SIALORREA OU BABEO. EXERCIZOS PARA O SEU CONTROL (I)

SIALORREA

Considérase a falta de retención da saliva na boca e da súa progresión cara ao tracto dixestivo, que ocasiona a súa saída ao exterior, soa ou con restos de inxestas, de forma crónica, despois da idade de 4 anos.
Para a avaliación da sialorrea pódense utilizar distintas escalas. A continuación presentamos unha.

Tratamento:
- Sempre logopedia
- Fármacos anticolinérgicos que inhiben a producción e liberación da saliva (por inhibición do sistema nervioso autónomo parasimpático).

Indicacións: pacientes con sialorrea > grao 3.

Contraindicacións: pacientes con glaucoma, antecedente de reacción de hipersensibilidade a algún dos fármacos.

 ESCALA DE SEVERIDADE DO BABEO de Thomas-Stonell e Greenberg

1: Seco (nunca babea)
2: Leve (só os beizos mollados)
3: Moderado (mollados os beizos  e o queixo)
4: Severo (o babeo esténdese ata mollar a roupa)
5: Profuso (o babeo esténdese e molla as mans, mesa,obxectos)

 FONTE: ARASAT. HOSPITAL MIGUEL SERVET ZARAGOZA




Esta inhabilidade non se debe unicamente a unha maior produción de saliva, senón máis ben a un problema no mecanismo de coordinación e control da musculatura orofacial e palatolingual. Este control neurolóxico alterado dá lugar a unha función deglutoria débil o que leva un acumulo excesivo de secreciones na porción anterior da cavidade oral e unha perdida non intencionada de saliva na boca. Pode chegar a ser altamente estresante para pacientes con problemas neurológicos así como para as súas familias ou coidadores. O risco de exclusión social, a humidade constante na roupa, e a incomodidade física que isto leva engade unha maior atención á que xa requiren estes pacientes. Ademais do efecto cosmético, o babeo e a dificultade para tragar, poden dificultar a función masticatoria e interferir coa fala, así como favorecer determinadas enfermidades periorales e aumentar

o risco de pneumonía por aspiración. 

En determinadas ocasións, é necesario o tratamento cirúrxico coa extracción dalgunhas glándulas salivais como as sublinguais ou as submandibulares. Tamén se emprega a ligadura dos condutos por onde a saliva é liberada cara á boca desde as glándulas salivales (glándulas parótidas ou glándulas submandibulares). Isto provoca a diminución do tamaño da glándula e por tanto da súa produción de saliva. 

Nos últimos anos úsase bastante a inxección de neurotoxina botulínica no interior das glándulas salivales  con gran eficacia na eliminación da produción de saliva e con escasas reaccións adversas. Algúns estudos puxeron en dúbida a eficacia e seguridade deste tratamento en nenos. 

Kinesiotaping consiste na colocación dun vendaxe neuromuscular para o control desta patoloxía en nenos afectos de patoloxía neurolóxica central. Nas conclusións dos estudios acerca desta técnica, obsérvanse evidencias da utilidade da vendaxe neuromuscular no control da sialorrea, pero se necesitan máis estudos comparativos con maior potencia estadística e con métodos de valoración máis obxectivos  (Martín Vilchez BarreraIrma Lozano CéspedesGuacimara Matias Quintana Revista electrónica de terapia ocupacional Galicia, TOGISSN-e 1885-527X, Nº. 23 (V. 13, mayo), 2016)

Desde o noso punto de vista, o tratamento da sialorrea en nenos, debe realizarse desde un enfoque multidisciplinario, no que deberían participar, ademáis do médico que receta a farmacoloxía máis axeitada para o caso; o odontólogo, o neurólogo, o psiquiatra, o psicólogo, o fisioterapeuta, o logopeda e,  o traballador social, de acordo ás características da persoa, o trastorno que padece e as condicións en que se desenvolve.   


PROGRAMA INDIVIDUAL DE MASTIGACIÓN E CONTROL DO BABEO 

OBXECTIVOS:
1. Adquirir ton suficiente para realizar movementos de mastigación. 

2. Facilitar a deglución con manobras adecuadas á capacidade individual de masticar e deglutir. 

3. Controlar o babeo por parte do alumno/a. 

CONTIDOS

· MASTIGACIÓN

  • Control da boca pechada. 
  • Control da mandíbula. 
  • Músculos que interveñen na mastigación (Actividades de tonificación de ditos músculos) 
· DEGLUCCIÓN

  • Estimulación dos movementos linguais. 
  • Tonificación da musculatura labial. 
  • Estimulación da deglución. 
· BABEO

  • Técnicas de corrección. 

algúns EXERCICIOS PARA O CONTROL DO BABEO 



1. Lembrarlle ao neno/a que debe pechar a boca e tragar a saliva. Isto axudaralle a darse conta da necesidade de tragar. 

2. O  alumnado imite o son que facemos ao absorber. Logo lembramos que traque.
3. Empregamos unha palla para beber líquidos e logo bebidas espesas (xeados, batidos). Isto axuda ao alumnado á practicar e exercitarse en absorber e tragar. 

4. Colocamos unha pequena cantidade de xelatina seca, refresco, etc. entre o beizo inferior e os dentes para que llo trague. 

5. Colocamos nos beizos unha pinga de mel, ou similar, e animamos a lamerla. 

6. Frotamos varias veces cun cepillo duro ao redor da boca. Cando o neno/a babee aprétase suavemente sobre a noz para favorecer a deglución, ao mesmo tempo que se lle di "traga". 

7. Soprar pelotas de pin-pon ou de algodón enriba dunha mesa, facer burbullas de xabón, soprar pitos e chifres, mascar chicles ou comer froitos secos, ... e calquera outro exercicio que fortaleza a mobilidade dos músculos da boca, beizos e lingua. 

FONTE: COMUNIC@te

Ningún comentario:

Publicar un comentario