INCLUSIÓN DIXITAL PARA ANEAE

Inclusión dixital para ANEAE


CREAMOS O NOSO PANEL DE DESTREZA MANIPULATIVA. PSICOMOTRICIDADE

Estes paneis de destreza  manipulativa permite aos nenos (a partir dos 18 meses), e aos adultos, desenvolver a súa  motricidade fina de maneira divertida grazas ao seu amplo abanico de actividades e xogos. Para a súa construcción podemos empregar  velcros que o fan totalmente  configurable, podendo cambiar as actividades en función do interese das persoas que o utilizan. 
Traballaremos ademáis da súa imaxinación, a coordinación das extremidades superiores, así como a  motricidade da man. 
Podemos fixalo na parede tendo moi en conta a seguridade do neno, dado que é relativamente pesado. 

 

Podemos utilizar botóns e cordóns  para enfiar e achegar unha experiencia sensorial. Estes elementos son indispensables xa que permítenos traballar múltiples aprendizaxes como as cores, a numeración… Permiten tamén desenvolver funcións cognitivas e estimular os sentidos do tacto, a vista e o oído.

                                           

Este tipo de actividade reforza a concentración e a atención xa que o neno, completamente mergullado na actividade, esforzarase por ter o control dos seus movementos precisos para así lograr con éxito a tarefa proposta. 

  



                                              

FONTE: toysknoll.info; decopeques; etsy.com; m.vk.com; hopToys



DISPOSITIVO CONTRA A ASFIXIA POR ATRAGANTAMENTO. PRIMEIROS AUXILIOS






Un  atragantamiento pode ocorrerlle a calquera; as persoas maiores e aos nenos.

As persoas que padecen algunhas enfermidades son máis propensas a afogarse, por iso é preciso estar familiarizados con ferramentas útiles nun momento de emerxencia.



ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS DEDOS E MANS













Máis actividades de motricidade fina e xogos de mans e dedos


Ideas para traballar a grafomotricidade


Exercizos de oposición de dedos


  • Coa xema de cada dedo tentar contactar, por separado, coa xema do dedo  pulgar


Lateralización da moneca e xiro de moneca

  • Colocamos a man aberta e os dedos extendidos.
  • Realizamos movementos laterais coa moneca, dirixindo a man cara a fóra e cara adentro do corpo alternativamente.


  • Man semipechada
  • Facer momemento de rotación arredor da moneca como se intentaramos abrir e pechar unha porta



XOGUETES ADAPTADOS. NADAL

Xoguetes adaptados

Un xoguete é para aprender, interactuar, comunicarse... pero sobre todo debería ser divertido!
Os xoguetes adaptados dispoñen dun conector estándar para conmutador, de forma que poden accionarse mediante unha simple pulsación. 
Un  conmutador é moito máis que un simple  interruptor. É unha porta a un amplo abanico de adaptacións.

Grazas ao seu  conector estándar, existen moitos dispositivos e solucións que se poden controlar a través dun  pulsador. Por exemplo, moitos dos nosos produtos de acceso ao ordenador, como ratos e  trackballs, son compatibles con calquera  pulsador. Tamén existen adaptadores para converter un  pulsador en calquera periférico do ordenador que desexemos.


Este  pulsador estándar ten un diámetro de 12,7cm e require moi pouca forza de activación, polo que é ideal para persoas con mobilidade moi reducida.
As súas 4  carcasas coas cores básicas se poden intercambiar.

CIRCUÍTO DE CARREIRAS ADAPTADO

Circuíto de carreiras adaptado  RedBull contra  Ferrari
Impresionante circuíto de carreiras con dúas  loopings e coches de  Ferrari e  RedBull para manexar con  conmutador.
O circuíto permite controlar o movemento dos coches mediante  pulsadores. Para cada un das dúas pistas dispón de:
Conexión para mover ou parar o coche. Entrada compatible estándar para calquera  pulsador. Regulador para fixar a velocidade. 
Conexión para modo turbo. Entrada  jack estándar para calquera  pulsador. 
Conexión para o mando orixinal. Xoga en calquera das pistas en modo adaptado ou co mando orixinal, que segue sendo completamente funcional.

ESTIMULACIÓN SENSORIAL. PROXECTOR. NADAL


PARA QUE SIVE A ESTIMULACIÓN?
Cando falamos de estimulación sensorial facemos referencia á entrada de información da contorna ao sistema nervioso a través dos sentidos para elaborar sensacións e percepcións. Isto constitúe o primeiro elemento sobre o que se constrúe calquera aprendizaxe, xa que supón a primeira etapa do desenvolvemento das funcións cognitivas básicas (atención, memoria) e permite o desenvolvemento das funcións cognitivas superiores (resolución de problemas, razoamento, linguaxe e creatividade).

