Un xoguete é para aprender, interactuar, comunicarse... pero sobre todo debería ser divertido!
Grazas ao seu conector estándar, existen moitos dispositivos e solucións que se poden controlar a través dun pulsador. Por exemplo, moitos dos nosos produtos de acceso ao ordenador, como ratos e trackballs, son compatibles con calquera pulsador. Tamén existen adaptadores para converter un pulsador en calquera periférico do ordenador que desexemos.
Este pulsador estándar ten un diámetro de 12,7cm e require moi pouca forza de activación, polo que é ideal para persoas con mobilidade moi reducida.
As súas 4 carcasas coas cores básicas se poden intercambiar.
CIRCUÍTO DE CARREIRAS ADAPTADO
Impresionante circuíto de carreiras con dúas loopings e coches de Ferrari e RedBull para manexar con conmutador.
O circuíto permite controlar o movemento dos coches mediante pulsadores. Para cada un das dúas pistas dispón de:
Conexión para mover ou parar o coche. Entrada compatible estándar para calquera pulsador. Regulador para fixar a velocidade.
Conexión para o mando orixinal. Xoga en calquera das pistas en modo adaptado ou co mando orixinal, que segue sendo completamente funcional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario