Amosando publicacións coa etiqueta ergonomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ergonomía. Amosar todas as publicacións

(5) POSICIÓN CORRECTA PARA A POSICIÓN DA ESPALDA


(4) POSICIÓN CORRECTA PARA A POSICION DA ESPALDA


(3) POSICIÓN CORRECTA PARA A PROTECCIÓN DA ESPALDA


(2) POSICIÓN CORRECTA PARA PROTECCIÓN DA ESPALDA


(1) POSICIÓNS CORRECTAS PARA PROTECCIÓN DA ESPALDA


CEAPAT. PRODUCTOS DE APOIO ELABORADOS POLOS USUARIOS

Nesta páxina web, CEAPAT ofrece ideas de adaptacións e axudas caseiras elaboradas por persoas con discapacidade ou redes de axuda, ou, por persoas maiores con dificultade para o movemento




ADAPTACIÓNS MÁIS FRECUENTES NA MESA DE TRABALLO


Fundamentalmente destacaremos:

  • Hendidura no taboleiro de traballo. 
  • Regulable na altura.
  • Mesas de plano inclinado coa posibilidade de graduar a inclinación (favorecen o mentemento da cabeza erguida).



   

ADAPTACIÓNS MÁIS FRECUENTES NAS CADEIRAS DE TRABALLO



  • Repousacabezas  
  • Controis laterais para o tronco.
  • Taco separador no asento para evitar que os xeonllos se xunten ou se crucen as pernas.
  • Repousabrazos.
  • Repousapés.
  • Rodas para facilitar o seu traslado polo aula.



Entradas de CADEIRAS


Repousacabezas






ORIENTACIÓNS RELACIONADAS CO CONTROL E CAMBIOS POSTURAIS


CONTROL POSTURAL. ESTRATEXIAS XERAIS


Para as actividades escolares é importante adoptar unha postura correcta.

O alumnado ten que atoparse nunha situación estable que lle dea seguridade para efectuar as actividades que lle propoñamos. Teremos que ter presente:
                  . O control da cabeza.
                  . O control do tronco.
                  . A posición das pernas.
                  . Os movementos asociados que presente.
Procurar que o alumnado manteña unha postura simétrica.

O alumnado  que presenta deficiente control cefálico é convinte presentarlle as tarefas en plano vertical (tableiro da mesa elevado verticalmente, atril.

Hay que dirixirse ao alumnado  de fronte e á altura dos ollos para evitar a posible hiperextensión do colo que lle faga perder a estabilidade postural.

Se presenta tendencia a ladear a cabeza hacia un lado, é convinte presentarlle os obxectos e as actividades do lado contrario. Coidaremos tamén de sentar  aos compañeiros no lado contrario.

Debemos procurar que o alumno/a utilice ambas mans, debe colocalas sobre a mesa  e utilizar a menos hábil como apoio.
                  













Os xeonllos deben estar flexionados e os pés deben estar apoiados no chan ou nun repousapés (salvo que sexa desaconsellado polo fisioterapeuta).

En ocasións é preciso priorizar a realización dunha tarefa a costa de non manter unha postura correcta procurando que sexa por cortos periodos de tempo.

Para acadar a postura correcta débense realizar adaptacións no mobiliario e/ou usar mobiliario adaptado ás necesidades de control postural.

As adaptacións deben de ser o máis sinxelas posible: sempre que sexa posible faranse sobre o mobiliario escolar estándar.

As adaptacións deben respostar ás necesidades de control postural de cada alumno en particular.
É importante prever as aulas nas que va a traballar e nos espazos onde necesita utilizar o mobiliario

Visita diferentes modelos de MESAS e diferentes modelos de CADEIRAS

ERGONOMÍA e MOBILIARIO




ALUMNADO, DM, BEN SENTADO NA CADEIRA ESCOLAR (V)

1.- Se o neno esbara hacia adiante, por retroversión da pelve, podemos evitalo dispoñendo no asento e/ou no respaldo da cadeira tiras antideslizantes ou goma espuma.


2.- Se dispoñemos dunha cuña baixo o asento da cadeira, de forma que o menor ángulo coincida co óso sacro, o asento quedará inclinado, provocando unha certa flexión da pelve e elevación dos xeonllos, evitando que a pelve esbare hacia adiante.


3.- O taco separador no asiento. Trátase dunha peza de madeira ou plástico duro forrado de hule, espuma ou tela lavable que se atornilla ao asento. Evita que a pelvis escorregue e vaia a retroversión. Este taco abductor implica unha boa posición da cadeira e da columna vertebral.



   

CADEIRAS ADAPTADAS E REPOUSAPÉS. (IV)


O reposapés permite, aos alumnos e alumnas que presentan espasticidade en equino do pé, conseguir un correcto apoio plantar e como consecuencia de isto, lograr unha inhibición da espasticidade de membros inferiores. Isto favorece a súa vez unha correcta alineación da cadeira e da columna vertebral.
O reposapés ten a ventaxa de poder acoplarse ás patas dianteiras da cadeira para evitar o seu deslizamento. É regulable en altura, adaptándose ás características antropomórficas de cada neno e nena. 





Na procura dunha maior estabilidade do tronco e facilitar que o alumno/a con dificultades motoras, se sente e se erga da cadeira, elaboráronse uns repousabrazos cun sistema que permite a súa adaptación ás diferentes cadeiras escolares. 


Cadeira con separador, respaldo alto, asiento inclinado, repousabrazos e repousapés. A base de sustentación ampliouse para evitar volcos cara atrás.





    

AS VENTAXAS DUNHA BOA POSTURA


Vídeo didáctico sobre os beneficios e coidados dunha boa postura corporal

Subtitulada en español


                                                                              FONTE: 

POSTURAS ANTE O ORDENADOR. ERGONOMÍA