Amosando publicacións coa etiqueta dislexia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dislexia. Amosar todas as publicacións

LECTURAS DISLEXIA. INFANTIL, PRIMARIA

Idade recomendada: a partir de 3 anos

Sam é un neno que nos di que non lle gusta ler, escribir nin facer cálculos. Á súa nai tampouco lle agradaba cando era pequena. Ambos teñen  dislexia, unha dificultade de aprendizaxe que fai que xusto o que non lle gusta facer a Sam, resúltelle máis difícil. Pero Sam sempre lembra o que a súa tía lle dí, que moitas persoas famosas e importantes foron e son  disléxicas. Unha serie de exemplos  bellamente ilustrados animarán a San a pensar que pode superar todas as súas dificultades e facer o que queira na súa vida.



FONTE: Ediciones Jaguar

Idade recomendada: a partir de 3 anos

A Branca cústalle moito ler: confunde as letras, cambia as  sílabas e substitúe unhas palabras por outras. Xunto cos seus pais, acode á consulta de Adriana, unha  logopeda que lle marcará unhas pautas que axudan moito a Branca a superar as súas dificultades. 

Conto que axuda aos nenos para entender a  dislexia, ademais de levar pautas para os pais e educadores.


FONTE: Autora: Lidia Arroyo. Editorial: Salvatella 

PROTOCOLO PARA A INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA DA DISLEXIA E OUTRAS DIFICULTADES ESPECÍFICAS DA APRENDIZAXE

PROTOCOLO PARA A INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA DA DISLEXIA E OUTRAS DIFICULTADES ESPECÍFICAS DA APRENDIZAXE
FONTE: Xunta de Galicia

11 APPS PARA TRABALLAR A DISLEXIA

Moitos profesores de Educación especial e mestres de audición e linguaxe, enfrontanse  día a día cos  problemas relacionados coa lectura e escritura de moitos alumnos. Algúns deles foron diagnosticados como disléxicos pero en todo caso a etiqueta non é o esencial. O primordial é darlles unha axuda para que poidan paliar ou resolver eses problemas. Neste sentido os dispositivos dixitais poden ser moi importantes para este traballo. Vamos a apuntar unha serie de apps para dispositivos iOS que consideramos de gran interese. 


Piruletras: A súa autora é Clara Bayarri. En principio pódese descargar gratuitamente, aínda que ofrece compras específicas dentro da app. Piruletra (Dyseggxia en inglés) é un xogo que axuda aos nenos con dislexia a superar os seus problemas de lectura e escritura a través de xogos divertidos. Piruletras ofrece:
  • Máis de 5.000 exercicios diferentes de palabras (2.500 en español e 2.500 en inglés).
  • 5 niveis de dificultade.
  • Gráficos de evolución da aprendizaxe.
  • Cada nivel ten exercicios de 6 tipos: inserción, omisión, substitución, separación de palabras e transposición.
Palabras dominó Free: Xogos de letras para os nenos e os maiores. O obxectivo do xogo é formar palabras coas sílabas propostas. Para cada xogo as palabras pertencen a unha categoría. Ten 3 niveis de dificultade con máis de 600 palabras. Ten opción de compra por 0,99 euros.


Busca las letras. É un xogo para mellorar a percepción visual e espacial. Con máis de 12 divertidos xogos trabállase : posición no espazo, percepción figura ? fondo, discriminación de formas e concentración e atención. Ten catro niveles de dificultade baseados na forma similar de letras e figuras. Ten versión de pago por 4,99 euros.

Lee paso a paso free – Mis primeros ejercicios para leer Español. Os meus primeiros exercicios para ler Español. Traballa a aprendizaxe dos sons das vocais e identificando sílabas para formar palabras. Co uso de imaxes, letras e palabras o nenos poderán ir adquirindo as habilidades necesarias de lectura. Aprender mediante xogos e obtención de premios, identificación e uso de sílabas para formar palabras, asociar palabras cos seus debuxos, completar as palabras coas sílabas que faltan. Ten tres niveles Paso a paso, práctica e experto. Ofrece compras dentro da app. Compleméntase con Lee paso a paso  2 Free – Exercicios para aprender a ler Español.

Dislexia Ejercicios prácticos. App que custa 3,99 euros, cun deseño práctico e bonitas cores. Posibilidade de elixir cor de texto e de fondo (moi importante para que o que se ve quede gravado no cerebro). Tamén permite agrandar ou diminuír o tamaño dos textos mediante zoom. Dispón de 5 grandes bloques que conteñen entre 4 e 8 actividades cada un. Os exercicios están agrupados en bloques progresivos: consonantes, audición e lectura, sílabas, palabras e frases.


Visual attention Therapy lite. A aplicación pódese utilizar para mellorar a lectura, o recoñecemento de conceptos, a concentración, a memoria, a atención e a velocidade. É unha mostra gratuíta da aplicación completa. A aplicación está en inglés pero é fácil traballar con ela con persoas de lingua castelá. A versión completa custa 9,99 euros.

Sopa de sílabas. Esta app custa 0,99 euros. A versión completa contén máis de 3000 palabras e 14 temas. Cada carta contén unha sílaba pertencente a unha palabra, voltea as cartas para xuntar sílabas e formar palabras dunha lista. Cando se repiten sílabas o debuxo asignado á palabra deberá coincidir en todas as sílabas. Tamén permite, a partir de iOS 7 e posteriores, escoitar a pronuncia da palabra en castelán.


Loco letras cursiva. Permite practicar a escritura de letras cursivas. Ten niveis de dificultade que se van liberando conforme vanse completando correctamente os propostos. As palabras soan fonéticamente no idioma seleccionado. A app custa 3,99 euros.

Tembo el pequeño elefanteLibro interactivo e xogos de memoria, custa 2,99 euros. É un libro interactivo para nenos maiores de 3 anos. O libro inclúe xogos multilinguaxe para mellorar o vocabulario: memoria, atópame, quebracabezas. É unha aplicación producida por BubbleBooks.


Voice Dream Reader.  App que custa 9,99, máis a posibilidade de comprar novas voces. É unha aplicación para nenos maiores con graves dificultades de lectura e de comprensión dos conceptos, xa que poderán escoitar as leccións e os contidos educativos que a aplicación lles irá lendo. Permite a carga de textos en pdf, documentos de word, textos copiados da web etc.  Pódese sincronizar con ficheiros gardados en Google Drive ou Dropbox e páxinas web salvadas en Pocket, Instapaper ou Evernote. Tamén permite o resaltado sincrónico da palabra e a liña que se está lendo, e personalizar o tipo de letra (incluíndo o OpenDyslexia).


ClaroSpeak Español: É un conversor de texto a voz de alta calidade con distintos tipos de voz humana. Costa 10,99 euros. Brinda a opción de resaltado visual sincronizado coa articulación das palabras. Ten unha ampla variedade de axustes de cor e fonte para facilitar a lectura e tamén predición de palabras. Sincronízase con Google Drive e Dropbox. Permite o axuste da velocidade da voz. Permite o cambio da cor e tamaño da fonte. Permite gardar en audio os textos lidos. Como a anterior, é unha app para axudar no estudo e comprensión dos contidos do currículo para alumnos con graves dificultades de comprensión da lectura.


                                                                                                                            FONTE: Celestino Arteta en 

TEST PARA A EXPLORACIÓN DA DISLEXIA

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e cuxo orixe parece derivar dunha alteración do neurodesenvolvemento.





Test para exploración de la dislexia (TEDE)




FONTE: orientación andújar

A ATENCIÓN AO ALUMNADO CON DISLEXIA NO CONTEXTO DAS NEAE

A atención ao alumnado con dislexia no contexto das NEAE. 177 Páx. CNIIE 


1.Introdución........................................................................................... 9
2. Deseño do estudo................................................................................. 11
3. Marco teórico da dislexia........................................................................ 23
3.1 A dislexia. Conceptualización xeral.......................................................... 23
 3.1.1 A dislexia é un trastorno específico......................................,................. 26
 3.1.2 A dislexia é de orixe neurobiológico....................................................... 27
 3.1.3 A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura ligado á linguaxe.......27
 3.1.4 A dislexia afecta á execución lectora...................................................... 27
 3.1.5 Características e tipos de dislexia.......................................................... 28
 3.1.6 Prevalencia..................................................................................... 29
3.2 Modelos de lectura.............................,,................................................ 29
 3.2.1 Modelos evolutivos............................................................................ 30
 3.2.2 Modelos de lectura experta.................................................................. 31
3.3 Alteracións neurobiológicas e cognitivas na dislexia....................................... 32
 3.3.1 Alteracións neurobiológicas na dislexia.................................................... 32
 3.3.2 Alteracións cognitivas na dislexia........................................................... 34
3.4 Manifestacións da dislexia no comportamento.............................................. 35
 3.4.1 Dificultades previas á lectura............................................................... 35
 3.4.2 Dificultades lectoras.......................................................................... 36
 3.4.3 Factores socio-emocionais e atencionales asociados á dislexia........................ 37
3.5 Diagnóstico e intervención na dislexia........................................................ 38
 3.5.1 Factores de risco.............................................................................. 39
 3.5.2 Probas estandarizadas para avaliar a dislexia............................................ 39
 3.5.3 Avaliación de procesos....................................................................... 40
 3.5.4 Intervención ................................................................................... 40
 3.5.5 Modelo de resposta á Intervención (RtI) .................................................. 41
4. Panorama actual da atención ás dificultades específicas de aprendizaxe e á dislexia nol sistema educativo español ................................................................... 45



RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA





7 recursos educativos para traballar a dislexia




FONTE: Tiching

COMO AXUDAR AO MEU FILLO DISLÉXICO

Como axudar ao meu fillo con dislexia desde casa.
FONTE: El rincón de aprender

XORNADAS DE DIFICULTADES DE LECTOESCRITURA - 1 E 2 DE XUÑO

Madrid con la Dislexia presenta estas Xornadas baixo o lema: "A lectura ao alcance de todos: todos lemos, todos aprendemos."
Aberto o prazo de inscripción. 
Celebraranse na Universidade Complutense de Madrid.


FONTE: COPOE

10 SÍNTOMAS QUE AXUDAN A IDENTIFICAR A DISLEXIA PARA REALIZAR UN BO TRATAMENTO

A dislexia é unha síndrome que afecta tanto a lectura como a escritura, debido ao mesmo, os nenos non poden ter unha boa memorización, nin unha correcta aprendizaxe dos temas lidos. Inicialmente non é fácil identificar o problema, pero poñendo un pouco de coidado aos síntomas que axudan a identificar a dislexia, nomeados a continuación pódese obter un diagnóstico e solución.

Os pais deben ter un seguimento axeitado da aprendizaxe dos nenos, para que así se desenvolvan dunha forma apropiada. A dislexia aínda que non presente grandes problemas físicos, pode causar que os nenos non se desenvolvan cognitivamente de forma apropiada e que se illen dos compañeiros tendo en conta a súa incapacidade. 

1.- Non poden entender algunhas letras. Un dos síntomas que axudan a identificar a dislexia e que se presentan na maioría de casos, é que os nenos non identifican as letras, o que xera que non teñan unha lectura fluída ou unha fácil interpretación da mesma.

2.- Mala estruturación das palabras. Ao non identificar de forma apropiada as letras dificúltaselle crear palabras e frases de forma correcta. De igual maneira, ter unha boa ortografía aínda que se lle ensine claramente, resulta un pouco difícil.

3.- Non poden asociar uns fonemas con outros. Os nenos con problemas disléxicos poden relacionar as letras de forma apropiada, pero, poden presentar dificultades para relacionar as palabras, para ter unha correcta lectura e comprensión da mesma.

4.- Non percibir os sons en forma clara. Un dos síntomas que axudan a identificar a dislexia é que non perciben ben o que se lles di. Os exames médicos indican que o oído está ben, con todopero, cando se lles fala non identifican de forma clara a mensaxe proporcionada.

5.- Os nenos con dislexia presentan torpeza nos movementos, falta de ritmo e equilibrio, o que trae moitos problemas para o desenvolvemento apropiado para os mesmos.

6.- Falta de atención. Por mor de que aos nenos dificúltaselles entender a mensaxe transmitida de forma escrita e oral, mostran desinterese por prestar atención nas clases. Isto pódese percibir como rebeldía pero en realidade é un dos síntomas desta síndrome.

7.- Non poden durmir ben. Outro síntoma ao que se lle debe prestar atención é que os nenos con dislexia non poden durmir ben, xa sexa que non poidan quedar durmidos ou se esperten facilmente.

8.- Non pode expresarse ben. En ocasións os nenos con este síntoma poden mostrarse retraídos ou tímidos, pero en realidade o que sucede é que non saben como expresarse ben, para dar a coñecer o que pensan.

9.- Non poden manexar a memoria a curto prazo. Outro dos síntomas que axudan a identificar a dislexia é que non se ten unha boa  memoria a curto prazo é dicir, os nenos acórdanse de sucesos de hai algún tempo, pero, resúltalles difícil acordarse da clase do día anterior.


 10.- Son variables. Os cambios de comportamento nos nenos con esta síndrome son moi comúns.
FONTE: educapeques

25 RECURSOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA

25 recursos para traballar a DISLEXIA
FONTE: educación 3.0

DISLEXIA. PREVENCIÓN DE DIFICULTADES DE LECTOESCRITURA


O alumno con dificultades en lectoescritura non só ten problemas na área de Lingua e Literatura, senón tamén no resto das áreas. O atraso lector ou escritor non só entorpece o progreso escolar senón que ten efectos a longo prazo; o fracaso escolar é o primeiro banzo para o fracaso social polos seus efectos no autoconcepto e autoestima dos nenos, nas súas metas e aspiracións, nas súas relacións sociais e na toma de decisións relativas ao seu futuro académico e profesional.

Coñecendo os procesos lectoescritores, estaremos en mellores condicións para comprender os trastornos que se producen no curso da súa adquisición e previr a súa aparición, así como favorecer a súa correcta aprendizaxe. Para iso, debemos coñecer as relacións entre a linguaxe oral e escrito e os procesos cognitivos implicados no seu desenvolvemento.

FONTE: Orientación Andújar

DISLEXIA E LATERALIDADE

Podemos clasificar a lateralidade dunha persoa, en función da preferencia de man, pé, ollo e oído. 
A lateralidade atópase organizada cando as 4 partes do corpo mencionadas atópanse definidas no mesmo lado do corpo. No caso de non ser así, é cando poden aparecer dificultades na aprendizaxe da lectoescritura e das matemáticas.
Pero comprendamos ben antes, qué función desempeña cada hemisferio…
O hemisferio dereito ocúpase da percepción e comprensión global e do extralingüístico. O hemisferio esquerdo, polo contrario, ocúpse da interpretación e codificación da información e do lingüístico. Ambos, sen embargo, están conectados por unha estructura chamada corpo caioso que activa ou inhibe as áreas contralaterais en función da tarefa que quere levarse a cabo.
Por outro lado, e, en estreita relación coa lateralidade, cada hemisferio recibe a información, tanto motora (man e pé),  como sensorial (oído e ollo) da parte contralateral do corpo.
IMAXES
a) Vía motora (man)
b) Vía sensorial (ollo)
 

TIPOS DE LATERALIDADE
Destro: Preferencia do lado dereito en man, pé, ollo e oído.
Zurdo: Preferencia de lado esquerdo en man, pé, ollo e oído.
Zurdería contrariada: O lado esquerdo é o dominante pero por influencias sociais e culturais (ou outros motivos), utilízase o lado dereito (normalmente a man).
Ambidextrismo: Utilización coa mesma eficacia dos dous lados do corpo.
Lateralidade cruzada: Cando man, pé, oído e ollo non se sitúan no mesmo lado do cuerpo (por exemplo: preferencia man e pé esquerdos e oído e ollo dereitos).
Lateralidade sen definir: Cando non existe un patrón definido e estable.
QUE OCURRE CANDO A LATERALIDADE É CRUZADA?
Cunha dominancia ben establecida en ollo (nivel sensorial) e man (nivel motor), poñamos neste caso, destra, ocurriría o seguinte:
Información con preferencia visual destra. Dita información procesaa o hemisferio esquerdo (que se encarga dos detalles e das tarefas lingüísticas) e a nivel motor responde a man dereita.
Pero na lateralidade cruzada (no caso máis frecuente de dominancia destra en man e pé e zurda en ollo e oído) ocurre o seguinte:

