3- 7 anos.
Para traballar a educación emocional. Hoxe compartímosvos un recurso extraordinario para traballar habilidade social , é dicir, aprender a ser tolerantes, a aceptar e amar a diferenza, para entender que “todos somos diferentes, todos iguais”.
Cuadradito quere xogar en casa dos seus amigos  Redonditos, pero non pasa pola porta porque… A porta é redonda como os seus amigos! 
- "Teremos que recortarte as esquinas!", dinlle os  redonditos. 
- "Oh, non!" –di  Cuadradito–
- "Doeríame moito!"
- Que podemos facer? 
 Cuadradito é diferente. Nunca será redondo. 
Un libro sobre a amizade, a diferenza e a exclusión. Competencia socio-emocional. Conciencia Social (Tolerancia).
FONTE:  Jerôme  Rullier
Ningún comentario:
Publicar un comentario