Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL. SOBRE EL RESPETO DE LAS DIFERENCIAS
Puede que te interesen:
EL SECRETO DE PABLO. ESPINA BÍFIDA. LECTURAS
Conta o día a día de Pablo cos compañeiros de cole e as aventuras que pasan xuntos.
O conto foi escrito por Emilio Soler, e as ilustracións son de Álvaro Pena, autor do cómic de “Pepe Liño e os seus colegas”.
Este material permitirá sensibilizar sobre a Espiña Bífida e as necesidades destes nenos e nenas, así como sobre a discapacidade física en xeral.
Esta lectura, descóbrenos o secreto de Pablo e as aventuras que vive cos seus amigos da escola: Marcelo, Anxo, Marta e Julia. Pablo ten un secreto que compartirá cos seus amigos.
Pablo naceu con Espiña Bífida e Hidrocefalia, EBH, como outros nenos que teñen Espiña Bífida, vai nunha cadeira de rodas de cores moi chulas que el mesmo elixiu. Pablo coa súa cadeira xoga ao baloncesto, á petanca e vai a todas partes. Outras nenas e nenos que naceron con EB necesitan uns zapatos especiais e apoiarse nuns bastóns. Pablo, ademais ten moitos amigos máis nunha Asociación onde vai algunhas tardes e todos eles contarannos isto e moito máis.
Os papás de Pablo souberon despois de que naceu que a Espiña Bífida nalgúns casos, pode previrse tomando acedo fólico polo menos tres meses antes do embarazo. Os papás de Pablo queren dicirllo a todos os pais do mundo.
FONTE: CREENA. Autor: Emilio Soler. Ilustracións: Álvaro Pena
Relacionados co tema neste blog podedes ler:
Pepe Lino y sus colegas
Puede que te interesen:
2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL III
Estes super heroes e súper heroínas son nenos e nenas coma os que enchen as nosas aulas, capaces de realizar grandes proezas no seu día a día. Todos teñen un talento especial, nós tan só temos que axudalos a descubrilo para que se sinta orgulloso do seu don e poda sacarlle o máximo proveito.
A lectura deste álbum ilustrado permite que os peques empecen a formarse unha mentalidade crítica, distanciándose do aborregamento do grupo. Está ben non axudar a alguén só porque ninguén axuda? É correcto non deixar xogar a unha nena ao fútbol? Debemos facer canalladas só porque as demais fanas?Puede que te interesen:
2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL II
Cando naceu a miña irmanciña Beatriz, a miña familia agrandouse e convertémonos en seis, ou sete, se contamos o cromosoma de máis co que ela naceu. Desde ese momento tivemos que coidala coma se fose unha bomboneira de cristal. Aínda así, sen ela, a nosa casa non sería a mesma.
Desde hai varios meses vou a unha escola de superheroes. Alí todos temos superpoderes, e a señorita Merche ensínanos a utilizalos. Así empeza este sorprendente álbum no que coñeceremos a Susi, capaz de lanzar patadas a distancia; Andrea, que pode viaxar sen moverse da súa cadeira; Johnny, con visión nocturna; ou Darius, capaz de parar o tempo.A partir de 5 anos
Puede que te interesen:
2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL I
Marian é unha tartaruga de pel rugosa con ollos limpos e tenros. Asústase se o vento sopra forte, esconde a cabeza e non a saca ata que o aire se calma. Marian levántase cedo, lávase a cara e vístese amodo. Bebe zume de limón, cepilla os seus dentes, colle a carteira e, pasiño a pasiño, camiña cara á escola. Un conto sobre a síndrome de Down.
Puede que te interesen:
ADAPTACIÓNS EN EDUCACIÓN FÍSICA PARA ALUMNADO CON NEAE - EF
2. Coñecer as actividades. Propoñer actividades variadas que sexan as mesmas que ao resto do grupo, que favorezan a inclusión e cooperativas; que promovan o establecemento de relacións sociais e interpersoais.
3. Tomar decisións respecto de: A organización e a metodoloxía para utilizar debe facer compatible o traballo do grupo clase, co traballo e progreso dos nenos. A prevención dalgunhas dificultades e conflitos é clave para poder actuar en consecuencia.
Para realizar un proceso de inclusión dos nenos con Necesidades Educativas Especiais no proceso de ensino-aprendizaxe, débense levar a cabo estratexias que procuren que este sexa o máis normalizado posible. Para iso é fundamental identificar as necesidades de cada neno e coñecer: - As condicións da contorna: familia, escola... - As experiencias anteriores - As calidades físicas básicas: forza, velocidade? - As características sociomotrices: A partir das relacións que estableza cos seus compañeiros desenvolveranse as bases da conduta social do neno e da súa personalidade. A análise realizada deberá diferenciar: Análise cualitativa (con quen se relaciona) e cuantitativo(rexistro do número de relacións establecidas) - As condutas disruptivas: As condutas motrices que dificultan o desenvolvemento habitual da sesión de educación física. Tras a súa identificación propoñerase un programa de intervención. - O "estilo de aprendizaxe" do alumno: o contexto idóneo favorecedor da aprendizaxe. Probablemente, cada alumno terá unhas características particulares que farán que alcance o seu mellor rendemento nunhas determinadas condicións de ensino.
Os apoios deben proporcionarse de forma que non chamen a atención, é dicir, dentro da dinámica do xogo. Entre eles podemos sinalar: - Apoio físico: consiste na máxima proporción de axuda que necesita unha persoa para completar unha tarefa. Isto pode implicar tomar ao neno/a de a man e acompañarlle fisicamente na realización da tarefa. - Apoio gestual: Son indicacións - Apoio verbal: Fundaméntase en instrucións sinxelas dadas de palabra. Poden utilizarse en combinación cos gestuales e físicos. - Modelado: Consiste en facer unha demostración previa da actividade, de modo que o neno poida imitar ao adulto ou a un compañeiro/a. - Moldeado: Procedemento que se aplica para ensinar habilidades novas. É necesario definir a tarefa para realizar e subdividirla en pequenos pasos sucesivos. É moi importante desenvolver xogos cooperativos. Estes permiten evitar situacións de rexeitamento e exclusión, diminuír as probabilidades de experiencias motrices negativas, favorecer o desenvolvemento motriz e fomentar un clima positivo e tolerante. Para a organización do espazo dous son as opcións que podemos adoptar: Organizar o espazo de forma que sexan os nenos os que exploren e experimenten libremente ou integrar esta experimentación dentro dunha historia, o que estaría dentro dos espazos de acción e aventura.
Ademais, das estratexias sinaladas, habería que engadir tamén: - Adecuar a linguaxe ao nivel de comprensión dos alumnos. - Utilizar distintas canles para transmitir a información (oral, escrito, visual e gestual). - Situación ao alumno preto do profesor ao realizar as actividades. - Escoller o momento no que se informa da actividade. - Traballo individual ou grupal: ás veces é preferible realizar actividades onde se poida desenvolver un autoaprendizaje e noutros realizar grupos de ensino. - Uso de reforzadores e motivacións. O uso de reforzadores positivos ante a aparición dunha conduta que queremos fomentar. - Definir coa maior precisión posible as tarefas propostas. - Utilizar distintos agrupamientos: parellas, pequeno grupo? O uso de diferentes agrupamientos e o equilibrio entre a dinámica de traballo individual e colectivo favorece a aparición de procesos de cooperación e, ao tempo de reforzo personalizado. - Asignación de roles concretos. - Uso de rutinas. - Contratos. Poden ser individuais ou colectivos.
EDUCACION FISICA Y DISCAPACIDAD MOTRIZ. ESTRATEGIAS DE INTERVENCION
Autor: FLORES VALENCIA, RAMIRO
Editorial: TRILLAS
EDUCACIÓN FÍSICA ADAPTADA. PROPUESTA PARA PRIMARIA
Presenta unha variedade de propostas para traballar a Educación Física cando no grupo hai persoas con necesidades educativas especiais. Achega moitas suxestións e actividades. A actividade física exponse desde a perspectiva da motivación ofrecendo ocasións e oportunidades para mellorar non só as capacidades físicas e habilidades senón tamén aquelas relacionadas co respecto ás diferenzas e a necesidade de satisfacer as ansias de compartir que en todos está presente.
AUTORES:Sonia Asún Dieste - Pilar Burillo Arilla - Mari Cañada Vicente - Rosa Abel González Fabre - Jose Luís Navarro Vázquez - Milagres Sancho Ferrer.
Inde EDITORIAL
DIAGNÓSTICO DAS NECESIDADES EDUCATIVAS DO ALUMNADO CON PARÁLISE CEREBRAL
INFORME DE VALORACIÓN PSICOPEDAGÓXICA PARA N.E.E.
Puede que te interesen:
AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES DEBERÍAN SER UN TRAXE Á MEDIDA?
FUENTE: Colectivo Orienta. Lourdes Otero; Orientadora no IES Xosé Neira Vilas (Oleiros)
DETECCIÓN DO ALUMNADO CON N.E.E.
CERTIFICADO DE MINUSVALÍA
Cando éste é superior ao 33%, pódese acceder a unha serie de beneficios, como subvencións específicas para persoas discapacitadas, exención de impostos na adquisición dun vehículo e axudas para a compra dunha vivenda. Estas ventaxas dependen do grao de minusvalía que se acredite. En total, hai cinco categorías.
Puede que te interesen:
OCIO E TEMPO LIBRE
Diversión Inclusiva É unha páxina web con experiencias de ocio, accesible a persoas con discapacidade.
Accesibilidade ás praias das RÍAS BAIXAS




















