios cos que vai ser avaliado, o que é unha axuda para organizar e dirixir o seu estudo dun modo ou outro;
  • unha ferramenta eficaz para valorar aos compañeiros (no caso de que se use a avaliación por pares);
  • a adquisición dunha maior conciencia do seu propio proceso de aprendizaxe; traballando coa rúbrica pode ver o proceso que seguiu para chegar ao dominio ou non dunha competencia ou tarefa, que lle custou máis ou que non, etc.
FONTE: Imágenes Educativas

AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA DO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA

PROBAS PARA A AVALIACIÓN DA COMUNICACIÓN E A LINGUAXE

PROBA DE ARTICULACIÓN

PROBA DE DISCRIMINACIÓN AUDITIVA – 3 ANOS

PROBA DE DISCRIMINACIÓN AUDITIVA – 4 ANOS

PROBA DE DISCRIMINACIÓN AUDITIVA – 5 ANOS

   

MEMORIA SECUENCIAL AUDITIVA

 

DISCRIMINACIÓN FONÉMICA

PROBA DE FALA DIRIXIDA

Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 20.53.09







Descripcion:
Proba sinxela e completa para avaliar a articulación, neste caso dirixida. Mª Carmen Pérez, autora do blog "aula PT" de onde extraín este material, intentou que este mismo material poda ser utilizado para o entrenamento (estimulación ou reeducación), para o que seleccionou os pictogramas que normalmente utiliza e que ademáis, están baseados no vocabulario básico.
Inclúe grupos consonánticos e palabras multisilábicas.
Contén:
– Láminas con pictogramas, correspondentes a palabras co fonema en distinta posición e combinados con cada unha das vocais..
– Láminas coas palabras correspondentes para cada un dos lotos (puede imprimirse ou anexarse no reverso)
– Fichas de rexistro.

TEST DE DANIEL LING

Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 20.58.13

Láminas con sonidos iniciais ou onomatopeias que conteñen os seguintes fonemas: /m/, /a/,/u/,/i/, /s/,/ sh/ que abarcan desde as frecuencias agudas ás graves. Son 2 láminas por cada fonema rexistrándose os resultados no protocolo adxunto.

PROGRAMA DE PRODUCCIÓN SINTÁCTICA PARA AFÁSICOS MODIFICADO (PPSAM)

Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.03.42
Descripcion:
O Programa de Producción Sintáctica para a Afasia Modificado (PPSAM), está dirixido a mellorar a capacidade dos suxetos con afasia non-fluida e que amosa agramatismo cando realizan declaracións, fan peticións, preguntan ou conversan.
Este material contén tres elementos para utilizarse; manual de instruccións, libro con imaxes (ARASAAC) e protocolo de rexistro. Para o seu correcto uso é necesario traballar cos tres elementos á vez.
Este programa esta baseado no PPSA orixinal de Helm-Estabrooks e Nicholas, 2000.

PROBAS DE AVALIACIÓN/ENTRENAMENTO DA LINGUAJE ORAL: SEMÁNTICA

Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.10.36Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.11.09Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.11.25
Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.11.45Descripción:
Probas sinxelas para avaliar este componente da linguaxe. Preténdese, que este mesmo material poda ser utilizado para o entrenamento (estimulación ou reeducación).
Mª Carmen Pérez, autora do blog "aula PT", selecciona os pictogramas que normalmente utiliza e que ademáis, están baseados no vocabulario básico. Ao utilizar o mesmo material, para avaliar e exercitar, é máis doado levar un seguimento da evolución do alumnado, en cada un dos aspectos que se necesite traballar.
En cada aspecto proposto, inclúense láminas/lotos con pictogramas e fichas para rexistro e seguimento. Varias opcións para a realización das actividades, facendo uso dos pictogramas incluídos no anexo.

Contido:
– SEMÁNTICA 1: Vocabulario/campos semánticos.
– SEMÁNTICA 2: Cores. Conceptos básicos.
– SEMÁNTICA 3: Relacións (complementariedade, causa-efecto, semellanzas e diferenzas, opostos, perteneza a campos semánticos, análise, síntese, definición, descripción)
– SEMÁNTICA 4: Comprensión e execución de órdes. Narración oral, con e sen apoio visual. Identificación e comprensión de absurdos. Cerre gramátical.
  

PROBA DE AVALIACIÓN MOFOSINTÁCTICA

Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.09.44
Para avaliar a morfosintaxe de nenos/as comprendidos entre 0-6 anos (EI). Non é unha proba obxectiva estandarizada, pois non se realizaron estudos estadísticos que demostren a súa fiabilidade e validez nunha mostra representativa da poboación escolar nesta idade. Sen embargo, sí foi pasada aleatoriamente a un número significativo de nenos/as comprendidos entre os 3 e os 6 anos, para comprobar que a prueba realmente valora aqueles aspectos morfosintácticos que propoñíamonos avaliar.
Este material foi concebido principalmente como unha ferramienta de traballo para os especialistas en Audición e Linguaxe, xa que o análise dos resultados proporciónanos unha visión moi clara do nivel morfosintáctico da linguaxe do alumnado. Ao mesmo tempo, tamén pode servir para orientar os aspectos que hai que ir traballando no aula a fin de axudar á intervención.
PROBA DE ARTICULACIÓN DOS SONS DA FALA
Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.18.18
Descripcion:
Este material pretende ser de utilidade á hora de valorar a articulación del fala. Trátase dunha presentación de diapositivas, na que amósanse diferentes imaxes co fin de evocar produccións orais espontáneas e rexistrar posibles erros articulatorios.

OPOSICIÓNS FONOLÓXICAS : R-L , R-D , R-N , D-N , D-L , L-N

Captura de pantalla 2014-03-25 a la(s) 21.23.41
Descripción:
Completo caderno que recolle fichas para traballar as oposicións fonolóxicas: r-l , r-d  , r-n , d-n , d-l , l-n. Inclúe folla de rexistro correspondiente a cada un dos items do material.



                                                                 FONTEShttp://www.cpraviles.com/materiales/LEA/html/ev.html
http://arasaac.org
 FONTE: Aula PT