De 9 a 11 anos
Aprendizaxe, Venecia, Artesáns, Accidentes, Discapacidade física, Soños, Amizade, Esmoleiros.
Esta bonita historia ubícase na fermosa Venecia, mellor aínda, na espectacular illa de Murano, coñecida mundialmente polo seu precioso cristal. Son moi coñecidos os mestres sopradores, que traballan coas técnicas herdadas desde o século XII e que a día de hoxe contan cun gran prestixio.
A historia deste bonito libro ilustrado narra como un misterioso soplador de vidro apareceuse unha noite a un pobre mozo vagabundo ao que lle regala unha finísima burbulla de vidro que contén o máis marabilloso dos soños. Deste enigmático encontro empezan a circular rumores pola cidade e todos os nenos insomnes de Murano desexan ter unha burbulla de soños para poder durmir e soñar con cousas bonitas e máxicas. Pero o misterioso soplador non é nada fácil de localizar e ninguén coñece a súa identidade nin tampouco que el mesmo foi tamén un pobre neno vagabundo que desexaba soñar.
É unha historia de amizade e loita por conseguir un ideal.
FONTE: Bernard VILLIOT de la editorial BRUÑO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario