BOAS PRÁCTICAS PARA A ADAPTACIÓN, NUN GRUPO CUNHA PERSOA CON DISFUNCIONALIDADE

Cando nun grupo se inclúen persoas con algún tipo de disfuncionalidade, paga a pena ter en conta nas intervencións dos responsables da actividade:

  • Coñecer gustos, intereses, limitacións e problemas que se podan plantexar; así como por qué estas persoan elexiron esta actividade. Este coñecemento, favorecerá a intervención e a creación dun clima favorable cara a boa relación do grupo.
  • Eliminar calquera atisbo de actitude paternalista ou proteccionista.
  • Crear situacións favorecedoras de relacións fluídas e naturais; aceptando as persoas tal como son, perdendo o medo natural a ferir a súa sensibilidade.
  • Crear situacións nas que se perciban as limitacións, propoñendo xogos e situacións nas que podan sentilas, como: xogar cos ollos tapados, experimentar a sensación de sentarse na cadeira de rodas, practica dun deporte con tapóns nos ouvidos, etc.
  • Valorar e analizar como viven as persoas con algunha disfuncionalidade, as características e actitudes que presentan os seus compañeiros do grupo.
  • Analizar a situación en ensino-aprendizaxe dende a óptica do alumnado con algún tipo de dificultade por mor da súa disfuncionalidade, coa finalidade de tomar nota de suxerencias e/ou ideas que axuden a mellorar a dinámica do ensino.
  • Reforzar positivamente a participación dos usuarios con dificultades dentro do grupo animándoos a progresar, valorando a súa evolución e o nivel acadado.
  • Predispoñer aos componentes do grupo a aceptar e participar nas actividades e pautas a ter en conta cos compañeiros con algún tipo de disfuncionalidade.

Estas ideas únicamente teñen a finalidade de facer máis accesible a participación das persoas con disfuncionalidade, nas distintas actividades, favorecendo unha relación natural e espontánea que os axude a acadar os obxectivos propostos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario