Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
RECURSOS NO AULA PARA ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA
GUÍA RÁPIDA: VOLTA SEGURA ÁS AULAS.
Guía rápida: vuelta segura a las aulas
A confederación Plena Inclusión España publicou a súa 'Guía rápida para un regreso seguro ás aulas', onde propón unha serie de medidas para garantir a seguridade e a igualdade dos alumnos con discapacidade intelectual antes do regreso á escola marcado pola pandemia Covid -19.
Sinopse
Coa "Guía rápida para un regreso seguro ás aulas", reúnense unha batería de medidas útiles e sinxelas coas que orientar aos equipos directivos e ás comunidades educativas dos colexios que comezan o curso 2020-2021, este mes de setembro.
Puede que te interesen:
RECOMENDACIÓNS DE F.E.D.E.R. PARA A VOLTA ÁS AULAS NO 2020-2021. ENFERMEDADES POUCO FRECUENTES (ER)
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ENFERMEDADES RARAS (FEDER)
Todos estamos a enfrontarnos á incerteza da volta ao colexio e ás posibles implicacións do virus sobre as diferentes patoloxías do noso ANEAE. Atendendo ás súas necesidades, desde FEDER, lanzan unhas sinxelas Recomendacións para a volta ás aulas 2020/2021.
Consiste nun informe que recolle máis de 20 propostas para as modalidades presencial, telemática ou mixta, en base á problemática que alumnado con enfermedades pouco frecuentes viven, incrementándose incluso coa pandemia.
FONTE: FEDER
Puede que te interesen:
BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
A convocatoria de bolsas e axudas é para o curso 2020-2021 e o prazo de solicitude estará aberto do 9 de agosto ata o 30 de setembro de 2020.
No BOE 214, publicado o 8 de agosto de 2020, convócanse axudas para estudantes con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2020-2021, e para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Polo tanto, nesta convocatoria de axuda poderán participar as familias de Galicia con nenos e adolescentes con Parálise Cerebral e outras disfuncionalidades que estean cursando algún dos niveis educativos non universitarios e teñan necesidades específicas de apoio educativo e cumpran os requisitos e alumnado que curse estudos postobrigatorios.
Poderán solicitar a axuda os estudantes que non superen unha determinada renta e/ou bens familiares e que presenten unha necesidade específica de apoio educativo derivado de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que estean cursando estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial dun centro ordinario, ou nun centro ordinario que educa estudantes con necesidades educativas especiais, nun dos niveis educativos non universitarios. Tamén para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Para máis información podedes consultar
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Portal de Becas do Ministrerio de Educación e FP
FONTE Ministerio de Educación. Goberno de España e ASPACE