A continuación déixovos 12 películas relacionadas co tema principal do noso blog.
Aparecen en orde cronolóxico, título orixinal e país/ano de realización
Margarita with a Straw (India, 2014)
Laila é unha moza hindú cunha afección cerebral que afecta tamén ao seu corpo, pero isto non lle impide comezar unha vida independente en Nova York, o que será unha gran aventura e encontro con ela mesma.
Autodocumental do cineasta Jason DaSilva, que aos 25 anos comeza a presentar os síntomas de esclerose múltiple, a cal día a día se apodera do seu corpo pero non da súa vida. Dispoñible en Netflix.
Mark O’Brien poeta e periodista tetrapléxico e cun pulmón de aceiro, decide aos seus 38 anos deixar de ser virxe. Non sería complicado, de non ser pola súa delicada condición física. Pero para Cheryl, será todo un reto profesional.
Sympathy for Delicious, (EUA, 2010)
Le Scaphandre et le Papillon (Francia, 2007)
No cumio do seu éxito profesional, Jean-Dominique, sofre unha embolia que o deixa totalmente paralizado, sen poder comer, falar, nin respirar sen asistencia, o antigo redactor xefe da revista "Elle" dita letra por letra, movendo só a pálpebra esquerda, unha especie de viaxe inmóbil.
Rory O'Shea Was Here (I’m Dancing) (Irlanda, 2004)
Michael resignouse a unha vida tranquila na Residencia para Discapacitados Carrigmore, ata que o díscolo Rory O´Shea entra en escena. Rory ten un plan que lles permitirá darlle a volta ao sistema e conseguir o seu propio piso, a pesar de que ambos están confinados a unha cadeira de rodas. Coa axuda dunha amiga, emprenderán unha experiencia inesquecible. A amizade e independencia recentemente conquistadas ofreceralles a vida en bandexa, aínda que non sen consecuencias imprevistas.....
Mar adentro (España, 2004)
Mar adentro (España, 2004)
Nationale 7 (Francia, 2000)
A rutineira vida nunha residencia para persoas discapacitadas dará un xiro de 180 graos cando un empático coidador escoita a esixencia dun dos internos. A revolución chega cando outros se decatan…
Ningún comentario:
Publicar un comentario