Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
47 TROCITOS. LECTURAS
De 9 a 11 anos
O mundo infantil dos nenos, coa súa linguaxe, as súas imaxes, sentimentos, o descubrimento da irmá "diferente", a relación con esta e ver/comprobar que non é igual que os demais. Manuelita ten a síndrome de Down, é a irmá maior de Pussy. É unha nena alegre, travesa, ten o seu propio mundo que fai partícipe aos que a tratan. Pussy vai crecendo e empeza a sentir vergoña, dor por ter unha irmá distinta. Un diálogo entre a nai e Pussy na cociña, mentres preparan unha torta, fará que nos decatemos de como foi a vida de Manuelita ata ese día que cumpre 10 anos.
Este libro trata de: Persoas con Síndrome de Down, Nenos, Irmáns, Familia, Nais, Avós, Relación neno-adulto, Relación avó-netos, Metáforas.
FONTE: Canal lector
Puede que te interesen:
EL ABRIGO. LECTURAS
De 0 a 5 anos
Julia adoita esquecer as súas cousas en casa ao saír e por iso vese en dificultades con frecuencia.
este libro álbum conta con humor a maneira en que a protagonista combate a súa tendencia olvidadiza con moita imaxinación e orixinalidade.
A ilustración suxire unha posible condición de discapacidade na protagonista e aproxímase desta maneira a unha temática complexa de forma neutral, sen aleccionar nin dar pé á aparición de prexuízos.
Este libro trata de: Imaxinación, Discapacidade intelectual, Emocións, Memoria, Nenos
FONTE: fundación Sánchez Ruipérez
Puede que te interesen:
EL NIÑO PERRO. LECTURAS
De 9 a 11 anos
Pobreza, Marxinación social, Inxustiza, Desigualdade económica, Discapacidade física, Cans, Nenos, Animais
O libro consta de seis relatos. Todos teñen como protagonistas a nenos que sofren algún tipo de inxustiza. Estes atopan consolo nos seus respectivos cans.
Aakesh é un neno orfo e pobre que esmoleira polas rúas. Nadim vive nun centro de menores coa súa irmá Altair, que sofre explotación e graves malos tratos. Kai é un neno da rúa de Brasil, a quen a xente despreza. Leila, de once anos, é obrigada a casar cun home terrible ao que non coñece. Carlos é un mozo discapacitado físico que desexa incluírse na súa clase. Os relatos remiten a algúns dos dereitos do neno.
FONTE: Canal Lector
LA VENTANA. LECTURAS
De 12 a 14 anos
Nunha pequena cidade, unha nena con discapacidade motora ve transcorrer a vida desde a xanela da súa habitación.
Un día, por accidente, irrompe no seu reducido universo un mozo da súa idade que logrará sacala do seu illamento, ata que esta amizade vese interrompida pola chegada da guerra, que cambiará a vida dos protagonistas e mergullará á cidade e ao mundo enteiro nun caos.
Novela gráfica. O formato de viñetas cadradas sobre fondo negro vaise adaptando á intensidade do relato, a través de cambios no tamaño, a cor e as perspectivas.
Este libro trata de: Amizade, Guerra,Discapacidad física.
FONTE: fundación Sánchez Ruipérez
CORRE PEQUEÑO GORRIÓN. LECTURAS
De 6 a 8 anos.
Unha fábula moderna para explicar aos nenos e nenas a aceptación dunha limitación, un accidente ou unha discapacidade. Un gorrión cae ferido durante unha tormenta e nunca máis podrerá voar. Un ratiño axudaralle a aprender a correr e a atopar sentido á súa nova situación. O álbum de ilustracións clásicas desprende tenrura e emoción.
Non volver voar nunca máis, é difícil de aceptar. Aprender a correr polo campo, tamén é duro, pero é un camiño cara a novas alegrías.
* Unha historia chea de sensibilidade sobre as consecuencias dun accidente ou dunha enfermidade.
* Unha fábula que dá ánimos e estimula a confianza sen excluír as dificultades e os obstáculos.
Este libro trata de: Discapacidade física, Solidaridade, Accidentes, Superación.
LA VIDA QUIETA DE LLULLU. LECTURAS
+ 12 anos
Convivir cun neno cunha grave encefalopatía, é un reto continuo. Ás veces desespera; outras motiva. Màrius Serra extrae aquí algunhas das experiencias máis conmovedoras do libro 'Quieto', que trata do seu fillo Llullu.
FONTE: Márius Serra. Ed. Anagrama
Puede que te interesen:
UN TIESTO LLENO DE LÁPICES
A partir de 9 anos
Cun lapis, un papel e grandes doses de imaxinación, Pablo convídanos a compartir o seu mundo familiar, no que non faltan un pai ilustrador, unha nai soñadora e unha irmá moi especial. Este libro aproxímanos á discapacidade de maneira natural e espontánea desde a perspectiva da integración, e ensínanos a combater o aburrimento con moi poucas cousas.
Tema: Familia
Tratamento: Realismo
Valores: Amor e familia
Tratamento: Realismo
Valores: Amor e familia
FONTE: Editorial: Planetalector. Colección: Narrativa invantil. Cometa
LA FANTÁSTICA NIÑA PEQUEÑA Y LA CIGÜEÑA PEDIGÜEÑA
A partir de 5 anos
Todos os nenos teñen dous ollos, dúas orellas e dez dedos.Ou non? Pois non. Allegra vai descubrir que hai nenos de todo tipo: hainos cunha soa orella e cunha soa perna. Tamén hai nenos que van en cadeira de rodas. Dunha das máis populares autoras españolas, chéganos un conto entrañable que convida aos pequenos lectores a aceptar de maneira natural as diferenzas.
FONTE: Editorial: Destino Infantil-Xuvenil. AUTORA: Lucía Etxebarría.
CUANDO INTERRUMPE LO EXTRAORDINARIO. LECTURAS
Desde os 15 anos
Unha conmovedora e luminosa novela sobre a pouco probable e, ainda así, inquebrantable amizadw entre un matón de instituto e un mozo con síndrome de Down.Existe unha lei na Física para demostrar que os polos opostos atráense. Dane e Billy son dous seres solitarios e moi diferentes entre si, aínda que cunha experiencia vital común. A pesar das evidentes diverxencias a procura permanente da súa propia identidade propicia un punto de encontro, unha inexplicable atracción entre a inxenuidade e a rudeza que lles axuda a sondar nos seus respectivos pasados para comprender opcións polas que nunca antes se interesaron. Emocionante proposta que avoga polo entendemento e que indaga nos sentimentos de xoves estudantes condicionados por un entorno familiar complicado.
Este libro trata de: Amizade, Persoas con Síndrome de Down, Xoves, Relacións personais, Familias monoparentais, Institutos, Crecimento persoal, Relacións familiares, Acoso na escola, Pais, Veciños.
FONTE: Fundación Sánchez Ruipérez
Puede que te interesen:
UN PAPÁ ESPECIAL. LECTURAS
A partir de 6 anos
O protagonista cóntanos as cousas extraordinarias que sabe facer o seu pai, gañou un campionato de baloncesto e ten uns brazos moi fortes para levantalo polo aire. Ao final sabemos que vai en cadeira de rodas.A través da mirada do neno vemos como unha persoa que vai en cadeira de rodas pode facer os mesmo que os demáis sempre que non se atope con barreiras que llo impidan.
FONTE: Ed Galera
UNA POSIBILIDAD ENTRE MIL. LECTURAS
Xuvenil
Prólogo de Eduardo Punset. " Laia nace en xaneiro de 2003 e é especial", lese nunha das lapelas do libro. Sen dúbida, o é. Merece a pena coñecela a través das páxinas deste libro que nos conta a súa historia, a loita dos seus pais contra a súa enfermidade, a súa aventura apaixonante.
AUTORES: Cristina Durán (Autor), Miguel Ángel Giner Bou
UN MARAVILLOSO MUNDO PARA ÓLIVER. GERÓNIMO STILTON.
A partir de 7 anos
O amigo do meu sobriño Benjamín chámase Oliver. Ten tanta fantasía! De feito, escribimos xuntos unha obra de teatro que interpretaron todos os seus compañeiros de clase. Para entrar no teatro de Ratonia hai unha escaleira e Oliver non pode subila porque vai nunha cadeira de rodas. Pero Oliver superará todos os obstáculos: Ratonia cambiará, e sobre todo cambiarán os corazóns de todos os roedores...Un libro especial sobre discapacidades físicas, enfocado a sensibilizar aos nenos sobre este tema, que exalta valores de solidariedade, igualdade, traballo en equipo para conseguir obxectivos, confianza e compañeirismo entre amigos....
FONTE: Ed. Destino Infantil e Xuvenil
NI GUAU NI MIAU. LECTURAS
A partir de 5/6 anos
Aproxímase o vran, por iso, imos comezar coas nosas propostas de lectura que tratan sobre atención á diversidade, por si queredes facer algunha recomendación cara ao entretenemento durante este período de ocio que imos comenzar.
Esta é a historia de Fabio, un can diferente. Fabio non se parece a outros cans, non sente como os demais. Fabio non vai buscar o palito nin a pelotita cando o seu amo xoga con el. Non ladra, non move a colita e non se revuelca para que lle fagan mimitos, non saca a lingua cando ten sede..... Todos pensariamos que esas cousas son propias de cans e esperariamos de Fabio que se comportase como todos os cans. Pero non, Fabio é un can diferente e así sente.
"Nin guau Nin miau" é unha tenra historia que nos fai reflexionar sobre o respecto á propia individualidade, a aceptación e a tolerancia ao que é e sente diferente. Unha xoia para achegar aos máis pequenos e non tan pequenos á diversidade. Un libro que nos axuda a aceptarnos a nós mesmo fóra dos convencionalismos que a sociedade nos impón.
EDITORIAL: Nubeocho AUTORA: Blanca Lacasa. ILUSTRADOR: Gómez
A TARTAMUDEZ PARA AS FAMILIAS. GUÍA
Puede que te interesen:
A TARTAMUDEZ PARA DOCENTES. GUÍA
Puede que te interesen:
HIXIENE POSTURAL NO ESCOLAR. GUÍA
FONTE: Pilar Andújar
Ortuño (Médico Adjunta de Rehabilitación. Hospital General de
Albacete) e Profesor Fernando Santonja
Medina (Especialista en Traumatología y en Medicina de la Educación Física
y el Deporte. Profesor Titular de Universidad, área de Fisioterapia. Facultad
de Medicina de Murcia).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)