10 LECCIÓNS QUE NOS DEIXA "O PRINCIPIÑO"


O Principiño é a clase de novela que todos deberiamos ler ao empezar o ano, ou en calquera outro momento significativo, para volver reformularnos todo o que criamos ter tan seguro. Cando nos facemos adultos, perdemos a pasos axigantados o sorpresivo e súbito da nenez; a visión sesgada do adulto sempre pretende que o neno creza antes de tempo. O Principiño lémbranos o esencial da vida, sen castigos nin prohibicións.

Repasaremos 10 leccións que nos deixa esta novela e que traballaremos co noso alumnado:

1. O Principiño é unha oda ás relacións humanas estreitas. Debemos aprender que a amizade, ou o amor, susténtanse directamente nas accións que levamos a cabo para mantelas sas.




2. A procura da esencia das persoas é o que nos devolve á realidade. De nada serve valorar o material se non se sabe ter en conta o intanxible que é capaz de achegar o ser humano.


3. É importante atender aos signos, e aprender a interpretalos. A miúdo, a magnitude dos sentimentos e as emocións é demasiado grande para que podamos abarcalos con palabras.

4. En ocasións é complicado que un adulto expóñase ao perigo que supón mostrar as súas emocións. Edúcannos na arte de ocultalas, e acabamos perdendo a capacidade para xestionalas de forma natural.


5. A humildade é un dos valores que perdemos ao facernos maiores. En ocasións, cegámonos tanto co noso día a día, que o  antropocentrismo apodérase do noso  pensamento; impedindo que entendamos o mundo na súa globalidade.


6. No mundo ultra competitivo no que vivimos, é fácil caer no erro de esixir e xulgar a todos por igual. A empatía é un valor importante para saber manter as relacións humanas.



7. Divírteche. Esquece en ocasións a rectitude da  adultez, e volve gozar con cousas que en principio só permíteselles aos nenos. Todos conservamos parte do que fomos, e debemos cultivalo a diario para non perdelo.

8. O mundo empúxanos a proxectarnos socialmente a través do que posuímos, ou o que logramos a nivel profesional. O Raposo explícalle ao Principiño que nada do que teñas ten verdadeiro valor transcendental, porque a esencia de cada un, non pode verse cos ollos.

9. A nosa zona de confort pode ser tediosa, e irritante en ocasións, pero a miúdo loitamos por mantela porque é o que coñecemos. O Principiño anímanos a dar un salto fóra dela e tentar lograr aquilo que nos faga felices.



10. A perseveranza é a peza crave do éxito. Ensínannos a ser funcionais, polo que, se algo non sae ben, debes buscar outra cousa na que destaques. Non sempre saen ben as cousas á primeira, de modo que será mellor volver tentalo antes de darte por vencido.

FONTE: Academia Play
Todas as ilustraciones empregadas nesta publicación pertencen ao artista Kim Min Ji.

Ningún comentario:

Publicar un comentario