A adquisición ou captación de estímulos é o inicio do proceso de memoria, onde a atención e percepción xogan o papel principal. Posteriormente, a información almacenada utilizarase para operar e razoar.
Grazas aos sentidos, e explorando a contorna mediante o movemento (acción e experimentación), prodúcese o proceso de asimilación e acomodación, que permite a construción de aprendizaxes e a comprensión do mundo que nos rodea. Este proceso ten lugar de forma natural nas persoas desde o nacemento.

PROXECTOR LÁSER DE ESTRELAS
Proxector para teito e parede.
Cobre o teito e paredes con estrelas. As luces deste proxector láser de estrelas iluminan unha ampla superficie enchendo as paredes e/ou teito de brillantes estrelas e  nebulosas conseguindo un impresionante efecto. 


BÓLA DE ESPELLOS
Bóla de espellos con foco e  filtros de cores que se fixa no teito; a bola xira lentamente mediante un motor creando un rechamante ambiente en 360º. Promove actividades de seguimiento ocular.
A súa finalidade é a relaxación, estimulación visual e equilibrio. Miles de luces se crean cando un foco se proxecta na bola de espellos. 

FONTE: ORTOTECSA. DiscapNET

GUÍA DE XOGUETES DISEÑO UNIVERSAL. NADAL

Juego, juguetes y discapacidad. La importancia del diseño universal.


Costa, M.; Romero, M.; Mallebrera, C.; Fabregat, M.;Torres, E.; Martínez, MJ.; Martínez, Y.; Zaragoza, R. Torres, S. y Martínez, P.
O Instituto Tecnológico del Juguete (AIJU) elaborou unha publicación gratuíta dirixida a fabricantes de xoguetes, a expertos en infancia e discapacidade e a familias con nenos  con algún tipo de discapacidade. Está publicación proporciona á industria fabricante de xoguetes unhas pautas de deseño que contribúen a mellorar a accesibilidade dos xoguetes, tanto para nenos/as con discapacidade como sen ela: "Deseño para todos".

Juego, juguetes y atención temprana. Pautas para el diseño de juguetes útiles en la terapia psicopedagógica


M. Costa, E. Torres, M.T. Romero, M. Fabregat, S. Torres, Y. Martínez, C. Mallebrera, M.J. Martínez, R. Zaragoza y P. Martínez. CDIAT/APADIS: M.G. Millá, J. Crespo, M.C. Gabaldón, E. Richart, L. Munera, E. M. Hernández, J. García

Nesta Guía inclúese información sobre a Atención Temperá, as necesidades e requirimentos que deben ter as actividades lúdicas e as características que deben reunir os materiais lúdicos utilizados nesta área de intervención infantil.


FONTE: Instituto Tecnológico del Juguete AIJU

INTEGRACIÓN BILATERAL DE AMBAS MANS NA MANIPULACIÓN. PSICOMOTRICIDADE. NADAL


A integración bilateral de ambas as mans na manipulación, é una forma de execución de movementos individuais, pero, dirixidos a un fin común, como  enhebrar un patrón de bólas en fío ou realizar abotoados. Ademáis, os encaixes e  clavijas permiten realizar distintos tipos de agarre, desenvolver a coordinación  óculo manual e traballar a pinza con movementos voluntarios, precisos e dirixidos a un lugar do espazo concreto. Entre eles, suxerímosche:

Panel de destreza

Presenta distintos tipos de abotoado,  velcros,  cremalleras e cordóns para reforzar as habilidades de psicomotricidade fina e integración bilateral que melloran a súa autonomía nas actividades da vida diaria.

Enlazables e ensartables


Son figuras para enlazar. Ideais para combinar o desenvolvemento da psicomotricidade fina e a coordinación  óculo manual co xogo simbólico e a narración de historias sobre o  tema concreto que propoña o xogo. 

Podemos atopar con modelos como: os bloques de madeira para ir creando historias, as formas  ensartables para deseñar secuencias lóxicas, as argolas  engarzables  blandiñas para encadear ou as tarxetas para fiar, que requiren maior complexidade de movementos, con formas, letras, roupa e números.

Xogos de construción e arquitectura

Os xogos de construción e arquitectura son indispensables no desenvolvemento da percepción espacial e reforzan os distintos tipos de  prensións, a estabilidade en membros superiores, a coordinación  óculo manual e o xogo simbólico, con liberdade para crear distintas obras con bloques  ou a arquitectura con tubos que é un inxenioso xogo de construcción moi fácil de utilizar.
          
Clavixas
Clavixas para crear secuencias, crear formas xeométricas, aprender letras e números ou realizar deseños creativos, desenvolvendo habilidades de motricidade fina como a pinza dixital e/ou desenvolvendo a percepción visual na organización do espazo. Ademais, coas  clavixas  apilables, pódense traballar conceptos matemáticos e clasificacións por formas ou cores. 

