Hai dous anos, no mundo como unha seda, quixen contarvos a historia dun neno que tiña ganas de ver mundo e que se dispoñía a emprender a aventura máis grande que vivira xamais. Agora din que xa non son tan neno (aínda que sigo comportándome como tal) e non todo é como antes: estudei un ano de Filosofía, aceptei que tamén é posible vivir aventuras en compañía…e sigo decidido a non desaproveitar nin un só instante de felicidade ao día. As miñas ganas de ver mundo tamén se mantiveron intactas e leváronme a rodar por tres continentes máis: América, África e Asia. Así, despois destes dous anos de felicidade, de viaxes e de novas experiencias decidín que todo iso non podía quedar só no meu recordo: chegou o momento de que volvades saber daquel mozo tolo de cabelos azuis e cadeira de rodas ao que espero que non esquecésedes»
EDITORIAL: Martínez Roca. AUTOR Albert Casals
Ningún comentario:
Publicar un comentario