FONTE: Izaskun Zarraluqui Anciso. Universidad de Zaragoza.
Os programas específicos de fisioterapia e logopedia xogan un papel moi importante no tratamento da incontinencia salival inducindo unha mellora no control postural e nas habilidades motoras orais.
A logopedia propón exercicios para favorecer a somatognosia bucofaríngea e trata de inhibir certos reflexos patolóxicos. Grazas á fisioterapia pódese reducir o babeo inducindo as condutas concientes de control cefálico, peche labial, succión, deglución, mellorando a estabilidade da articulación mandibular e a mobilidade, forza e posición da lingua evitando a súa protusión.
Tras o adestramento explícito, estas habilidades pódense ir incorporando progresivamente como aprendizaxes procedimentais que non precisen evocación consciente. Entre outras, cobra un especial interese a metodoloxía proposta por Le Métayer.
En nenos con menor afectación cognitiva e actitude cooperadora conséguense mellores resultados a través de adestramento mediante biofeedback, modificación da conduta e terapia miofuncional.
Certos artefactos para uso intraoral intermitente cumpren a misión de activar a motricidad bucal e as sensacións conscientes que favorecen a continencia salival. O tratamento fisioterápico, se comeza cedo, ten maior probabilidade de éxito aínda que non se conseguen moitos resultados en nenos con deficiencia mental severa.
O manexo funcional inclúe a instrución repetitiva, o reforzo positivo ou negativo, a estimulación da deglución segura ou o traballo sobre os seus compoñentes alterados (sensibilidade, control motor oral, etc.) e a autocorrección.
Respecto disto, a evidencia é limitada, pero existe consenso en que é beneficiosa cando se usa como terapia complementaria a algunha das outras opcións de tratamento.
FONTE: Izaskun Zarraluqui Anciso. Universidade de Zaragoza
FONTE: Revisión Pediátrica. J. Narbona1, C. Concejo2 1Departamento de Pediatría. 2Servicio de Cirugía Oral y Maxilofacial. Clínica Universitaria de Navarra. Facultad de Medicina. Universidad de Navarra. Pamplona
Ningún comentario:
Publicar un comentario