Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
Amosando publicacións coa etiqueta boas prácticas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta boas prácticas b>. Amosar todas as publicacións
GUÍA DE PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO
Puede que te interesen:
GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS SOBRE PERSOAS CON DISCAPACIDADE. PARA PROFESIONAIS DA COMUNICACIÓN
Puede que te interesen:
ACCESIBILIDADE. MALA PRAXIS NAS CIDADES. GUÍA
Puede que te interesen:
FALAR BEN, ANTE TODO PERSOAS.
Pódese dicir "sordomudo"?. Que diferencia hai entre escribir "ter unha discapacidade" ou "padecer unha discapacidade?. É o mesmo "esquizofrénico" que "persoa con esquizofrenia"?.

Este é un proxecto cuxo obxectivo principal é impulsar o correcto uso dos termos relacionados coa discapacidade en todos os ámbitos, pero principalmente no dos medios de comunicación, para que a linguaxe que empreguen non sexa discriminatorio, despectivo ou estigmatizante, senon que abogue pola igualdade e amose unha imaxe normalizada das persoas con discapacidade.
Puede que te interesen:
FORMA CORRECTA DE DIRIXIRNOS ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Ante todo SOMOS PERSOAS
Puede que te interesen:
BOAS PRÁCTICAS PARA A ADAPTACIÓN, NUN GRUPO CUNHA PERSOA CON DISFUNCIONALIDADE
Cando nun grupo se inclúen persoas con algún tipo de disfuncionalidade, paga a pena ter en conta nas intervencións dos responsables da actividade:
- Coñecer gustos, intereses, limitacións e problemas que se podan plantexar; así como por qué estas persoan elexiron esta actividade. Este coñecemento, favorecerá a intervención e a creación dun clima favorable cara a boa relación do grupo.
- Eliminar calquera atisbo de actitude paternalista ou proteccionista.
- Crear situacións favorecedoras de relacións fluídas e naturais; aceptando as persoas tal como son, perdendo o medo natural a ferir a súa sensibilidade.
- Crear situacións nas que se perciban as limitacións, propoñendo xogos e situacións nas que podan sentilas, como: xogar cos ollos tapados, experimentar a sensación de sentarse na cadeira de rodas, practica dun deporte con tapóns nos ouvidos, etc.
- Valorar e analizar como viven as persoas con algunha disfuncionalidade, as características e actitudes que presentan os seus compañeiros do grupo.
- Analizar a situación en ensino-aprendizaxe dende a óptica do alumnado con algún tipo de dificultade por mor da súa disfuncionalidade, coa finalidade de tomar nota de suxerencias e/ou ideas que axuden a mellorar a dinámica do ensino.
- Reforzar positivamente a participación dos usuarios con dificultades dentro do grupo animándoos a progresar, valorando a súa evolución e o nivel acadado.
- Predispoñer aos componentes do grupo a aceptar e participar nas actividades e pautas a ter en conta cos compañeiros con algún tipo de disfuncionalidade.
Estas ideas únicamente teñen a finalidade de facer máis accesible a participación das persoas con disfuncionalidade, nas distintas actividades, favorecendo unha relación natural e espontánea que os axude a acadar os obxectivos propostos.
Puede que te interesen:
O CANSANCIO FÍSICO DO COIDADOR/A.
Neste blog a autora desenvolve este tema desgranando algúns dos síntomas que padece o coidador:
1.- Debilidade corporal.
2.- Dor ....muscular, de cabeza, articular....
3.- Perda do apetito/peso.
4.- Cambios no estado de ánimo e irritabilidade.
5.- Disminución das defensas.
6.- Malestar xeral.
7.- Baixo rendemento físico e/ou cognitivo
8.- Apatía e decaemento....
FONTE: Eva Lorenzo, traballadora social de Ourense
Puede que te interesen:
MELLORAMOS O TRATO COAS PERSOAS CON DISFUNCIONALIDADE MOTORA
Puede que te interesen:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



