Que é o corpo caioso? É a conexión nerviosa (a ponte) entre os hemisferios dereito e esquerdo do cerebro
A Axenesia do Corpo Caioso é a falta de formación da rexión cerebral chamada corpo
caioso, producto dunha alteración no desenvolvemento embrionario que
ocasiona a falta parcial ou total deste importante haz de fibras
interhemisféricas cerebrais.
Pódese acompañar doutras malformacións como microxiria (circunvolucións cerebrais anormalmente
pequenas ou estreitas), trastornos da migración neuronal, asimetría no tamaño dos hemisferios cerebrais ou alteraciones
periventriculares.
Causas
- Algunhas condicións xenéticas, (trisomía
8 e trisomía
18).
- Condicións ambientais (síndrome de
alcoholismo fetal) ou outros factores como poderían ser alguns virus ou bacterias que invaden o saco fetal nun momento critico.
- Consecuencia dun efecto secundario a outro
evento neurolóxico, tal como, un quiste que bloquea el desarrollo del
corpo caioso.
- Puede aparecer aislada ou asociada a diversas
anomalías cerebrais conxénitas tales como: lipomas do cuerpo caioso,
quistes interhemisféricos, defectos de migración neuronal, parálise cerebral, síndromes convulsivos e alteracións sensoriales, entre outras.
Características máis comúns
- Retardo xeral no desenvolvemento, sobre todo
nas áreas motora, de coordinación, equilibrio, tono muscular e linguaxe.
- Cociente intelectual: menor que a norma
- Problemas coa alimentación: para succionar e masticar, que asimesmo xeran dificultades no control de esfínteres, que, se se logra é hacia os 6 ou 7 anos aproximadamente.
- Problemas coa visión: Pudendo
presentar cegueira desigual e obstrucción das vías lagrimais.
- A nivel sensorial poden
presentar dificultad para sentir a temperatura.
- Dificultades na aprendizaxe: Fanse máis evidentes ao iniciar a
aprendizaxe formal. Non hai un patrón regular de aprendizaxe. Xeralmente existe unha escasa colaboración e atención nas
actividades. Está comprobado que as mellores aprendizaxes neste alumnado son as que se realizan a través de rutinas de repetición e por imitación de modelos de conduta.
- Rasgos faciais comúns: raíz nasal ancha, filtrum largo, paladar
oxival y fendidas palpebrais pequenas.
- Alta tolerancia á dor.
- Dificultade na comunicación: ausencia de habilidades verbais e/ou a dificultade de expresarse con coherencia, dificultades na organización do pensamiento. Unha característica destos nenos é que a linguaxe comprensiva é maior que a linguaxe
expresiva.
Intervención
A intervención na ACC debe focalizarse no entrenamento de habilidades sociais, e de desenvolvemento motor xeral, traballando en ambientes
estruturados e con proxectos de traballo que estean claramente definidos.
Pero, antes debemos:
- Valorar o estado evolutivo do neno,
atendendo á actitude postural normal ou anormal e a súa actividade espontánea en decúbito dorsal e ventral.
- Estudo do tono, forza muscular e rango de
movemento articular, valorando as amplitudes articulares como medida del
tono muscular pasivo, ángulo de abductores, ángulo de dorsiflexion dos nocelos e "maniobra da bufanda".
- Estudo das respostas do neno a
estímulos sensorio-motrices determinados e,
- Estudo de reflexos arcaicos.
A partir de aquí se utilizarán técnicas
de cinesiterapia ( é un conxunto
de técnicas ou procedementos terapéuticos, coa finalidade de tratar as enfermidades mediante a utilización do movemento ) cara a adquisición dos mellores niveis de evolución
motriz, de terapia ocupacional, con estimulación global e integración
sensomotriz. Así, atendendo ás secuencias do desenvolvemento, lévanse a
cabo estimulacións tactís, visuais, vestibulares, e reaccións
posturais de enderezamento e equilibrio, é dicir, unha rehabilitación psicomotriz, que fai referencia ao tratamento para o retraso psicomotor e que se
centra en obxectivos concretos: psico (cognitivo, comunicación e emocional) e motor (segmentación e automatización), buscando a potenciación máxima das
posibilidades físicas e intelectuais do neno mediante a estimulación
regulada e continuada levada a cabo en todas as áreas do desenvolvemento, pero
sen forzar en ningún momento o curso da maduración do SNC, sempre
tenendo aos pais como coterapeutas e amosándolle a forma correcta de
realizar os exercizos de maneira que tomen parte activa no tratamento dos seus fillos.