XOGUETES ADAPTADOS. NADAL

Xoguetes adaptados

Un xoguete é para aprender, interactuar, comunicarse... pero sobre todo debería ser divertido!
Os xoguetes adaptados dispoñen dun conector estándar para conmutador, de forma que poden accionarse mediante unha simple pulsación. 
Un  conmutador é moito máis que un simple  interruptor. É unha porta a un amplo abanico de adaptacións.

Grazas ao seu  conector estándar, existen moitos dispositivos e solucións que se poden controlar a través dun  pulsador. Por exemplo, moitos dos nosos produtos de acceso ao ordenador, como ratos e  trackballs, son compatibles con calquera  pulsador. Tamén existen adaptadores para converter un  pulsador en calquera periférico do ordenador que desexemos.


Este  pulsador estándar ten un diámetro de 12,7cm e require moi pouca forza de activación, polo que é ideal para persoas con mobilidade moi reducida.
As súas 4  carcasas coas cores básicas se poden intercambiar.

CIRCUÍTO DE CARREIRAS ADAPTADO

Circuíto de carreiras adaptado  RedBull contra  Ferrari
Impresionante circuíto de carreiras con dúas  loopings e coches de  Ferrari e  RedBull para manexar con  conmutador.
O circuíto permite controlar o movemento dos coches mediante  pulsadores. Para cada un das dúas pistas dispón de:
Conexión para mover ou parar o coche. Entrada compatible estándar para calquera  pulsador. Regulador para fixar a velocidade. 
Conexión para modo turbo. Entrada  jack estándar para calquera  pulsador. 
Conexión para o mando orixinal. Xoga en calquera das pistas en modo adaptado ou co mando orixinal, que segue sendo completamente funcional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario