O protagonista, afectado por parálise cerebral, amósanos o devir da súa vida, expóndose os retos cotiáns da vida dun adolescente que loita por conseguir o seu propio espazo na vida.
O autor deixa o paternalismo ou a infantilización da discapacidade, mostrando unha realidade que el viviu de preto cos seus alumnos, con rumbos de aventura, superación, esforzo e respecto.
VALORES
- Aceptación do diferente.
- A importancia da inserción social das persoas con discapacidade.
- O respecto á diversidade.
- O poder da superación.
- A constancia.
- O compromiso.
- A independencia.
- A solidariedade.
FONTE: MARTÍN BETANZOS