Neste caso, hai unha preferencia visual en ollo esquerdo. A información visual procedente do ollo esquerdo a procesa o hemisferio dereito (que se ocupa do global e do non lingüístico) e a resposta motora prodúcese coa man dereita, que é a dominante.
Por tanto, non ten sentido que nestes casos aparezan dificultades na lecto-escritura, xa que as letras se diferencian, entre outras cousas, pola súa orientación lateral?
Cántos nenos e nenas vimos que teñen dificultades coas letras /d/, /b/ ,/q/ ,/p/?
Ten lóxica: existe un predominio hemisférico diferente entre a información visual que perciben e a súa  resposta grafomotora.
Significa iso que ten dislexia?
Non necesariamente, pero é un factor de risco importante a ter en conta.
Significa iso que calquera neno ou nena con dislexia vai ter unha lateralidade mal establecida?
Poden verse casos nos que sí e outros nos que non. Por tanto, non é unha condición sine qua non.
Poden aparecer outras dificultades debido a unha lateralidade mal establecida?
Sí, moitas máis. Entre elas dificultades na estructuración espacial, na planificación, na memoria a corto plazo, nas matemáticas, no procesamento da información (xa que se realiza por un camiño máis longo que require maior tempo, recursos neuronales, etc).
Por estes motivos, é importante que valoremos a lateralidade do noso alumnado (hai formas moi sinxelas de poder facelo) e non sobrediagnostiquemos e/ou etiquetemos de dislexia únicamente pola escrita en espello ou a confusión entre /b/,/p/,/d/, /q/. Hai moitos máis aspectos a considerar.
FONTE: María Benavent

10 APPS PARA ALUMNADO CON DIFICULTADES ESPECÍFICAS DE APRENDIZAXE


         10 APPS PARA DEA                    




Modmath.- Para que os nenos con disgrafía podan resolver problemas matemáticos sen utilizar lápiz nin papel.





Voice Dream Reader.- Pensada para os nenos (e adultos) con problemas de lectura como a dislexia, déficit de atención ou hiperactividade, así como problemas de visión. Lé con voz sintetizada os textos que aparecen na pantalla: desde PDFs a documentos de Word, libros electrónicos, artígos ou páxinas web. 


Tembo, o pequeno elefante.- Un libro interactivo para iPhone e iPad dirixido a nenos maiores de 3 anos. Esta aplicación facilita a aprendizaxe da lectura dos máis pequenos e respecta os parámetros de inclusión educativa, o que permite adaptar a lectura do conto ás capacidades de cada neno, sexan cais sexan as súas necesidades de aprendizaxe. 



Visual Attention Therapy Lite.- Una app diseñada para mellorar a lectura, o recoñecemento de conceptos, a concentración, a memoria, a atención e, a velocidade! Competencias para atopar letras e símbolos con diferentes niveis de dificultade – é perfecta para terapeutas, pacientes con lesións cerebrais e con dislexia.

Alex aprende a ordenar.- Esta app para iOS e Android, que se diseñou para traballar a atención e a capacidade de concentración dos nenos, resulta de gran axuda para os alumnos con patoloxías de trastorno de atención con ou sen hiperactividade (TDA ou TDAH). Ademáis, impulsa ao estudante a desenvolver a lóxica e a clasificar obxectos nas categorías que lles correspondan, así como a traballar a psicomotricidade fina. Ofrece catro niveis de velocidade para adaptarse á idade do alumno e ao seu nivel de habilidade coas mans.
Alphabetics.- Baseada no método multisensorial para a aprendizaxe dos fonemas, esta app para iOS e Android ofrece xogos que inclúen o ouvido, a vista, características táctis e a pronunciación. Pódese empregar como unha ferramienta de reforzo para mellorar os programas ou como ferramenta especializada para la dislexia. Como funciona? A través dunha serie de exercizos sinxelos, os nenos esccoitan, pronuncian e identifican a letra. Ofrece informes sobre o progreso do alumnado.
FONTE: Educación 3.0