IDEAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA CASA A GRAFOMOTRICIDADE Ou PRE-ESCRITURA
A continuación presentamos unha recompilación de actividades en forma de listado e os materiais que poden realizarse na casa ou no ámbito familiar e que estimulan a psicomotricidade fina e a coordinación grafomanual, ou, o que é o mesmo a pre-escritura.
- Pintar libremente cos dedos e coas mans con pintura de dedos.
- Realizar trazos con lápices, ceras, rotuladores, témperas… sobre papel, cadernos, papel continuo…
- Xogar con plastilina, barro ou masas sensoriais.
- Realizar transvasamentos de auga, legumes, canicas, grans de arroz...., entre recipientes utilizando a man, culleres, pinzas, pipetas de succión para líquidos ou volcando con recipientes con diferentes asas.
- Abrochar e desabrochar botóns, peches, velcros, cremalleras, corchetes…
- Pulsar interruptores, abrir e pechar fechaduras, pasadores, pestillos…
- Abrir e pechar recipientes con diferentes tipos ou tamaños de tapa ou peche.
- Xogos de introducir obxectos por diferentes buracos ou caixas ou murais nos que o neno teña que tirar de diferentes obxectos para extraelos.
- Xogar con pelotas de diferentes texturas, pesos, tamaños… Xogar a atrapala apretala, pasala dunha man a outra…
- Facer contacontos e pequenas “obras de teatro” utilizando os dedos ou marionetas de dedos. Tamén son interesantes os contos “ quiet book” (conto de tea).
- Coller moedas e introducilas en huchas ou recipientes con ranuras
- Xogar con pinzas da roupa.
- Xogar con pequenas peonzas de dedos, ou co xogo da ra saltarina
- Xogos de torcas e parafusos: necesitamos torcas e parafusos de distintos tamaños (se poden ser diferentes cores mellor).
- Xogo de pinchiños ou mosaicos.
- Outros xogos comerciais existentes no mercado: quebracabezas de encaixes, as contas Hama ou “ pixels”(contas de diversos tamaños coas que podemos facer figuras de aspecto pixelado), os Legos ou xogos de construción, xogos ensartables...
- Teclear ou tocar pianos, órganos ou xilófonos de xoguete.
- Ensartar bolas nunha corda (facer colares): con bolas grandes, macarróns anchos, bolas máis pequenas…. ou mesmo se poden improvisar boliñas cortando palliñas (de bebida) con anchos diferentes.
- Rasgar papel cos dedos ou cortar papel con tesoiras.
- Xogar con plantillas ou regras de formas: existen plantillas con formas xeométricas ou figuras de animais e obxectos moi interesantes para preparar a súa man para a escritura.
- Colorear debuxos.
Hai outras actividades cotiás que favorecen a estimulación psicomotriz: colocarse aneis nos dedos, debullar xudías verdes, chícharos, unha mazorca de millo, desgajar unha laranxa ou mandarina, pelar un plátano, soarse o nariz…..
Non debemos dar todo feito aos nenos!
A continuación, preparamos a listaxe de materiais necesarios. Non se trata de ter e ofrecer ao neno todo o material de golpe nin de sobreestimulalo. Trátase de crear recunchos estimuladores. Debémoslle presentar actividades inspiradoras nun contexto de xogo compartido. Nun lugar e nun clima atraínte, vánselle presentando materiais nun contexto de experiencias divertidas a compartidas coa familia.
Non é necesario dispoñer de todo o material aquí presentado de golpe, incluso pode ser contraproducente. Sabemos que os nenos se saturan e abúrrense pronto.
Trataríase de ir renovando ou rotando o material cada semana ou cada quince días para ir incorporando estímulos novos e que se vaian animando pouco a pouco a investigar con todo tipo de materiais.
Tamén sería interesante dar ás súas producións o valor que merecen. Isto fará que o neno vexa reforzada a súa autoestima, o que contribuirá a que o proceso creativo siga fluíndo.
- Pinturas de cores (de cera e de madeira)
- Pinturas de dedos
- Témperas
- Acuarelas
- Rotuladores
- Bolígrafos de cores
- Xices
- Lousa negra
- Lousa branca tipo “ Veleda”
- Rotuladores para lousa branca
- Pinceis de distintos grosores
- Folios brancos e de cores
- Cartolinas
- Papel charol de cores
- Barro (arxila)
- Plastilina
- Masas para modelar
- Pinzas da roupa
- Frascos / Vasos / Xarriñas /
- Candados/chaves/ Interruptores
- Botóns (para cálculos, facer transvasamentos, introducir en recipientes)
- Coladores
- Palliñas
- Pinzas de servir de diferentes tamaños
- Pipetas
- Bandexas con compartimentos (cubitos de xeo, bandexas de repostería)
- Supermercados
- Arroz
- Legumes (lentellas, xudías, garavanzos…)
- Froitos secos con casca para contar, pegar, facer transvasamentos.
- Pasta de sopa de letras (para transvasamentos e iniciación lectora)
- Macarróns
- Pan relado (para realizar transvasamentos con culleriñas)
- Colorantes para líquidos (realizar transvasamentos máis atractivos)
- Frascos, botes e recipientes de tamaños distintos con tapas e sistemas diferentes de apertura
- Obxectos de reciclaxe: bandexas, rolos de cociña, envases tipo Pringles, tapóns, hueveras…
- Xerras con diferentes sistemas de agarre
- Azucreiros (con pitorros ou sistema de envorco)
- Cucharitas
- Pipetas
- Aquí deixámosvos esta lista para que poidades imprimila e levala con vosos
“Unha vez que axudemos aos nenos a percibirse a si mesmos como autores ou inventores, unha vez que se lles axuda a descubrir o pracer da investigación,
a súa motivación e o seu interese explotan” Loris Malaguzzi
FONTE: Dionisia Plaza. Centro de Rehabilitación Médico Psicopedagóxico
Loris Malaguzzi