RECURSOS NO AULA PARA ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA


Dado que estamos ao inicio de curso imos recordar algúns recursos que debemos ter presentes cando teñamos alumnado con discapacidade motora nunha aula


A verdadeira inclusión do alumnado con Discapacidade Motora, no día a día e en particular no centro escolar, depende en gran parte do modo en que decidamos eliminar as barreiras existentes. Xa falamos moitas veces de que os límites non os marca un mesmo, márcaos a contorna, e por iso debemos empezar; por evitar que a falta de interese, investimento ou simplemente de imaxinación, convirta o proceso de aprendizaxe dun neno nunha dificultade. 








GUÍA RÁPIDA: VOLTA SEGURA ÁS AULAS.

 Guía rápida: vuelta segura a las aulas

A confederación Plena Inclusión España publicou a súa 'Guía rápida para un regreso seguro ás aulas', onde propón unha serie de medidas para garantir a seguridade e a igualdade dos alumnos con discapacidade intelectual antes do regreso á escola marcado pola pandemia Covid -19.

Sinopse

Coa "Guía rápida para un regreso seguro ás aulas", reúnense unha batería de medidas útiles e sinxelas coas que orientar aos equipos directivos e ás comunidades educativas dos colexios que comezan o curso 2020-2021, este mes de setembro.


PUBLICIDAD
 
                                               FONTE Plena inclusión. Basada nun documento de UNICEF.

RECOMENDACIÓNS DE F.E.D.E.R. PARA A VOLTA ÁS AULAS NO 2020-2021. ENFERMEDADES POUCO FRECUENTES (ER)

FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ENFERMEDADES RARAS (FEDER)

Todos estamos a enfrontarnos á incerteza da volta ao colexio e ás posibles implicacións do virus sobre as diferentes patoloxías do noso ANEAE. Atendendo ás súas necesidades, desde FEDER, lanzan unhas sinxelas Recomendacións para a volta ás aulas 2020/2021.

                                       

Consiste nun informe que recolle máis de 20 propostas para as modalidades presencial, telemática ou mixta, en base á problemática que alumnado con enfermedades pouco frecuentes viven, incrementándose incluso coa pandemia.

Aprender frente ao COVID-19

FONTE: FEDER


PROTOCOLO ESCOLAR PARA ANEAE EN ESTUDIO POLA XUNTA

 A XUNTA E AS ASOCIACIÓNS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, AVANZAN UN PROTOCOLO ESCOLAR PARA ANEAE


FONTE: Xunta de Galicia

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 A convocatoria de bolsas e axudas é para o curso 2020-2021 e o prazo de solicitude estará aberto do 9 de agosto ata o 30 de setembro de 2020.

No BOE 214, publicado o 8 de agosto de 2020, convócanse axudas para estudantes con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2020-2021, e para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.


Polo tanto, nesta convocatoria de axuda poderán participar as familias de Galicia con nenos e adolescentes con Parálise Cerebral e outras disfuncionalidades que estean cursando algún dos niveis educativos non universitarios e teñan necesidades específicas de apoio educativo e cumpran os requisitos e alumnado que curse estudos postobrigatorios.

Poderán solicitar a axuda os estudantes que non superen unha determinada renta e/ou bens familiares e que presenten unha necesidade específica de apoio educativo derivado de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que estean cursando estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial dun centro ordinario, ou nun centro ordinario que educa estudantes con necesidades educativas especiais, nun dos niveis educativos non universitarios. Tamén para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Para máis información podedes consultar

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Portal de Becas do Ministrerio de Educación e FP

 FONTE Ministerio de Educación. Goberno de España e ASPACE

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE O COVID-19 NOS CENTROS EDUCATIVOS

 Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos





FONTE: 
Ministerio de Sanidad