Albert Casals é un rapaz de 18 anos normal e corrente: encántalle quedar cos seus amigos, ir de marcha e, sobre todo, viaxar. Viaxar é a súa gran paixón.
O que ocorre é que o fai dunha maneira diferente ao resto de mozos. Albert vive nunha cadeira de rodas desde os 8 anos, cando unha leucemia que lle tivo ao borde da morte obrigouno a usar á cadeira para sempre.
Lonxe de desanimarse decidiu ver mundo e vivir como calquera outra persoa. Xa visitou media Europa e gran parte de Asia, e fíxoo con apenas 3 euros diarios no peto e recorrendo á imaxinación para poder sobrevivir: durmindo nas praias, nos parques, nas estacións de tren, nas igrexas... Agora cóntanos como se vive o mundo cunha cadeira de rodas e unha mochila como únicos compañeiros de viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario