FONTE: Milagros Rubio Pulido
Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
CREAMOS O NOSO PANEL DE DESTREZA MANIPULATIVA. PSICOMOTRICIDADE
Estes paneis de destreza manipulativa permite aos nenos (a partir dos 18 meses), e aos adultos, desenvolver a súa motricidade fina de maneira divertida grazas ao seu amplo abanico de actividades e xogos. Para a súa construcción podemos empregar velcros que o fan totalmente configurable, podendo cambiar as actividades en función do interese das persoas que o utilizan.
Traballaremos ademáis da súa imaxinación, a coordinación das extremidades superiores, así como a motricidade da man.
Podemos fixalo na parede tendo moi en conta a seguridade do neno, dado que é relativamente pesado.
Podemos utilizar botóns e cordóns para enfiar e achegar unha experiencia sensorial. Estes elementos son indispensables xa que permítenos traballar múltiples aprendizaxes como as cores, a numeración… Permiten tamén desenvolver funcións cognitivas e estimular os sentidos do tacto, a vista e o oído.
Este tipo de actividade reforza a concentración e a atención xa que o neno, completamente mergullado na actividade, esforzarase por ter o control dos seus movementos precisos para así lograr con éxito a tarefa proposta.
FONTE: toysknoll.info; decopeques; etsy.com; m.vk.com; hopToys
Puede que te interesen:
DISPOSITIVO CONTRA A ASFIXIA POR ATRAGANTAMENTO. PRIMEIROS AUXILIOS
Un atragantamiento pode ocorrerlle a calquera; as persoas maiores e aos nenos.
As persoas que padecen algunhas enfermidades son máis propensas a afogarse, por iso é preciso estar familiarizados con ferramentas útiles nun momento de emerxencia.
Puede que te interesen:
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS DEDOS E MANS
Ideas para traballar a grafomotricidade
Exercizos de oposición de dedos
Lateralización da moneca e xiro de moneca
Exercizos de oposición de dedos
- Coa xema de cada dedo tentar contactar, por separado, coa xema do dedo pulgar
Lateralización da moneca e xiro de moneca
- Colocamos a man aberta e os dedos extendidos.
- Realizamos movementos laterais coa moneca, dirixindo a man cara a fóra e cara adentro do corpo alternativamente.
- Man semipechada
- Facer momemento de rotación arredor da moneca como se intentaramos abrir e pechar unha porta
Puede que te interesen:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)