Amosando publicacións coa etiqueta emprego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emprego. Amosar todas as publicacións

FORMACIÓN E EMPREGO

O desenvolvemento profesional das persoas con discapacidade é unha vía de integración e inclusión na sociedade. Pero, a veces, unha vía infestada de posibles dificultades na que unha boa formación é determinante para asumilas e superalas.


O Programa Por Talento é un grupo de medidas para mellorar a formación e o emprego de persoas con discapacidade.

Por Talento está xestionado por Inserta EmpregoInserta Emprego é unha entidade da Fundación ONCE.


Inserta Emprego é experta en emprego e empregabilidade de persoas con discapacidade.


Por Talento


Por Talento. Candidatos

FONTE:


CORTE INGLÉS E FUNDACIÓN ONCE ÚNENSE PARA DAR EMPREGO A PERSOAS CON DISCAPACIDADE. NOTICIAS.

O Corte Inglés e Fundación ONCE únense para dar emprego a 500 persoas con discapacidade

O Corte Inglés e a Fundación ONCE asinaron a renovación do Convenio ‘INSERTA’ co obxectivo de incorporar a máis de 500 persoas con discapacidade nos próximos cinco anos. Estas contratacións sumaranse ás xa existentes en virtude dos distintos acordos asinados coa fundación.

Así, O Corte Inglés renova a adhesión ao Programa ‘INSERTA’ da Fundación ONCE co obxectivo de seguir impulsando a inserción laboral de persoas con discapacidade no seu persoal, despregando accións que, no marco da Responsabilidade Social Corporativa, contribúan á mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade.


Neste sentido, O Corte Inglés contará co programa ‘INSERTA’ para a preselección de candidatos para cubrir os novos postos de traballo que se vaian ofertando. Así mesmo, a incorporación de persoas con discapacidade ao persoal do Corte Inglés materializarase en termos de competitividade e en condicións laborais de mercado.

O Programa ‘INSERTA’ da Fundación ONCE diríxese a empresas que inclúen nas súas políticas estratéxicas un sistema de xestión baseado en principios de Responsabilidade Social Corporativa. Desta maneira, a compañía asegura que se canaliza a integración voluntaria das preocupacións sociais nas súas operacións comerciais e as súas relacións cos seus grupos de interese e foméntase o seu compromiso co colectivo de persoas con discapacidade.

O acordo foi asinado polo director xeral de Recursos Humanos do Corte Inglés, Manuel  Pinardo Porta e polo director xeral da Fundación ONCE, José Luis Martínez  Donos

FONTE: COCEMFE. Castilla y León.

CONCURSO OPOSICIÓN PARA PROFES DE SECUNDARIA, MESTRES, ADQUISICIÓN DE NOVAS ESPECIALIDADES .... PARA 2017

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 18 de abril e finaliza o 9 de maio de 2017





OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA PROFESORADO

EcaTIC APLICACIÓN QUE FACILITA A INCORPORACIÓN AO EMPREGO

EcaTIC é unha aplicación para tabletas que facilita unha 

incorporación laboral mellor e máis eficiente a través do 

Emprego con Apoio mediante o uso das TIC.


CONCURSO OPOSICIÓN 2016

ORDE do 4 de abril de 2016 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

1.- CURRICULUM VITAE. BÚSQUEDA DE EMPREGO.

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia propón unha serie de axudas á hora da búsqueda de emprego das que podémonos aproveitar. Así, propón as seguintes tarefas que debes saber cando vaias a pedir un traballo:

1º.- O curriculum vitae ben elaborado. Tipos.



FONTE: FEAFES Galicia

2.- CARTA DE PRESENTACIÓN. BÚSQUEDA DE EMPREGO


2.- Como has de facer a carta de presentación. Modelo.


FONTE: FEAFES Galicia

3.- ENTREVISTA DE TRABALLO. BÚSQUEDA DE EMPREGO.


3.- Como tes que facer a entrevista de traballo. Guión para a entrevista.


FONTE: FEAFES Galicia

4.- GUÍA PARA A BÚSQUEDA ACTIVA DE EMPREGO. REPASO DOS 4.



4.- Guía para a Búsqueda Activa de Emprego
Guía Base Atualizada Hacia a búsqueda de emprego



REPASAMOS OS 4 PASOS:



A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia propón unha serie de axudas á hora da búsqueda de emprego das que nos podemos todos  podémonos aproveitar. Así propón as seguintes tarefas que debes saber cando vaias a pedir un traballo:
1º.- Tipos de curriculum vitae.



2.- Modelo de carta de presentación



3.- Guión para a entrevista de traballo


4.- Guía para a Búsqueda Activa de Emprego
FONTE: FEAFES Galicia

BÚSQUEDA DE EMPREGO E FORMACIÓN

x.talento é unha plataforma de búsqueda de emprego e formación para persoas con discapacidade

PROGRAMA INSERTA PARA INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Fundación ONCE, ante a necesidade de aunar esforzos e adoptar proxectos e accións dirixidas a promover e posibilitar a inclusión plena das persoas con discapacidade na sociedade, desenvolve programas como o Programa INSERTA, a través do cual, identifica socios estratéxicos para o desenvolvemento de accións que posibiliten a inserción laboral directa de persoas con discapacidade no seo de empresas de recoñecido prestixio e pertencentes aos máis diversos sectores económicos.

Os ámbitos de actuación do Convenio INSERTA, son:
  • Como eixo fundamental, o desenvolvemento de Proxectos estratéxicos de xeración de emprego directo e promoción da formación de persoas con discapacidade.
  • Y como eixos complementarios :
    • Integración laboral indirecta.
    • Impulso de accións no ámbito da accesibilidade de bens e servizos.
    • Inclusión de accións e estratexias en torno á discapacidade nos plans de responsabilidade social das grandes empresas.
    • Accións de difusión e sensibilización social.
    • Impulso, promoción e patrocinio de accións que contribúan á inserción laboral.
    • Proxectos que contribúan á mellora do colectivo das persoas con discapacidade.
    • Calquer outro de análoga natureza que sirva para favorecer os obxectivos sociais perseguidos polos firmantes.

ENLACES DE INTERÉS PARA CONTRATACIÓN LABORAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

INTERESANTES ENLACES QUE NOS PODEN AXUDAR A ATOPAR UN TRABALLO