Labirintos gráficos

Os labirintos gráficos sexan convencionais ou magnéticos, permiten aos nenos e nenas traballar as destrezas de  preescritura de forma divertida, xogando a desprazar as  boliñas do seu interior.

FONTE: Eneso

XOGOS PARA MELLORAR A PSICOMOTRICIDADE FINA. NADAL

As competencias  motrices necesarias para desenvolver a psicomotricidade fina de membros superiores trabállanse en torno a tres conxuntos de actividades:
Actividades para o desenvolvemento da destreza de mans.
Actividades para o desenvolvemento da destreza de dedos.
Actividades para mellorar a coordinación  óculo-motora integrando a percepción visual cos movementos da man, boneca, brazo e antebrazo.

Combinar as actividades de manipulación con materiais de estimulación sensorial, especialmente táctiles e visuais, é unha forma única de favorecer todas as competencias  psicomotrices en xogos de descubrimento e exploración. Propoñémosche:


A area  kinética.
  
A area  kinética é un material  manipulativo cunha textura moi especial xa que resulta moi maleable, non se seca e non ensucia. A súa suavidade e consistencia ofrecen un recurso moi atractivo para desenvolver habilidades  manipulativas e de exploración sensorial promovendo, ao mesmo tempo, sensacións de calma e relaxación.



As plastilinas intelixentes

As masas son o recurso ideal para fortalecer e  tonificar a musculatura de mans e dedos, a integración bilateral, desenvolver a imaxinación, o xogo simbólico, mellorar as relacións  visuoespaciales e traballar conceptos educativos. Hai diferentes plastilinas intelixentes que se comportan de distinta forma segundo a presión que se exerza sobre elas: botan, rompen, desfanse, moldéanse… 
Esta plastilina intelixente comportarase dunha forma ou outra segundo a presión que reciba. Sorprenderache!
Se fas unha bóla e a tiras ao chan, botará como unha pelota. Podes estirala, rompela,  amasarla, cubrir obxectos, moldeala e facer figuras, tapar as túas mans, o teu nariz... E todo con total seguridade porque non mancha, non cheira, non é tóxica e é apta para  celíacos e alérxicos ao látex.
Plastilina magnética, que poderás utilizar co imán que inclúe para poder movela de forma máxica... sen tocala! Descobre as propiedades magnéticas 
Plastilina sensible a luz  ultravioleta, na que poderás escribir e debuxar coa súa lanterna máxica.
Plastilina fluorescente que brilla na escuridade.

                    

A mesa de luz
Tan só contemplar láminas, obxectos  translúcidos ou xogar con formas xeométricas convértese nunha experiencia espectacular se se fai na mesa de luz.
Se a combinas co alfabeto  silishapes terás unha actividade xenial de iniciación á  lectoescritura; se a utilizas con pinturas, auga ou area  kinética poderás crear actividades de concienciación espacial, contraste e estimulación sensorial. Pero hai moitas máis posibilidades da mesa de luz.
As mesas de luz, así como outros moitos materiais sensoriais destinados á aprendizaxe  holístico en educación infantil están inspiradas no enfoque  Reggio Emilia. O seu fundador,  Loris  Malaguzzi promovía a educación de nenos e nenas mediante ambientes agradables, artísticos, cheos de relacións, vivencias e experiencias enriquecedoras para os sentidos, que guiasen o seu potencial  innato na construción da súa propia aprendizaxe de forma natural.


O seu poema “As 100 linguaxes do neno” proponnos diversas maneiras de procesar e expresar os nosos pensamentos a través de cores, sons, ritmos e movementos.
Los niños tienen cien maneras de expresarse, pero les robamos noventa y nueve, corresponde a nosotros facilitar la comunicación entre los niños y el mundo” (Loris Malaguzzi).
                                                                                                                           FONTE: Equipo de ENESO

APRENDER MECANOGRAFÍA CON VEDOQUE

                        Curso de mecanogafía en 6 leccións

XOGUETES ACCESIBLES. NADAL

 FINNEGAN  WAKE DE  MONSTER  HIGH

Os verdadeiros monstros de  Monster  High están orgullosos dos seus defectos, como o horrible  Finnegan  Wake. Este fillo dunha sirena vai en cadeira de rodas, pero sempre está listo para o que sexa, menos para quedar quieto. Inclúe varios accesorios como unhas lentes e unhas luvas de carreiras, e unha mochila que se pode colgar da súa cadeira de rodas. Ademais, vén cun diario que inclúe detalles incribles sobre a súa vida terrestre e marítima. A cadeira de rodas pode correr de verdade e está decorada con chamas, texturas e uns brazos prateados. Parte dos beneficios dos bonecos vendidos irán destinados ao proxecto Novos Atletas de  Special  Olympics España; un programa de adestramento destinado a nenos e nenas con discapacidade. 

FONTE: discapNET. eL PORTAL DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD

COMO ADAPTAR XOGUETES. NADAL



           




FONTE: ILUNION salud