"EL MONJE EQUIVOCADO". Dura 3´19"
Ás veces estamos demasiado imbuídos nos problemas da vida cotiá, os pequenos contratempos absórbennos tanto que perdemos de vista as cousas realmente importantes e cando nos damos conta, xa non podemos gozalas.
Este marabilloso curto titulado "El monje equivocado" foi creado por Tom Long como proxecto final durante a súa especialización en animación en 3D na Southampton Solent University. Versa sobre un monxe eremita a quen un bo día, mentres practicaba os seus exercicios, interrómpelle un invitado inesperado. A viaxe que nos propón é moi tenra e convídanos a reflexionar sobre o que estamos a facer coa nosa vida e como empregamos o limitado tempo que temos á nosa disposición.
FONTE: Rincón de la psicología
Ningún comentario:
Publicar un comentario