A convocatoria de bolsas e axudas é para o curso 2020-2021 e o prazo de solicitude estará aberto do 9 de agosto ata o 30 de setembro de 2020.
No BOE 214, publicado o 8 de agosto de 2020, convócanse axudas para estudantes con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2020-2021, e para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Polo tanto, nesta convocatoria de axuda poderán participar as familias de Galicia con nenos e adolescentes con Parálise Cerebral e outras disfuncionalidades que estean cursando algún dos niveis educativos non universitarios e teñan necesidades específicas de apoio educativo e cumpran os requisitos e alumnado que curse estudos postobrigatorios.
Poderán solicitar a axuda os estudantes que non superen unha determinada renta e/ou bens familiares e que presenten unha necesidade específica de apoio educativo derivado de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que estean cursando estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial dun centro ordinario, ou nun centro ordinario que educa estudantes con necesidades educativas especiais, nun dos niveis educativos non universitarios. Tamén para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Para máis información podedes consultar
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Portal de Becas do Ministrerio de Educación e FP
FONTE Ministerio de Educación. Goberno de España e ASPACE
Ningún comentario:
Publicar un comentario