BARREIRAS. FOTO

FONTE: tododisca

SISTEMAS DE ACCESO PARA DM: PULSADORES, CONMUTADORES, INTERRUPTORES















                        Pulsadores, conmutadores e interruptores 

EL MONJE EQUIVOCADO. VÍDEO.

"EL MONJE EQUIVOCADO". Dura 3´19"

Ás veces estamos demasiado imbuídos nos problemas da vida cotiá, os pequenos contratempos absórbennos tanto que perdemos de vista as cousas realmente importantes e cando nos damos conta, xa non podemos gozalas.

Este marabilloso curto titulado "El monje equivocado" foi creado por Tom Long como proxecto final durante a súa especialización en animación en 3D na Southampton Solent University. Versa sobre un monxe eremita a quen un bo día, mentres practicaba os seus exercicios, interrómpelle un invitado inesperado. A viaxe que nos propón é moi tenra e convídanos a reflexionar sobre o que estamos a facer coa nosa vida e como empregamos o limitado tempo que temos á nosa disposición.

FONTE: Rincón de la psicología

PROGRAMA INDIVIDUAL DE BABEO E MASTIGACIÓN. BABEO (IV)




Programa individual de babeo e masticación 









HOXE VISIBILIZAMOS O SÍNDROME DE DOWN

Meu irmán Down, un cromosoma máis de ledicia e dinosaurios 




QUE É DISCAPACIDADE?. VÍDEO




"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"

A XUNTA CONVOCA O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PLAZAS DE 0 - 3 ANOS








CONVOCATORIA DE PLAZAS PARA ESCOLAS INFANTILES DA XUNTA DE 0 a 3 anos. AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS.


PROGRAMA DE CONDICIONAMENTO DO CONTROL DE BABEO: BABA-STOP

Programa de Condicionamiento para la Instauración del control deBabeo: BABA STOP. Universidad de Valencia

PRESENTACIÓN .... 3
1.- INTRODUCIÓN .... 7
2.- DEFINICIÓN FUNCIONAL DE BABEO.... 9
2.1 ASPECTOS FISIOLÓGICOS E ANATÓMICOS BÁSICOS .... 9
2.2.- FACTORES QUE AFECTAN Ao BABEO ..... 11
3.- ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN..... 15
3.1.- APROXIMACIÓN DESDE O PUNTO DE VISTA DO
DESENVOLVEMENTO NEURLÓGICO...... 16
3.2.- TRATAMENTO FARMACOLÓXICO...... 17
3.3.- APARELLOS ANTI-BABEO...... 18
3.4.- CIRURXÍA...... 20
3.5.- TÉCNICAS DE BIOFEEDBACK....... 21
3.6.- TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA....... 22




4.- PROGRAMA "BABA-STOP"...... 27
4.1.- EXPERIMENTACIÓN DO PROGRAMA DE CONTROL DE BABEO....... 30
4.1.1.-FASES DA INTERVENCIÓN ......... 33
4.2.- RESULTADOS ........ 35  
4.2.1.- PRIMEIRO CASO: DBA ........ 37
4.2.2- SEGUNDO CASO: DLM......... 40
4.2.3.- TERCEIRO CASO: NAV......... 43
4.2.4.- CUARTO CASO: ILO......... 46
4.2.5.- QUINTO CASO: VTC........ 48
4.2.6.- SEXTO CASO: COR......... 51



5.- CONCLUSIÓNS ....... 55
6.- BIBLIOGRAFÍA .......... 61
7.- ANEXOS: CUESTIONARIOS E FOLLAS DE REJISTRO......... 68
7.1.- REXISTRO XERAL.......... 68
7.3.- REXISTRO DE DATOS NA FASE DE INTERVENCIÓN........... 70
7.4.- REJILLA DE OBSERVACIÓN PARA A OBTENCIÓN DA LINEA BASE ......... 71
7.5.- CUESTIONARIO SOBRE CONTROL SALIVAL .............................. 72



FONTE: Francisco Alcantud Marin, Felipe Ballester Ferrer, Carmen Hila Vargas. Ubiversidad de Valencia

RECURSOS TERAPÉUTICOS E TRATAMENTO PARA A INCONTINENCIA SALIVAL. BABEO (V)

Recursos terapeuticos para el tratamiento de la incontinencia salival del niño con patología neurológica



                                                                                                                    
                                                                          FONTE: Izaskun Zarraluqui Anciso. Universidad de Zaragoza.





Os programas específicos de fisioterapia e logopedia xogan un papel moi importante no tratamento da incontinencia salival inducindo unha mellora no control postural e nas habilidades motoras orais.
 A logopedia propón exercicios para favorecer a somatognosia bucofaríngea e trata de inhibir certos reflexos patolóxicos. Grazas á fisioterapia pódese reducir o babeo inducindo as condutas concientes de control cefálico, peche labial, succión, deglución, mellorando a estabilidade da articulación mandibular e a mobilidade, forza e posición da lingua evitando a súa protusión.
 Tras o adestramento explícito, estas habilidades pódense ir incorporando progresivamente como aprendizaxes procedimentais que non precisen evocación consciente. Entre outras, cobra un especial interese a metodoloxía proposta por Le Métayer.

En nenos con menor afectación cognitiva e actitude cooperadora conséguense mellores resultados a través de adestramento mediante biofeedback, modificación da conduta e terapia miofuncional.

Certos artefactos para uso intraoral intermitente cumpren a misión de activar a motricidad bucal e as sensacións conscientes que favorecen a continencia salival. O tratamento fisioterápico, se comeza cedo, ten maior probabilidade de éxito aínda que non se conseguen moitos resultados en nenos con deficiencia mental severa.

O manexo funcional inclúe a instrución repetitiva, o reforzo positivo ou negativo, a estimulación da deglución segura ou o traballo sobre os seus compoñentes alterados (sensibilidade, control motor oral, etc.) e a autocorrección.

Respecto disto, a evidencia é limitada, pero existe consenso en que é beneficiosa cando se usa como terapia complementaria a algunha das outras opcións de tratamento.

FONTE: Izaskun Zarraluqui Anciso. Universidade de Zaragoza

FONTERevisión PediátricaJ. Narbona1, C. Concejo2 1Departamento de Pediatría. 2Servicio de Cirugía Oral y Maxilofacial. Clínica Universitaria de Navarra. Facultad de Medicina. Universidad de Navarra. Pamplona

DEBEMOS E NON DEBEMOS. BABEO (III)

Cando a boca dun neno está moi mollada, é necesario secala. O modo en que o realicemos é importante, tanto que axuda ou entorpece o proceso.

Por exemplo, non debemos
  • Empurrar a cabeza do neno/a cara atrás cando limpe a boca.
  • Limpar a boca a non ser que sexa necesario.
  • Limpar a boca de súpeto
  • Limpar a boca sen permitir que o neno vexa (ou senta) que o pano estase achegando.
  • Usar unha peza grande de tea ou pano grande que toque os lados da cara e a boca. Isto incrementará a produción de saliva, xa que hai máis estimulación.
  • Limpar a boca rapidamente.
  • Tanto como sexa posible, non lle diga ao neno/a que trage. Tragar é ás veces imposible se a boca está aberta e a saliva está no queixo, babero ou mesa. Dicíndolle que trague faremos ao neno/a consciente e ansioso.
  • Non limpe usando suaves movementos, sobreestimulará.

Debemos:
  • Manter ao neno/a nunha boa posición de cabeza e tronco.
  • Usar un pequeno trapo de material absorvente que só toque a boca do neno/a.
  • Permitir que o neno/a vexa ou sinta aproximarse o trapo.
  • Aproximarse a súa boca a unha velocidade media, non moi rápido nin moi lento.
  • Limpar lenta e firmemente, usando ata 3 toques de presión, empezando polo lado da boca onde é máis tolerado polo neno/a.
  • Trate de facelo en vostede mesmo. Se o fixo correctamente sentirá os efectos posteriores que lle empuxar a manter os beizos xuntos.

Autolimpieza.
Se os nenos son conscientes do seu babeo pero non poden previlo, entón, mantelos limpos e secos é importante. Poñerlles muñequeiras, como as dos tenistas, é ás veces efectivo e aceptado socialmente.

Vestuario.
Hai deseños especializados que poden ser de axuda.

Mastigación.
O desenvolvemento dos patróns de mastigación axudarán moito para o control da saliva.

Limpeza de Dentes.

A estimulación causada polo coidado terapéutico do cepillado de dentes pode axudar aos nenos para aprender a controlar a súa saliva.


NOTA: Termos como, boca aberta/pechada ou queixo húmido/seco...... e outros de uso común, debemos asegurarnos que son comprendidos polos nenos. Luvas de bonecos, pegadas de beizos (usando pintalabios), lavando e secando as mans, ....... poden ser usados para ensinar estes conceptos.

FONTE: Estracto de "Control de la saliva".Documento traducido del inglés, por Pedro Gortazar del Centro Cepri (Madrid)

TÉCNICAS PARA O CONTROL DO BABEO. VÍDEO (II)


SIALORREA OU BABEO. EXERCIZOS PARA O SEU CONTROL (I)

SIALORREA

Considérase a falta de retención da saliva na boca e da súa progresión cara ao tracto dixestivo, que ocasiona a súa saída ao exterior, soa ou con restos de inxestas, de forma crónica, despois da idade de 4 anos.
Para a avaliación da sialorrea pódense utilizar distintas escalas. A continuación presentamos unha.

Tratamento:
- Sempre logopedia
- Fármacos anticolinérgicos que inhiben a producción e liberación da saliva (por inhibición do sistema nervioso autónomo parasimpático).

Indicacións: pacientes con sialorrea > grao 3.

Contraindicacións: pacientes con glaucoma, antecedente de reacción de hipersensibilidade a algún dos fármacos.

 ESCALA DE SEVERIDADE DO BABEO de Thomas-Stonell e Greenberg

1: Seco (nunca babea)
2: Leve (só os beizos mollados)
3: Moderado (mollados os beizos  e o queixo)
4: Severo (o babeo esténdese ata mollar a roupa)
5: Profuso (o babeo esténdese e molla as mans, mesa,obxectos)

 FONTE: ARASAT. HOSPITAL MIGUEL SERVET ZARAGOZA




Esta inhabilidade non se debe unicamente a unha maior produción de saliva, senón máis ben a un problema no mecanismo de coordinación e control da musculatura orofacial e palatolingual. Este control neurolóxico alterado dá lugar a unha función deglutoria débil o que leva un acumulo excesivo de secreciones na porción anterior da cavidade oral e unha perdida non intencionada de saliva na boca. Pode chegar a ser altamente estresante para pacientes con problemas neurológicos así como para as súas familias ou coidadores. O risco de exclusión social, a humidade constante na roupa, e a incomodidade física que isto leva engade unha maior atención á que xa requiren estes pacientes. Ademais do efecto cosmético, o babeo e a dificultade para tragar, poden dificultar a función masticatoria e interferir coa fala, así como favorecer determinadas enfermidades periorales e aumentar

o risco de pneumonía por aspiración. 

En determinadas ocasións, é necesario o tratamento cirúrxico coa extracción dalgunhas glándulas salivais como as sublinguais ou as submandibulares. Tamén se emprega a ligadura dos condutos por onde a saliva é liberada cara á boca desde as glándulas salivales (glándulas parótidas ou glándulas submandibulares). Isto provoca a diminución do tamaño da glándula e por tanto da súa produción de saliva. 

Nos últimos anos úsase bastante a inxección de neurotoxina botulínica no interior das glándulas salivales  con gran eficacia na eliminación da produción de saliva e con escasas reaccións adversas. Algúns estudos puxeron en dúbida a eficacia e seguridade deste tratamento en nenos. 

Kinesiotaping consiste na colocación dun vendaxe neuromuscular para o control desta patoloxía en nenos afectos de patoloxía neurolóxica central. Nas conclusións dos estudios acerca desta técnica, obsérvanse evidencias da utilidade da vendaxe neuromuscular no control da sialorrea, pero se necesitan máis estudos comparativos con maior potencia estadística e con métodos de valoración máis obxectivos  (Martín Vilchez BarreraIrma Lozano CéspedesGuacimara Matias Quintana Revista electrónica de terapia ocupacional Galicia, TOGISSN-e 1885-527X, Nº. 23 (V. 13, mayo), 2016)

Desde o noso punto de vista, o tratamento da sialorrea en nenos, debe realizarse desde un enfoque multidisciplinario, no que deberían participar, ademáis do médico que receta a farmacoloxía máis axeitada para o caso; o odontólogo, o neurólogo, o psiquiatra, o psicólogo, o fisioterapeuta, o logopeda e,  o traballador social, de acordo ás características da persoa, o trastorno que padece e as condicións en que se desenvolve.   


PROGRAMA INDIVIDUAL DE MASTIGACIÓN E CONTROL DO BABEO 

OBXECTIVOS:
1. Adquirir ton suficiente para realizar movementos de mastigación. 

2. Facilitar a deglución con manobras adecuadas á capacidade individual de masticar e deglutir. 

3. Controlar o babeo por parte do alumno/a. 

CONTIDOS

· MASTIGACIÓN

  • Control da boca pechada. 
  • Control da mandíbula. 
  • Músculos que interveñen na mastigación (Actividades de tonificación de ditos músculos) 
· DEGLUCCIÓN

  • Estimulación dos movementos linguais. 
  • Tonificación da musculatura labial. 
  • Estimulación da deglución. 
· BABEO

  • Técnicas de corrección. 

algúns EXERCICIOS PARA O CONTROL DO BABEO 



1. Lembrarlle ao neno/a que debe pechar a boca e tragar a saliva. Isto axudaralle a darse conta da necesidade de tragar. 

2. O  alumnado imite o son que facemos ao absorber. Logo lembramos que traque.
3. Empregamos unha palla para beber líquidos e logo bebidas espesas (xeados, batidos). Isto axuda ao alumnado á practicar e exercitarse en absorber e tragar. 

4. Colocamos unha pequena cantidade de xelatina seca, refresco, etc. entre o beizo inferior e os dentes para que llo trague. 

5. Colocamos nos beizos unha pinga de mel, ou similar, e animamos a lamerla. 

6. Frotamos varias veces cun cepillo duro ao redor da boca. Cando o neno/a babee aprétase suavemente sobre a noz para favorecer a deglución, ao mesmo tempo que se lle di "traga". 

7. Soprar pelotas de pin-pon ou de algodón enriba dunha mesa, facer burbullas de xabón, soprar pitos e chifres, mascar chicles ou comer froitos secos, ... e calquera outro exercicio que fortaleza a mobilidade dos músculos da boca, beizos e lingua. 

FONTE: COMUNIC@te

CÓMIC. SOL E DARÍO

Este cómic trata dunha moza con discapacidade motórica que se chama Sol, e o seu can, Darío. Ambos poden axudar a concienciarnos das dificultades que atopan as persoas con limitacións na súa movilidade.

Entre 11 e 14 anos





FONTE: Junta de Andalucía. Consejería de Educación. COCEMFE. 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Mulleres con discapacidade: as mesmas desigualdades, piores efectos

FONTE: Fundación ONCE

“A los hombres se les enseña disculparse por sus debilidades, a las mujeres por sus capacidades”. Lois Wyse.

DIVERSIDADE

"O DIFERENTE FAITE ÚNICO. DIVERSIDADE"

FONTE: Open Motivatión

GUÍA PARA PAIS DE ADOLESCENTES MALHUMORADOS



FONTE: Grupo QUIRÓN

TRASTORNOS NEUROMUSCULARES. ACTIVIDADES PSICOMOTRICES

Desde o Centro escolar debemos estimular o óptimo desenvolvemento do alumnado en todas as áreas do seu crecemento e desenvolvemento (Holmgren, 1995)



ALGUNHAS ACTIVIDADES PARA DEDOS
  • Abrir e pechar os puños repetidamente. Primeiro unha man; daquela a outra e ao final xuntas. 

  • Xuntar e separar os dedos repetidamente. Primeiro unha man, daquela a outra e ao final as dúas á vez.
  • Tecleos: golpear sucesivamente sobre a mesa, cada un dos dedos dunha man, á vez que lles imos nomeando, daquela os da outra. Golpear simultaneamente coas dúas mans os mesmos dedos, sobre a mesa; os dous meniques, os dous anulares, os dous corazón, etc.
  • Separar o dedo pulgar o máis posible do resto dos dedos; pechalo xuntándoo o máis posible ao índice.
  • Círcunducción do dedo pulgar, obrigando a este dedo para dar voltas completas sobre si mesmo nun sentido e noutro mantendo quietos o resto dos dedos.
  • Golpear sobre a mesa de forma alternativa: un dedo dunha man, o mesmo da outra; por ex.: meñique dunha man, meñique da outra, anular dunha man, anular da outra, etc.
  • Sentados, co cóbado apoiado sobre a mesa e o brazo vertical, opoñer cada dedo ao pulgar. Con cada dedo sobre o pulgar, facer coma se tirara canicas 
  • Colocar nos pupitres sementes variadas, un bote de cola e pinceis. Sen ningunha orde, os nenos que vaian collendo as sementes dunha nunha, as embadurnen de cola co pincel e as coloquen nunha folla, facendo diferentes composicións.
  • Coas palmas das mans apoiadas sobre a mesa, separar e xuntar entre si os dedos de cada. man todo o posible. Primeiro unha man, daquela a outra, ao final xuntas.
  • Enroscar e desenroscar parafusos, tapóns de botellas, tubos, frascos, etc. Comezar por tamaños grandes, logo diminuír o tamaños máis pequenos.
  • Ao final de cada exercicio relaxar os dedos, sacudíndoos cara abaixo.
  • Relaxar os brazos: sentado na cadeira con brazos caídos e con pelotas de goma pequenas, unha en cada man, comprimilas todo o que se poida, logo afrouxar as mans ata que as pelotas caian (Chana, 1999).
Xogar a facer coas mans "bonequiños de sombra", por exemplo:

TRASTORNOS NEUROMUSCULARES. ALGUNHAS IDEAS

Podemos axudar a previr as deformidades, a mellorar o movemento, e a manter os músculos tan flexibles e fortes como sexa posible, a través de opcións como o estiramento pasivo, a corrección postural e exercicio

  • O estiramento pasivo pode aumentar a flexibilidade articular e evitar as contracturas que restrinxen o movemento e causan a perda da función. Cando se fai correctamente, o estiramento pasivo non é doloroso.  
  • O exercicio moderado e regular pode axudar aos pacientes con distrofia a manter o rango de movemento e a forza muscular, previr a atrofia muscular, e atrasar o desenvolvemento de contracturas. As persoas con diafragma debilitado poden aprender a toser e poden realizar exercicios de respiración profunda que están deseñados para manter os pulmóns completamente expandidos.
  • A corrección postural úsase para contrarrestar a debilidade muscular, as contracturas, e as irregularidades vertebrais que forzan aos pacientes con distrofia cara a posicións incómodas. Cando sexa posible, os pacientes deben sentar dereitos, cos pés nun ángulo de 90 graos co piso. As almofadas e as cuñas de escuma poden axudar a manter á persoa dereita, a distribuír o peso uniformemente, e facer que as pernas se endereiten. Os apoyabrazos deben estar á altura adecuada para ofrecer apoio e evitar inclinarse.
  • Os aparellos para apoio como as cadeiras de rodas, os dispositivos ortopédicos, ......, poden axudar a manter a mobilidade. Os aparellos úsanse para axudar a estirar os músculos. Os soportes vertebrais, por exemplo, poden axudar a atrasar a escoliose. As férulas nocturnas, cando se usan xunto co estiramento pasivo, poden atrasar as contracturas. Os andadores axudan a permanecer de pé ou a camiñar o maior tempo posible, facilitando unha mellor circulación e mellorando a retención ósea do calcio.
  • Os refachos repetidos de baixa frecuencia de estimulación eléctrica aos músculos das coxas poden producir un leve aumento da forza en nenos con distrofia de Duchenne.
  • A terapia da linguaxe pode axudar aos pacientes cuxos músculos faciais e da garganta debilitáronse. Os pacientes poden aprender a usar dispositivos especiais de comunicación, como un ordenador con sintetizador de voz.
  • Os exercicios especiais, ou unha dieta especial e técnicas de alimentación, poden axudar aos pacientes con distrofia que teñan dificultades na deglución.

A inactividade, ou a mobilidade limitada resultantes da debilidade muscular, poden contribuír á obesidade, deshidratación, e estreñimiento. Unha dieta con alto contido de fibra e proteínas e baixas calorías combinada coa inxesta recomendada de líquidos pode axudar  a manter a saúde en xeral. 

FONTE: National Institute of Neurological Disorders and Stroke

MIOPATÍAS. ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS

As miopatías son un subgrupo da familia das enfermidades neuromusculares, tradúcense nunha dexeneración do tecido muscular. Forman un conxunto de enfermidades que se deben a múltiples causas, cursan de diferente maneira e trátanse de forma distinta.


-MIOPATIA 
Alteración do ton muscular. Pode ser por hipotonía, hipertonía. Hai problemas na química interna e fibras.

- SÍNTOMAS E SIGNOS PRINCIPAIS 
                  - Debilidade. Fatigabilidad proporcional á debilidade.                  
                  - Mal desenvolvemento motor
                  - Trastornos posturais
                  - Atrofia muscular, pseudohipertrofia
                  - Hipotonía, miotonía e pseudomiotonía
                  - Retracciones musculares.