Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeos. Amosar todas as publicacións

GRAZAS A TODOS E TODAS!

Hoxe é un día moi especial para mín porque remato a miña etapa no ámbito profesional. A partir de agora poderei ocuparme de cousiñas nas que nunca puden determe por falta de tempo.

Quero agradecervos a todos e todas este percorrido que fixemos xuntos. Que fixerades posible que a través deste blog lograramos chegar a moit@s profesionais para tratar de apoiar e  acompañar nesta difícil pero maravillosa tarefa educativa. Grazas polo que compartístedes conmigo e polo que me ensinastedes. Grazas polo que aprendín de vós.

             GRAZAS A TODOS E TODAS!.

Quero despedirme co "mellor vídeo do mundo"   "Cordas" de Pedro Solís García. Sempre estamos a aprender.

"Cordas" foi o gañador do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación en español".  


            

 FONTE: Youtube

DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL 2020 "UN FUTURO MELLOR"

6 de octubro día mundial da Parálise Cerebral

A atención ás persoas con parálise cerebral partía dunha situación de precariedade; a chegada da pandemia non fixo máis que acentuala. Non deixemos que a crise sanitaria convértase nunha crise de dereitos. Sigamos construíndo.

O anuncio da campaña do Día Mundial da Parálise Cerebral 2020 "Un futuro Mellor", ten como obxectivo poñer en valor ás persoas con parálise cerebral, e propoñer unha forma diferente de abordar a reconstrución tras a crise que estamos a vivir para que sexa unha nova construcción social, máis xusta, máis inclusiva ae con máis espazos de participación.


FONTE: ASPACE

"LO INCORRECTO" UNHA NOVA MIRADA HACIA A DISCAPACIDADE. VÍDEO

“Lo incorrecto” Una nueva mirada hacia la discapacidad

Autor: Fundación Prevent Tipo: Video YouTube 

Fundación  Prevent tenta poñervos na pel das persoas con discapacidade a través do seguinte vídeo onde, partimos de situacións tan absurdas que ata resultan divertidas, pero que queren provocar un cambio importante: unha nova mirada cara á discapacidade e a conciencia de que a peor barreira a superar está en cada un de nós, nunha mirada equivocada, nunha esaxeración da axuda ofrecida, nos nosos medos e  preconceptos.
FONTE: Fundación Prevent

CONTO INFANTIL PARA CONCIENCIAR SOBRE A VIOLENCIA CONTRA A INFANCIA CON DISCAPACIDADE

Violencia é calquera dano físico, mental ou emocional que impide o desenvolvemento normal do neno e o seu benestar físico e psicolóxico.


O obxectivo principal de Save the Children consiste en evidenciar o problema da violencia contra a infancia con discapacidade como unha secuela para erradicar na nosa sociedade, que provoca graves consecuencias nos nenos e nenas, a través dun material didáctico.


O conto 'Marcela, a inventora de palabras' diríxese a nenos e nenas con ou sen discapacidade e ás súas familias, para concienciar sobre este problema social e contribuír a eliminar os estereotipos habitualmente asociados á infancia con discapacidade. Ademais, o conto está pensado tamén para contribuír a que as nenas e nenos con discapacidade saiban identificar as violencias e poder pedir axuda.



A continuación amosamos o conto de Marcela en lingua de signos.



É un proxecto de  Save  the  Children en colaboración co  CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade).

                                                                                                        FONTE: Save the Children. CERMI

VÍDEO. FRENO URXENTE! REFLEXIÓN

Tyson  Almond  coreografió esta peza despois de coñecer a unha moza nunha cadeira de rodas hai un ano. A súa historia realmente conmoveuno ata o punto de crear esta coreografía. 

Ela foi unha bailarina toda a súa vida e estaba a facer o seu camiño para converterse en bailarina profesional antes de que ocorrese un tráxico accidente onde perdeu o movemento do seu corpo inferior. Tivo que despedirse dos seus soños de bailar na cidade de Nova York como profesional. 

Esta historia conmoveuno por moitas razóns. Hai persoas neste mundo que darían calquera cousa por bailar unha vez máis, nunca pensamos nisto porque estamos moi atrapados na nosa propia vida e voráxine; pero ás veces necesitamos ter un momento  e pensar.......   


Emily Marshall - Paralizada (Coreografía de Tyson Almond)



FONTECarmodance

PANDEMIA. CINE PARA MELLORAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL



FONTE: educación 3.0

RELAX PARA A FIN DE SEMANA. VÍDEO



FONTE: Infinite Flow - An Inclusive Dance Company

PANDEMIA. COVID-19 PREVENTION. NENAS E NENOS PODEN SAÍR PASEAR. VÍDEOS








FONTE: Ministerio Sanidade

PANDEMIA. CINE EN TEMPOS DE CRISIS

 GABY

Gabriela  Brimmer, poetisa e escritora, naceu cunha parálise cerebral que lle impedía calquera tipo de movemento ou expresión, salvo as realizadas co pé esquerdo, que conseguiu adestrar para poder comunicarse  tecleando con el sobre unha máquina de escribir. 











FONTE:Olga Sierra Cuadrillero

 Carne Trémula (España, 1997)


Cumprindo o seu deber, David cae abatido; en gratitude, Elena casa con el e asume a súa nova condición de vida, ata que se atopa de novo con Víctor, quen chega a abrir a Caixa de Pandora.

El Bulto (México, 1991) Lauro esperta 20 anos despois do coma no que caeu a tarde negra do Xoves de Corpus. Nin o seu corpo, nin a súa familia, nin a sociedade son as mesmas que el lembra e terá que sobrevivir á súa nova realidade. 

Born on the Fourth of July (EUA, 1989). Nacido el 4 de Julio

Resultados de la búsqueda

Resultados web

É a autobiografía dun veterano da guerra de Vietnam, con moitas consecuencias na súa saúde, que se converteu en activista contra a guerra ao regresar ao seu pobo natal. Vai recuperando o sentido da súa vida 

My Left Foot (Irlanda, 1989). Mi pié izquierdo




Christy  Brown nace no medio dun panorama desolador: con  tetraplexía e nunha familia pobre. Pero a súa nai será a  catapulta que volva a  Christy o mellor ser humano que puido ser.










FONTE: Atendiendo necesidades: "El bosque sería muy triste si sólo cantaran los pájaros que mejor lo hacen"

PANDEMIA. ENLACES DE ACTIVIDADES PARA DISFUTAR E APRENDER





LEYENDO LEYENDO, DISFRUTO Y APRENDO: BLOG DE PROMOCIÓN DA LECTURA. COMPÁRTENSE contos, fábulas, poesías, historietas, vídeos, PDF, actividades dixitais, ......
FONTE: Carmen Elena Medina







As clásicas sopas de letras, actividades de estimulación cognitiva para traballar a atención, adiviñas, cancións, chistes, contos, cuestionarios, vídeos,....., e mil formas máis de xogar aprendendo

                                 FONTEChiquipedia.com



Laberintos, atención..............e máis actividades




LA RECETA DESORDENADA de JÉSSICA RODRÍGUEZ PIÑEIRO (profe en Tomiño-PONTEVEDRA)



FONTE: Actiludis

FRANCESCO TONUCCI. VÍDEO.




O psicopedagogo italiano asegura que este encerro amosa "aínda máis" que a escola non funciona.



"Non perdamos este tempo precioso dando deberes" (F. Tonucci)

FONTE: El país

VÍDEO. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A TRAVÉS DO BALLET


Crer, persistir e insistir... un deses videos que move o corpo e o corazón! 



FONTE: Livia Leardini 



CINE XUVENIL NADAL

Rory O'Shea was here 

Traducido: BAILO POR DENTRO



'Rory O'Shea Was Here (Inside I'm Dancing)' conta a historia de dous mozos que se enfrontan a máis retos que a maioría da sociedade, pero que grazas a eles aprenderán leccións valiosas acerca da vida e do amor nesta comedia dramática.
Un deles é Michael Connolly, un vinteanerio que sofre parálise cerebral, polo que está condeado a pasar o resto da súa vida sentado nuha cadeira de rodas. Ademáis, moi pouca xente é capaz de entender todas aquelas cousas intelixibles que pronuncia. O outro é Rory, que a pesar de que tampouco pode andar, loitará por acadar a independenza de ambos para vivir sós no seu propio fogar. Siobhan, unha inexperta enfermeira axudaraos nesta empresa inesquecible.


Gabi, una historia verdadera (online)

Gabriela  Brimmer, poetisa e escritora, naceu cunha parálise cerebral que lle impedía calquera tipo de movemento ou expresión, salvo as realizadas co pé esquerdo, que conseguiu adestrar para poder comunicarse  tecleando con el sobre unha máquina de escribir. 
( FILMAFFINITY)




INTOCABLE (online)
O protagonista é un home de clase alta que quedou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente. Un bó día contrata como asistente persoal a un inmigrante dun barrio marxinal que acaba de saír do cárcere. Os contrastes entre ambos crean unha película entretida, chea de risos e bos momentos e intencións.










ELIMINAR BARREIRAS, DERRIBAR MUROS. VÍDEO

 Déstevos conta de cántos muros hai ao noso rededor?




FONTE: Neuronas en crecimiento