Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL. SOBRE EL RESPETO DE LAS DIFERENCIAS
Puede que te interesen:
LECTURAS SÍNDROME DE DOWN
Los mejores amigos A partir de 8 anos
Puede que te interesen:
LECTURAS DISLEXIA. INFANTIL, PRIMARIA
FONTE: Ediciones Jaguar
Idade recomendada: a partir de 3 anos
A Branca cústalle moito ler: confunde as letras, cambia as sílabas e substitúe unhas palabras por outras. Xunto cos seus pais, acode á consulta de Adriana, unha logopeda que lle marcará unhas pautas que axudan moito a Branca a superar as súas dificultades.
Conto que axuda aos nenos para entender a dislexia, ademais de levar pautas para os pais e educadores.
FONTE: Autora: Lidia Arroyo. Editorial: Salvatella
EL SECRETO DE PABLO. ESPINA BÍFIDA. LECTURAS
Conta o día a día de Pablo cos compañeiros de cole e as aventuras que pasan xuntos.
O conto foi escrito por Emilio Soler, e as ilustracións son de Álvaro Pena, autor do cómic de “Pepe Liño e os seus colegas”.
Este material permitirá sensibilizar sobre a Espiña Bífida e as necesidades destes nenos e nenas, así como sobre a discapacidade física en xeral.
Esta lectura, descóbrenos o secreto de Pablo e as aventuras que vive cos seus amigos da escola: Marcelo, Anxo, Marta e Julia. Pablo ten un secreto que compartirá cos seus amigos.
Pablo naceu con Espiña Bífida e Hidrocefalia, EBH, como outros nenos que teñen Espiña Bífida, vai nunha cadeira de rodas de cores moi chulas que el mesmo elixiu. Pablo coa súa cadeira xoga ao baloncesto, á petanca e vai a todas partes. Outras nenas e nenos que naceron con EB necesitan uns zapatos especiais e apoiarse nuns bastóns. Pablo, ademais ten moitos amigos máis nunha Asociación onde vai algunhas tardes e todos eles contarannos isto e moito máis.
Os papás de Pablo souberon despois de que naceu que a Espiña Bífida nalgúns casos, pode previrse tomando acedo fólico polo menos tres meses antes do embarazo. Os papás de Pablo queren dicirllo a todos os pais do mundo.
FONTE: CREENA. Autor: Emilio Soler. Ilustracións: Álvaro Pena
Relacionados co tema neste blog podedes ler:
Pepe Lino y sus colegas
Puede que te interesen:
LECTURAS SOBRE DIVERSIDADE para INFANTIL
Copos de Nieve Educación Infantil
Eva é unha nena moi atenta e aguda: gústalle observar aos seus compañeiros de clase, e nota que todos son diferentes e especiais á vez: hai quen sabe debuxar moi ben, quen sabe cantar, quen corre moi rápido e quen sabe facer cálculos nun plis. Tamén hai valentes como os heroes dos contos, e outros que sempre parecen ter todas as respostas a calquera pregunta… E finalmente hai outros nenos que son realmente moi especiais, porque os seus corazóns están cheos de amor, xenerosidade e amizade. Eva é un de eles!.Puede que te interesen:
CONTO INFANTIL PARA CONCIENCIAR SOBRE A VIOLENCIA CONTRA A INFANCIA CON DISCAPACIDADE
É un proxecto de Save the Children en colaboración co CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade).
FONTE: Save the Children. CERMI
PANDEMIA DESESCALADA. CONTOS CON PICTOGRAMAS
- José está contento
- José está triste
- José está asustado
- José está enfadado
- José está sorprendido
- Las manos de José
- La bañera de José
- La comida de José
- La ropa de José
- Los dientes de José
- José en la peluquería
- José en la calle
- José en su cumpleaños
- José en el parque
- José en el supermercado
- Las pelusas se mudan de casa
- El pajarito rosa
- El oledor explorador
La rana pirata
El dragón chef
PANDEMIA-DESESCALADA. LER ...........OU CONTAR UN CONTO. BENEFICIOS DE CONTAR CONTOS AOS NENOS
Cales son os beneficios que ten contar contos aos nenos?
1. Estimulan a linguaxe. En cada conto, os nenos descobren novo vocabulario e aprenden diferentes expresións. Pouco a pouco, irán lembrando as frases e os momentos craves de cada historia. Isto axudaralle tanto na súa iniciación á lectura como en que aprendan a ler mellor.
2. Aprenden sobre as súas emocións. Os contos danlles a oportunidade de identificarse cos personaxes, desta forma aprenderán tanto a identificar emocións como a expresalas.
Así mesmo, é unha boa oportunidade de comezar a empatizar, poñéndose no lugar do personaxe, descubrindo o que pensa e sente. Os exemplos de conduta, guiaranlles na forma correcta de enfrontarse a unha situación onde ten medo, ou tristeza.
3. Reflexionan. A través das historias, os nenos comprenden a realidade e reflexionan sobre o que lles estamos contando. Os nenos aprenderán a comportarse segundo os valores que están a aprender.
4. Exercitan a memoria e a atención. Unha das grandes vantaxes das historias é que fan que os nenos empecen a exercitar a súa memoria desde pequenos. Repetir unha e outra vez unha historia axúdalles a comprender todos os detalles, a sentirse máis seguro de si mesmo e a traballar a súa memoria para lembrala.
Ademais, durante o período que se dedica á lectura do conto, o neno focaliza a súa atención no que está a ocorrer, xa que ten que prestar atención á situación inicial e reter os datos para comprender a historia no seu conxunto.
PANDEMIA. ROSA CONTRA EL CORONAVIRUS. CONTO
Ao final do conto de 40 páxinas,
poderemos atopar un apartado de recomendacións para adultos adaptadas para nenos de 4 a 10 anos, xa que en idades máis temperás a idea é máis abstracta e require unha adaptación máis sinxela. Asimesmo poderemos atopar actividades e ideas para facer en familia.
PANDEMIA. LAS MANOS DE JOSÉ. CONTO
Actividade 1: Ordenar os pasos.
Puede que te interesen:
PANDEMIA. CORONAVIRUS. PARA COMPRENDER MELLOR OS MÁIS PEQUENOS. HIXIENE DE MANS
Hola!. Soy un virus
Puede que te interesen:
O PRINCIPIÑO: USO EN FORMACIÓN CIDADÁ E PENSAMENTO CRÍTICO
Unha idea é traballar algúns capítulos desde obras con monicreques por exemplo, ou ben, mediante apoio de recursos dixitais como o seguinte vídeo.
Puede que te interesen:
2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL III
Estes super heroes e súper heroínas son nenos e nenas coma os que enchen as nosas aulas, capaces de realizar grandes proezas no seu día a día. Todos teñen un talento especial, nós tan só temos que axudalos a descubrilo para que se sinta orgulloso do seu don e poda sacarlle o máximo proveito.
A lectura deste álbum ilustrado permite que os peques empecen a formarse unha mentalidade crítica, distanciándose do aborregamento do grupo. Está ben non axudar a alguén só porque ninguén axuda? É correcto non deixar xogar a unha nena ao fútbol? Debemos facer canalladas só porque as demais fanas?Puede que te interesen:
2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL II
Cando naceu a miña irmanciña Beatriz, a miña familia agrandouse e convertémonos en seis, ou sete, se contamos o cromosoma de máis co que ela naceu. Desde ese momento tivemos que coidala coma se fose unha bomboneira de cristal. Aínda así, sen ela, a nosa casa non sería a mesma.
Desde hai varios meses vou a unha escola de superheroes. Alí todos temos superpoderes, e a señorita Merche ensínanos a utilizalos. Así empeza este sorprendente álbum no que coñeceremos a Susi, capaz de lanzar patadas a distancia; Andrea, que pode viaxar sen moverse da súa cadeira; Johnny, con visión nocturna; ou Darius, capaz de parar o tempo.A partir de 5 anos
Puede que te interesen:
2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL I
Marian é unha tartaruga de pel rugosa con ollos limpos e tenros. Asústase se o vento sopra forte, esconde a cabeza e non a saca ata que o aire se calma. Marian levántase cedo, lávase a cara e vístese amodo. Bebe zume de limón, cepilla os seus dentes, colle a carteira e, pasiño a pasiño, camiña cara á escola. Un conto sobre a síndrome de Down.
Puede que te interesen:
7 LIBROS IMPRESCINDIBLES PARA TRABALLAR A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
OUTRA COUSA - Libro para fomentar o respecto e a aceptación dos demais. Outra Cousa quere ser como os demais nenos. Pero a pesar dos seus esforzos, Outra Cousa é outra cousa. Por iso vive só, sen amigos. Ata que un bo día aparece unha criatura rara chamada Algo que busca a súa amizade e afirma que é igual que el.
Gañador do prestixioso premio Unesco.
O CAZO DE LORENZO - Conto metafórico para falar das diferenzas entre os noso alumnado. Cóntanos a superación dun neno chamado Lorenzo, para soportar o seu día a día.
En vídeo EL CAZO DE LORENZO
O PUNTO - Libro que nos impulsa a atopar a nosa propia marca e a ser capaces de crear a partir dela.
ELMER - Este libro colorista, alegre e atractivo fálanos da diversidade e do respecto. Con simpatía e agarimo ensina aos nenos e adultos que todos somos diferentes, que cada un é especial, e que precisamente por esa razón, quérennos os demais.
Elmer é diferente, é un elefante de cores. Elmer non é da cor dos elefantes.
Libro gañador de varios premios, entre eles o premio por excelencia, o Hans Christian Andersen.
Autor e ilustrador: David Mckee.
ÉRASE OUTRA VEZ UN BOSQUE - Este conto fálanos da diversidade e dos conflitos propios da convivencia. É un libro ideal para que os nosos alumnos comprendan que na variedade, na mestura, está a riqueza que nos pode conducir a unha convivencia pacífica.
POR 4 ESQUINITAS DE NADA - Este álbum ilustrado reflicte de forma sorprendente e suxestiva os valores da amizade e multiculturalidad fronte aos prexuízos e a xenofobia.
En vídeo Por 4 esquinitas de nada.
Proposta gráfica moi orixinal.




























