PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

COMO ESTIMULAR A GRAFOMOTRICIDADE

IDEAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA CASA A  GRAFOMOTRICIDADE Ou  PRE-ESCRITURA



A continuación presentamos unha recompilación de actividades en forma de listado e os materiais que poden realizarse na casa ou no ámbito familiar e que estimulan a psicomotricidade fina e a coordinación  grafomanual, ou, o que é o mesmo a  pre-escritura.

  • Pintar libremente cos dedos e coas mans con pintura de dedos.
  • Realizar trazos con  lápices, ceras,  rotuladores,  témperas… sobre papel, cadernos, papel continuo…
  • Xogar con plastilina, barro ou masas sensoriais.
  • Realizar transvasamentos de auga, legumes,  canicas, grans de arroz...., entre recipientes utilizando a man, culleres, pinzas,  pipetas de  succión para líquidos ou volcando con recipientes con diferentes asas.
  • Abrochar e  desabrochar botóns, peches,  velcros,  cremalleras,  corchetes…
  • Pulsar  interruptores, abrir e pechar fechaduras, pasadores,  pestillos…
  • Abrir e pechar recipientes con diferentes tipos ou tamaños de tapa ou peche.
  • Xogos de introducir obxectos por diferentes buracos ou caixas ou murais nos que o neno teña que tirar de diferentes obxectos para extraelos.
  • Xogar con pelotas de diferentes texturas, pesos, tamaños… Xogar a atrapala apretala, pasala dunha man a outra…
  • Facer contacontos e pequenas “obras de teatro” utilizando os dedos ou marionetas de dedos. Tamén son interesantes os contos “ quiet  book” (conto de tea).
  • Coller moedas e introducilas en huchas ou recipientes con  ranuras
  • Xogar con pinzas da roupa.
  • Xogar con pequenas  peonzas de dedos, ou co xogo da ra  saltarina
  • Xogos de torcas e parafusos: necesitamos torcas e parafusos de distintos tamaños (se poden ser diferentes cores mellor).
  • Xogo de  pinchiños ou mosaicos.
  • Outros xogos comerciais existentes no mercado: quebracabezas de encaixes,  as contas  Hama ou “ pixels”(contas de diversos tamaños coas que podemos facer figuras de aspecto pixelado), os Legos ou  xogos de construción, xogos  ensartables...
  • Teclear ou tocar pianos, órganos ou xilófonos de xoguete.
  • Ensartar bolas nunha corda (facer colares): con bolas grandes, macarróns anchos, bolas máis pequenas…. ou mesmo se poden improvisar  boliñas cortando  palliñas (de bebida) con anchos diferentes.
  • Rasgar papel cos dedos ou cortar papel con tesoiras.
  • Xogar con plantillas ou regras de formas: existen plantillas con formas xeométricas ou figuras de animais e obxectos moi interesantes para preparar a súa man para a escritura.
  • Colorear debuxos.

Hai outras actividades cotiás que favorecen a estimulación  psicomotriz: colocarse aneis nos dedos, debullar xudías verdes, chícharos, unha  mazorca de millo,  desgajar unha laranxa ou  mandarina, pelar un plátano, soarse o nariz…..   
Non debemos dar todo feito aos nenos!


A continuación, preparamos a listaxe de materiais necesarios. Non se trata de ter e ofrecer ao neno todo o material de golpe nin de sobreestimulalo. Trátase de crear recunchos estimuladores. Debémoslle presentar actividades inspiradoras nun contexto de xogo compartido. Nun lugar e nun clima  atraínte, vánselle presentando materiais nun contexto de experiencias divertidas a compartidas coa familia.

Non é necesario dispoñer de todo o material aquí presentado de golpe, incluso pode ser contraproducente. Sabemos que os nenos se saturan e abúrrense pronto.
Trataríase de ir renovando ou rotando o material cada semana ou cada quince días para ir incorporando estímulos novos e que se vaian animando pouco a pouco a investigar con todo tipo de materiais.

Tamén sería interesante dar ás súas producións o valor que merecen.  Isto fará que o neno vexa reforzada a súa  autoestima, o que contribuirá a que o proceso creativo siga fluíndo.



  • Pinturas de cores (de cera e de madeira)
  • Pinturas de dedos
  • Témperas
  • Acuarelas
  • Rotuladores
  • Bolígrafos de cores
  • Xices
  • Lousa negra
  • Lousa branca tipo “ Veleda”
  • Rotuladores para lousa branca
  • Pinceis de distintos grosores
  • Folios brancos e de cores
  • Cartolinas
  • Papel charol de cores
  • Barro (arxila)
  • Plastilina
  • Masas para  modelar



  • Pinzas da roupa
  • Frascos / Vasos /  Xarriñas /
  • Candados/chaves/ Interruptores
  • Botóns (para cálculos, facer transvasamentos, introducir en recipientes)
  • Coladores
  • Palliñas
  • Pinzas de servir de diferentes tamaños
  • Pipetas
  • Bandexas con compartimentos (cubitos de xeo, bandexas de repostería)
  • Supermercados



  • Arroz
  • Legumes (lentellas, xudías, garavanzos…)
  • Froitos secos con casca para contar, pegar, facer transvasamentos.
  • Pasta de sopa de letras (para transvasamentos e iniciación lectora)
  • Macarróns
  • Pan relado (para realizar transvasamentos con  culleriñas)
  • Colorantes para líquidos (realizar transvasamentos máis atractivos)




  • Frascos, botes e recipientes de tamaños distintos con tapas e sistemas diferentes de apertura 
  • Obxectos de reciclaxe: bandexas, rolos de cociña, envases tipo  Pringles, tapóns, hueveras…
  • Xerras con diferentes sistemas de agarre
  • Azucreiros (con  pitorros ou sistema de envorco)
  • Cucharitas
  • Pipetas
  • Aquí deixámosvos esta lista para que poidades imprimila e levala con vosos




“Unha vez que axudemos aos nenos a percibirse a si mesmos como autores ou inventores, unha vez que se lles axuda a descubrir o pracer da investigación, 
a súa motivación e o seu interese explotan” Loris Malaguzzi


FONTE: Dionisia Plaza. Centro de Rehabilitación Médico Psicopedagóxico

Loris  Malaguzzi

Ningún comentario:

Publicar un comentario