GRAZAS A TODOS E TODAS!

Hoxe é un día moi especial para mín porque remato a miña etapa no ámbito profesional. A partir de agora poderei ocuparme de cousiñas nas que nunca puden determe por falta de tempo.

Quero agradecervos a todos e todas este percorrido que fixemos xuntos. Que fixerades posible que a través deste blog lograramos chegar a moit@s profesionais para tratar de apoiar e  acompañar nesta difícil pero maravillosa tarefa educativa. Grazas polo que compartístedes conmigo e polo que me ensinastedes. Grazas polo que aprendín de vós.

             GRAZAS A TODOS E TODAS!.

Quero despedirme co "mellor vídeo do mundo"   "Cordas" de Pedro Solís García. Sempre estamos a aprender.

"Cordas" foi o gañador do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación en español".  


            

 FONTE: Youtube

1 comentario: