Cando a boca dun neno está moi mollada, é necesario secala. O modo en que o realicemos é importante, tanto que axuda ou entorpece o proceso.
Por exemplo, non debemos:
- Empurrar a cabeza do neno/a cara atrás cando limpe a boca.
- Limpar a boca a non ser que sexa necesario.
- Limpar a boca de súpeto
- Limpar a boca sen permitir que o neno vexa (ou senta) que o pano estase achegando.
- Usar unha peza grande de tea ou pano grande que toque os lados da cara e a boca. Isto incrementará a produción de saliva, xa que hai máis estimulación.
- Limpar a boca rapidamente.
- Tanto como sexa posible, non lle diga ao neno/a que trage. Tragar é ás veces imposible se a boca está aberta e a saliva está no queixo, babero ou mesa. Dicíndolle que trague faremos ao neno/a consciente e ansioso.
- Non limpe usando suaves movementos, sobreestimulará.
Debemos:
- Manter ao neno/a nunha boa posición de cabeza e tronco.
- Usar un pequeno trapo de material absorvente que só toque a boca do neno/a.
- Permitir que o neno/a vexa ou sinta aproximarse o trapo.
- Aproximarse a súa boca a unha velocidade media, non moi rápido nin moi lento.
- Limpar lenta e firmemente, usando ata 3 toques de presión, empezando polo lado da boca onde é máis tolerado polo neno/a.
- Trate de facelo en vostede mesmo. Se o fixo correctamente sentirá os efectos posteriores que lle empuxar a manter os beizos xuntos.
Autolimpieza.
Se os nenos son conscientes do seu babeo pero non poden previlo, entón, mantelos limpos e secos é importante. Poñerlles muñequeiras, como as dos tenistas, é ás veces efectivo e aceptado socialmente.
Vestuario.
Hai deseños especializados que poden ser de axuda.
Mastigación.
O desenvolvemento dos patróns de mastigación axudarán moito para o control da saliva.
Limpeza de Dentes.
A estimulación causada polo coidado terapéutico do cepillado de dentes pode axudar aos nenos para aprender a controlar a súa saliva.
NOTA: Termos como, boca aberta/pechada ou queixo húmido/seco...... e outros de uso común, debemos asegurarnos que son comprendidos polos nenos. Luvas de bonecos, pegadas de beizos (usando pintalabios), lavando e secando as mans, ....... poden ser usados para ensinar estes conceptos.
FONTE: Estracto de "Control de la saliva".Documento traducido del inglés, por Pedro Gortazar del Centro Cepri (Madrid)
Ningún comentario:
Publicar un comentario