Amosando publicacións coa etiqueta cadeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cadeira. Amosar todas as publicacións

RECURSOS NO AULA PARA ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA


Dado que estamos ao inicio de curso imos recordar algúns recursos que debemos ter presentes cando teñamos alumnado con discapacidade motora nunha aula


A verdadeira inclusión do alumnado con Discapacidade Motora, no día a día e en particular no centro escolar, depende en gran parte do modo en que decidamos eliminar as barreiras existentes. Xa falamos moitas veces de que os límites non os marca un mesmo, márcaos a contorna, e por iso debemos empezar; por evitar que a falta de interese, investimento ou simplemente de imaxinación, convirta o proceso de aprendizaxe dun neno nunha dificultade. 








CADEIRA DE EVACUACIÓN


No mercado hai diferentes tipos de cadeiras para baixar escaleiras que se manipulan de maneira simple e práctica por unha única persoa.
Os deseños foron creados para alcanzar a máxima seguridade, confort e facilidade  operacional ao baixar escaleiras con persoas que presenten problemas de mobilidade como usuarios de cadeiras de rodas, e persoas con mobilidade reducida. 
Normalmente, dependendo das marcas, contan con 4 cintos de seguridade: para a cabeza, o tórax, o abdome e as pernas. Permite que a persoa que teña dificultades en manterse firme quede perfectamente estabilizada na cadeira, proporcionando máis seguridade e tranquilidade para todos en momentos de emerxencia.








Outros modelos























FONTE: BOUDEGUER ACCESIBILIDAD UNIVERSAL

INICIO NO USO DA CADEIRA DE RODAS E O QUE SUPÓN PARA AS FAMILIAS

Para moitos nenos con importantes dificultades motrices poder dispoñer dunha  cadeira de rodas supón un fito importante na súa vida. Supón poder adquirir a autonomía e independencia que por si mesmo non poden conseguir.

Sabemos que é moi importante poder ofrecer aos nenos unha cadeira de rodas canto antes, para que poidan descubrir e interactuar canto antes coa súa contorna e as persoas que lle rodean por si sós. Os nenos sen dificultades motrices empezan a descubrir o mundo por eles mesmos a partir dos 10 meses de idade e iso é o que lles permite desenvolver outras habilidades como a comunicación, a cognición, a interacción coas outras persoas......Un neno con dificultades motrices vai ver dificultada esta posibilidade, e isto pode interferir no desenvolvemento doutras habilidades que a priori pode non ter mermadas.
Por iso é importante que para aqueles nenos para os que está indicado o uso dunha cadeira de rodas téñana canto antes. É moi importante.

Pero ...... os pais, como viven este feito? Os primeiros anos de vida dun pai cun fillo con diversidade funcional, son moi complicados. Supón estar inmerso nun proceso de aceptación de moitas circunstancias que rodean á súa vida  coas que  non contaba antes de que nacese o seu fillo. Por iso, aínda que os profesionais lles expliquen a importancia de que o seu fillo poida dispoñer dunha cadeira de rodas, a veces, custa entendelo e aceptalo. O momento no que o neno senta por primeira na súa cadeira, marca un momento nas súas vidas e á vez supón iniciar un novo proceso de aceptación.

Para poder entender todo isto, non hai nada mellor que escoitalo en primeira persoa. Por iso imos compartir o testemuño dunha nai que explicou nas redes como viviu o momento en que viu á súa filla por primeira vez na súa cadeira de rodas.

A PRIMEIRA VEZ QUE VIN Á MIÑA FILLA NA SÚA CADEIRA DE RODAS.

O outro día por fin trouxéronnos a cadeira de rodas para a miña filla.

Sentín coma se renunciase ao noso soño de camiñar. E entón sentinme culpable porque temos amigos cuxos fillos nunca camiñarán. E que? Que pasa se Adela nunca camiña? O mundo non termina, non é o final. Deime conta de que eu colocara algunha liña de meta na miña mente.

Do mesmo xeito que camiñar é o final de todo fito. Do mesmo xeito que camiñar compénsao todo, sí é certo, pero é só movemento. Non é unha medida da súa vida. Ou o seu impacto en todo o mundo ao seu ao redor.

Pero a cadeira, mellorará todas as nosas vidas. Faranos ser capaces de ir a lugares nos que podamos acomodar o seu cocheciño. Adela poderá sentar nas mesas cando imos a un restaurante. Será quen de ver as cousas desde un punto de vista diferente. Ela, con sorte, poderá dirixila ela mesma, e ter un pouco de independencia.

E tal vez imos chegar a experimentar que Adela poida camiñar. Se o facemos celebraremos unha gran festa. Pero se non o consegue, hei de saber que Adela é máis que unhas pernas. E ela merécese unha nai que crea nela, hei de ver o camiñar como o que é: unha habilidade. E unha cadeira de rodas como o que é: unha ferramenta.

FONTE: Alicia Manzanas en efisiopediatric

LAVABO, BILLA, INODORO, CADEIRA, ADAPTADOS PARA ALUMNADO CON ACONDROPLASIA

Reductor de WC e barra lateral abatible











WC adaptado para alumno con acondroplasia
                                                                                                                                   
Adaptación de lavabo. Billa adaptada


                        WC adaptado 
    Cadeiras adaptadas

ACONDROPLASIA. ADAPTACIÓN DUNHA CADEIRA PARA A ESCOLA.


Diferentes tipos de cadeiras. As que están ben e as que se poden mellorar.




FONTE: Fundación ALPE

PROTOCOLO DE EVACUACIÓN PARA PERSOAS CON DISFUNCIONALIDADE MOTORA

MEDIDAS DE ADULTO PARA A NOSA CADEIRA E A NOSA MESA DE ESTUDO




FONTE: Xavier Mesalles

IDEAL PARA SUBIR PENDIENTES EN CADEIRA DE RODAS


FONTE: Todo Disca



Sistema de palancas que nos axuda a movilizar a nosa 

cadeira de rodas.  Este mecanismo é ideal para pendentes 

ou terrenos difíciles.


ACONDROPLASIA 5. CADEIRA PARA O COLEXIO


FONTE: FUNDACIÓN ALPE

ADAPTACIÓNS MÁIS FRECUENTES NAS CADEIRAS DE TRABALLO



  • Repousacabezas  
  • Controis laterais para o tronco.
  • Taco separador no asento para evitar que os xeonllos se xunten ou se crucen as pernas.
  • Repousabrazos.
  • Repousapés.
  • Rodas para facilitar o seu traslado polo aula.



Entradas de CADEIRAS


Repousacabezas






CADEIRA SPECIAL TOMATO

Esta cadeira postural, moi ben acollida polas familias e nenos pola súa senxeleza e comodidade, estivo durante moito tempo sen distribuidor en España; resultándonos moi difícil conseguila. 




A ortopedia ORTOVEDRA S.L. de Pontevedra conseguiu a súa distribución, así pois, volvemos a contar con esta axuda técnica tan importante para o control postural dos nosos alumnos e alumnas.

ALUMNADO, DM, BEN SENTADO NA CADEIRA ESCOLAR (V)

1.- Se o neno esbara hacia adiante, por retroversión da pelve, podemos evitalo dispoñendo no asento e/ou no respaldo da cadeira tiras antideslizantes ou goma espuma.


2.- Se dispoñemos dunha cuña baixo o asento da cadeira, de forma que o menor ángulo coincida co óso sacro, o asento quedará inclinado, provocando unha certa flexión da pelve e elevación dos xeonllos, evitando que a pelve esbare hacia adiante.


3.- O taco separador no asiento. Trátase dunha peza de madeira ou plástico duro forrado de hule, espuma ou tela lavable que se atornilla ao asento. Evita que a pelvis escorregue e vaia a retroversión. Este taco abductor implica unha boa posición da cadeira e da columna vertebral.



   

CADEIRAS ADAPTADAS E REPOUSAPÉS. (IV)


O reposapés permite, aos alumnos e alumnas que presentan espasticidade en equino do pé, conseguir un correcto apoio plantar e como consecuencia de isto, lograr unha inhibición da espasticidade de membros inferiores. Isto favorece a súa vez unha correcta alineación da cadeira e da columna vertebral.
O reposapés ten a ventaxa de poder acoplarse ás patas dianteiras da cadeira para evitar o seu deslizamento. É regulable en altura, adaptándose ás características antropomórficas de cada neno e nena. 





Na procura dunha maior estabilidade do tronco e facilitar que o alumno/a con dificultades motoras, se sente e se erga da cadeira, elaboráronse uns repousabrazos cun sistema que permite a súa adaptación ás diferentes cadeiras escolares. 


Cadeira con separador, respaldo alto, asiento inclinado, repousabrazos e repousapés. A base de sustentación ampliouse para evitar volcos cara atrás.





    

ALGÚN MOBILIARIO ESCOLAR ADAPTADO. ATRILES E PLANOS INCLINADOS (I)

  O plano inclinado, prevé a posibilidade de graduar a inclinación do plano e posibilitando unha función similar ao atril.        
     
                           
Este atril, realizado en madeira e fácilmente transportable ( plégase e ademáis ten un asa) ten como obxectivo favorecer as actividades de lecto-escritura. Presenta unhas gomas para facilitar o uso do material colocado enriba, o que resulta moi útil naqueles nenos que presentan dificultades motrices nos membros superiores. 
Permite modificar o ángulo de inclinación, adaptándoo tanto para a lectura como para a escrita, en función das necesidades de cada neno. Ademáis o sistema de elevación/descenso foi diseñado de forma que o neno nunca poida "pillar" os dedos durante a súa manipulación.


Regulación da inclinación con sistema de seguridade plegado e asa.  



Atril con material antideslizante 

Mesa con escotadura, atril e detalle de agarrador con ventosas para acadar maior estabilidade.





Fonte: Asociación para la Investigación en la Discapacidad Motriz (AIDIMO).