PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ESTIMULACIÓN SENSORIAL. PROXECTOR. NADAL


PARA QUE SIVE A ESTIMULACIÓN?
Cando falamos de estimulación sensorial facemos referencia á entrada de información da contorna ao sistema nervioso a través dos sentidos para elaborar sensacións e percepcións. Isto constitúe o primeiro elemento sobre o que se constrúe calquera aprendizaxe, xa que supón a primeira etapa do desenvolvemento das funcións cognitivas básicas (atención, memoria) e permite o desenvolvemento das funcións cognitivas superiores (resolución de problemas, razoamento, linguaxe e creatividade).

A adquisición ou captación de estímulos é o inicio do proceso de memoria, onde a atención e percepción xogan o papel principal. Posteriormente, a información almacenada utilizarase para operar e razoar.
Grazas aos sentidos, e explorando a contorna mediante o movemento (acción e experimentación), prodúcese o proceso de asimilación e acomodación, que permite a construción de aprendizaxes e a comprensión do mundo que nos rodea. Este proceso ten lugar de forma natural nas persoas desde o nacemento.

PROXECTOR LÁSER DE ESTRELAS
Proxector para teito e parede.
Cobre o teito e paredes con estrelas. As luces deste proxector láser de estrelas iluminan unha ampla superficie enchendo as paredes e/ou teito de brillantes estrelas e  nebulosas conseguindo un impresionante efecto. 


BÓLA DE ESPELLOS
Bóla de espellos con foco e  filtros de cores que se fixa no teito; a bola xira lentamente mediante un motor creando un rechamante ambiente en 360º. Promove actividades de seguimiento ocular.
A súa finalidade é a relaxación, estimulación visual e equilibrio. Miles de luces se crean cando un foco se proxecta na bola de espellos. 

FONTE: ORTOTECSA. DiscapNET

Ningún comentario:

Publicar un comentario