Amosando publicacións coa etiqueta video xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta video xogos. Amosar todas as publicacións

VIDEOXOGOS PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

Videoxogos para a rehabilitación de persoas con discapacidade
Diversos investigadores crearon un sistema de videoxogos para persoas con mobilidade reducida ou con discapacidade. Os xogos, baseados en historias divertidas, tamén permiten que o usuario faga exercicios de rehabilitación en casa.

O equipo de investigadores do grupo de Aplicacións Multimedia e Acústica (GAMMA), do Centro de Investigación en Tecnoloxías do Software e Sistemas Multimedia para a Sustentabilidade ( CITSEM- UPM) e da Universidade Politécnica de Madrid, desenvolveu un sistema que permite utilizar videoxogos mediante movementos corporais, coa finalidade de que, estes xogos, axuden á rehabilitación física para persoas con algún tipo de discapacidade física.
Os investigadores resaltan a importancia de poder axustar o xogo ás capacidades do xogador, tal que movementos débiles aparecen amplificados dentro do xogo. Con iso, conséguese que as persoas con debilidade muscular poidan gozar de experiencias similares ás outras persoas sen dificultades.
O obxectivo principal é lograr que o xogo sexa atractivo e válido para diferentes tipos de público, xa sexa persoas con mobilidade reducida, persoas de idade avanzada ou persoas con discapacidade física. Ademais, o xogo permite que a rehabilitación lévese a cabo desde o domicilio do usuario.
FONTE: Valida sin barreras que o recolle de europapress.com

10 PELÍCULAS IMPRESCINDIBLES SOBRE EDUCACIÓN E DISCAPACIDADE. CINE.


Tiching presenta 10 películas interesantes para traballar o concepto de discapacidade como un punto de partida para realizar unha análise co alumnado e a creación dun debate e un argumento crítico. 
  1. Like stars on hearth (Taare Zameen Par): Trátase dunha película moi emotiva que nos conta a historia de Ishaan, un neno indio de 8 anos que presenta algunhas dificultades de aprendizaxe e que o seu entorno parece non comprender. Pero algo está a punto de cambiar cando o profesor de Arte fíxase nel…
  2. Me llaman Radio: Unha historia baseada en feitos reais que narra a relación entre un entrenador de fútbol dun instituto en Carolina del Sur e Radio, un xove con discapacidade intelectual que abandonou a escola. A moralexa é moi especial: todo o mundo ten algo que ensinar aos demáis! De 12 anos en adiante.
  3. Forrest Gump: Todo un clásico xa do cine, que nos fai pensar sobre o importante que é darlle oportunidades a todas as persoas, por moi diferentes que sexan, xa que a súa capacidade de superarse e conseguir os diferentes retos pode acabar sempre por sorprendernos. A partir de 12 anos.
  4. Yo soy Sam: É moi difícil que non se escape algunha bágoa ao ser testigos deste relato, no que Sam (Sean Penn), que sufre unha discapacidade intelectual, debe loitar pola custodia da súa filla pequena e defender os seus dereitos como pai. 
  5. Rojo como el cielo: Como consecuencia dun fatídico accidente, Mirco, un neno italiano protagonista desta historia, sofre unha lesión cerebral que lle supoñerá unha cegueira crónica. Será capaz de superar as dificultades que isto supón?
  6. Yo también: Laura e Daniel viven unha historia de amor, como tantas outras que xa se contaron no cine, pero cunha pequena diferencia que faina moi especial. Y é que Daniel padece síndrome de Down, o quepermite abrir o debate sobre discapacidade e cómo ésta afecta ás relacións personais. 
  7. Rain man: O protagonista desta historia é Raymond, un home con Síndrome de Savant, que consiste nun trastorno de espectro autista que se caracteriza por presentar unha memoria prodixiosa e outras habilidades inusuais. É posible memorizar enteiros 9000 libros ao longo dunha vida? 
  8. El octavo día: Dous mundos atópanse nesta película belga, o de Georges (un home con síndrome de Down) e o de Harry (un executivo), que non imaxina cánto poderá aprender de Georges. A partir de 12 años.
  9. Un mundo a su medida: O importante non é ser iguais, o importante é formar un bo equipo! Non se nos ocurre unha película mellor que ésta para representar esta idea, onde dous adolescentes que se complementan á perfección aprenderán a superar xuntos diferentes adversidades.
  10. Las llaves de casa: A película é unha emotiva adaptación da novela “Nacido dos veces” de Giuseppe Pontiggia, que trata sobre a relación do autor co seu fillo discapacitado. Unha historia sinxela pero que, sen dúvida, deixará pegada. 
FONTE: Tiching

MARIO BROS EN CADEIRA DE RODAS. VÍDEO XOGOS.



      
O vídeo presenta en menos de 2 minutos unha escena que busca a súa extrapolación ao mundo real; para o que presenta a Mario en plena partida, ata que sofre unha caída e ten que utilizar unha cadeira de rodas. Reiníciase o xogo e, ante a primeira tubería, o protagonista non pode avanzar. É neste momento cando o xogo aproveita un segundo reinicio para presentar, agora sí, un escenario accesible e adaptado ás necesidades dunha persoa con movilidade reducida. 
Desta maneira, Mario Bros acaba finalizando o xogo con éxito. 


Un vídeo do famoso fontaneiro italiano faise viral ao reclamar maior accesibilidade







ACCESIBILIDADE UNIVERSAL E INCLUSIÓN

Según o artigo 2.k do Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de noviembre, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión socialAbre nueva ventana, a Accesibilidade Universal é a condición que deben cumplir os entornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como os obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos, para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. Presupón a estratexia de «diseño universal ou diseño para todas as persoas», e  enténdese sen perxuicio dos axustes razonables que deban adoptarse.