Como coidas aos demais?
* Se toses tapate cun pano ou co brazo. Logo, tira o pano ao lixo enseguida.
* Se tes tose, febre ou dificultade para respirar chama ao médico.
Os médicos diranche o que tes que facer.
Queda só na túa habitación para non contaxiar aos demais.
Se tes que ver a outras persoas, ponte unha máscara.
* Se estás enfermo evita o contacto directo con outras persoas.
Non abraces, nin biques a outras persoas, podes contaxiarlles.
* Se estás a coidar a unha persoa que ten a enfermidade podes usar máscara.
As máscaras de papel só pódense usar unha vez. Logo tes que tirar esas máscaras ao lixo.
Tratamento da enfermidade
Aínda non hai un tratamento para curar a enfermidade causada por COVID-19.
Os médicos usan medicinas para mellorar os síntomas.
Os médicos din que non se deben usar antibióticos.
Que é a corentena?
A corentena é o tempo que as persoas están illadas para previr contaxios dunha enfermidade.
As persoas deben estar na casa.
Non deben visitar a familiares ou amigos noutras casas.
Non poden saír ata que termine o tempo de corentena.
Ao contaxiarche por COVID-19 pasan uns días ata que tes síntomas.
Unha persoa pode estar enferma e estar ben ao principio.
Pero durante eses días esa persoa enferma xa pode contaxiar aos demais.
Os días desde que te contaxias ata que tes síntomas chámase “período de incubación”.
Os médicos din que unha persoa con COVID-19 pode tardar en ter síntomas entre 1 e 14 días.
O normal é que unha persoa con COVID-19 teña síntomas aos 5 días do contaxio.
Corentena en España
Os gobernos de moitos países puxeron en corentena aos cidadáns do país.
Durante a corentena as persoas non poden saír das súas casas.
En España estamos en Estado de Alarma polo coronavirus.
O Estado de Alarma é necesario para que esteamos en corentena.
Pecháronse colexios, bares, restaurantes e hoteis.
O presidente do Goberno dixo que non debemos saír de casa.
Así evitamos contaxiarnos e contaxiar aos demais.
Só pódese saír de casa para:
* Ir ao médico.
* Ir comprar ao supermercado, a farmacia, o estanco ou tinturerías.
* Ir traballar se é necesario.
* Pasear ao can.
* As persoas con discapacidade se o necesitan pola súa saúde.
Por exemplo, hai persoas que necesitan pasear.
As persoas con discapacidade que necesiten saír de casa deben levar a súa tarxeta de discapacidade para ensinarlla á policía.
Tamén poden levar un informe do médico que poña que teñen que saír.
A xente que non cumpre a norma e sae de casa sen motivo ten que pagar unha multa.
A Policía vixía ás persoas para que cumpran a corentena e queden nas súas casas.
A corentena comezou o día 14 de marzo.
A corentena de momento, alóngase ata o 11 de abril.
As persoas con enfermidades crónicas non teñen que ir ao ambulatorio
a por as súas receitas.
As receitas das medicinas renóvanse na tarxeta automaticamente.
Así se evitan máis contagios.
Teléfonos de atención sobre coronavirus
Se tes febre ou tose quédache na casa e chama ao teléfono da túa comunidade sobre coronavirus:
- Andalucía. 900 400 061 / 955 545 060.
- Aragón. 976 696 382.
- Asturias. 900 878 232/ 984 100 400 / 112 y marcar el 1
- Canarias. 900 112 061.
- Cantabria. 900 612 112.
- Castilla-La Mancha. 900 122 112.
- Castilla y León. 900 222 000.
- Cataluña. 061.
- Comunidad de Madrid. 900 102 112.
- Comunidad Valenciana. 900 300 555.
- Ceuta. 900 720 692.
- Extremadura. 112.
- Galicia. 900 400 116.
- Islas Baleares. 061.
- La Rioja. 941 298 333.
- Melilla. 112.
- Murcia. 900 121 212.
- Navarra. 948 290 290.
- País Vasco. 900 203 050.
FONTE: Traducido de discapnet. ONCE