Guía didáctica
Ales II é un recurso educativo para alumnado con algún tipo de discapacidade motora que afecte á fala ou á escrita. É un valioso instrumento para que este alumnado aprenda a escribir e a ler. O enfoque é moi motivador, cun diseño moi coidado e que permite que o alumnado interactúe cos personaxes.
O obxectivo prioritario deste proxecto é a elaboración dun recurso
para facilitar o acceso ao linguaxe escrito de nenos e nenas con discapacidade motora, cuia manipulación e fala atópanse seriamente afectadas. A
dificultade coa que se enfrentan os profesionais para ensinar a este
alumnado e a escasez de material informático que aborde a aprendizaxe da lectoescritura levaron á elaboración deste proxecto. Desta
forma, se pretende ofrecer unha ferramenta que permita o acceso á
lectura e escrita como un medio de comunicación aumentativa y
alternativa sen límites de vocabulario, ao tempo que se facilitan coa
adquisición da lectoescrita outras aprendizaxes escolares.
Suliñaremos que ALES pode utilizalo calquera tipo de
alumnado, xa que os contidos que se traballan son os propios do proceso
de aprendizaxe da linguaxe escrita.
Unha novidade importante con respecto a Ales I, é o seu uso en liña a través
de Internet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario