Xogos e Actividades para estimular e traballar a motricidade
A motricidade fina implica o control voluntario e preciso dos movementos da man e os dedos. É unha habilidade fundamental para realizar unha gran cantidade de actividades escolares.
As principais dificultades preséntanse á hora de colorear debuxos completos, dobrar e rasgar papel, modelar plastilina, usar os cubertos na comida, abrocharse e desabrocharse os botóns, recortar con tesoiras, escribir letras e outras moitas accións da vida cotiá dos nenos e nenas que requiren de precisión.
A nivel escolar outro dos factores que máis observamos é a falta de forza nos dedos e mans, é por iso que algúns dos exercicios que propoñemos van encamiñados a conseguir unha maior forza dixital ademais de precisión.
Criterios a ter en conta:
# Ter en conta as dificultades de cada neno (forza, precisión ou ambas).
# Seleccionar os exercicios comezando polos máis sinxelos para progresivamente ir pasando aos que supoñen un maior nivel de dificultade.
# Dedicar un tempo de calidade á realización dos mesmos. Os nenos non deben estar cansos nin deben ver as actividades como unha obrigación non desexada. É preciso motivarlos para facelos o mellor posible. As actividades deben ter un certo grao de funcionalidade, que sirvan para algo: facer un agasallo, decorar a habitación, superar un reto… Facer das accións cotiás exercicios de mellora.
Algúns dos máis utilizados son os seguintes aínda que tamén hai xogos e xoguetes deseñados para este fin:
‐ Xogos de coser e ensartar (botóns, figuras, letras…)
‐ Labirintos e percorridos con xoguetes.
‐ Parafusos e torcas
‐ Punzóns
‐ Xogo de pinchiños
‐ Xogos de encaixe de pezas
‐ Contos de trazos con rotulador veleda.
FONTE: imágeneseducativas