MAN - CABEZA - PÉ
Tipo de acceso
Cando pensamos no uso do teclado directamente podemos pensar nos seguintes posibles accesos:
- Acceso cunha man: Dereita/Esquerda/Ambas mans.
- Acceso con dedos: Pode que só poida acceder ao teclado cun ou varios dedos, é preciso definir cales para unha posterior adaptación do mesmo en función dos dedos óptimos.
- Acceso co nariz: É preciso ter moito coidado coa posición do teclado e o movemento do pescozo ao acceder desta forma.
- Acceso con axuda técnica, é dicir con algún punteiro axustado á man ou ao antebrazo.
- Acceso coa cabeza mediante o licornio (cabezal con varilla que pode situarse á altura da fronte ou do mentón).
- Acceso cunha varilla bucal, que o alumnado suxeita entre os dentes ou os beizos.
- Acceso co pé mediante un punteiro suxeito ao mesmo.
LOCALIZACIÓN E POSTURA SEGUNDO A FORMA DE ACCESO AO TECLADO
1. Dúas mans
- Centrar o teclado respecto ao corpo.
- Distancia mínima de 10 cm para apoio de antebrazo/boneca sobre a mesa.
- Suxeición para evitar desprazamentos en caso de movementos bruscos.
- Cando exista debilidade muscular no ombreiro, pódese utilizar un apoio de bonecas fixo para soportar o peso do brazo ou un apoio de antebrazo con rótulas ou suspensións.
2. Unha man
- Centrar o teclado respecto da man funcional.
- Distancia mínima de 10 cm para apoio de antebrazo/boneca.
- Suxeición para evitar desprazamentos en caso de movementos bruscos.
- Cando exista debilidade muscular no ombreiro, pódese utilizar un apoio de bonecas fixo para soportar o peso do brazo ou un apoio de antebrazo con rótulas ou suspensións.
3. Pés
- Centrar o teclado respecto ao pé funcional.
- Suxeición para evitar desprazamentos.
4. Licornio ou varilla bucal
- Centrar en horizontal o teclado respecto da varilla.
- Centrar en vertical a fila media (letras G,H) do teclado respecto ao extremo final da varilla.
- Inclinación do teclado de máis de 45 graos respecto da mesa, para reducir flexión do pescozo e facilitar a pulsación das teclas coa varilla.
- A postura do alumnado debe ser de flexo-extensión do pescozo neutra, levantando e inclinado o teclado ou utilizando un licornio coa varilla inclinada de tal forma que se manteña esta postura neutra.
- Suxeición para evitar desprazamentos
Tamén é preciso analizar os seguintes aspectos do acceso:
Alcance das teclas:
Se chega sen excesiva dificultade a todas as letras; á tecla de Escape e ás teclas de función. Do mesmo xeito debemos de analizar se podería utilizar as Teclas de movemento do cursor e do teclado numérico. Esta análise non só nos permitirá analizar o uso real, senón tamén posibilitar o acceso a outros dispositivos como o rato a través do teclado, por se fose necesario.
Ademais, é moi importante a funcionalidade do devandito alcance das teclas: a forza con que o fai, a súa efectividade, así como a precisión ao teclear xa que poderían aparecer:
Dificultades de precisión ao pulsar unha tecla:
- Efecto repetición. Repítenselle os caracteres ao darlle a unha tecla.
- Pulsacións non desexadas. Dálle a outra sen querer, ou, non acerta con precisión.
- Pulsacións repetitivas. Ten tremores e dálle sen querer dúas veces ou máis.
- Pulsacións simultáneas. Dálle a dúas teclas adxacentes á vez.
- Manter pulsación. Non pode manter pulsada unha tecla durante un tempo determinado.
Outras Dificultades no acceso global:
- Movementos involuntarios. Ás veces pódense xerar outros movementos noutras partes do corpo, brazos ou cabeza ao teclear. Se é así, deben atenderse estes movementos e poida que non sexa funcional o uso do teclado desa maneira xa que podería favorecer algún tipo de patoloxía asociada.
- Recuperación da posición de repouso. Cando teclea é necesario que recupere facilmente a posición inicial antes de teclear ou, o que denominamos, posición de repouso, se non é así, debemos pensar noutro acceso ao teclado.
- Cansazo. O cansazo medirase en relación ás necesidades de cada alumno/a, tendo en conta os tempos de traballo posibles e axustándose a eles, pero nunca para eliminar a opción ou posibilidade de acceso. Pensamos na rapidez, pero sempre dentro das necesidades de cada alumno/a e o tipo de actividade que se desexa realizar.
Capacidade para mirar á pantalla e ao teclado:
Segundo o alumnado utilice a man, a cabeza ou o pé, hai que ter en conta a capacidade e modo de alternar a atención ao teclado coa pantalla, indispensable para o uso adecuado do ordenador.
A posición do teclado no chan, obriga ao alumnado para dirixir a súa mirada, segundo o seu dominio da acción, un número máis ou menos de veces ao mesmo, e volver mirar a pantalla. Este movemento de alternancia pode cansar ao alumno se non o temos en conta para que sexa o máis cómodo posible e requira un mínimo esforzo.
Da mesma maneira, o uso do teclado mediante un licornio coa cabeza obriga a realizar numerosos movementos coa cabeza non só para teclear senón tamén para ver o que vai realizándose na pantalla do ordenador. De aí a importancia de situar o teclado próximo á cabeza pero tendo en conta que debe poder visualizar tamén comodamente a pantalla de forma alternativa.
Se as dificultades do alumnado impiden o uso dun teclado convencional podemos pensar en utilizar outros teclados:
Teclado Ergonómico: Con una disposición de teclas nada convencional.
Teclado ampliado: Teclado coas mesmas teclas que un teclado convencional pero de maior tamaño. Ademais, as teclas preséntanse algo afundidas e o alumno debe introducir lixeiramente o dedo ou o punteiro na cavidade pequena que deixa a tecla. Desta maneira elimínanse dificultades tales como a pulsación en varias teclas á vez, ou de pulsacións noutras teclas pola dificultade de acceder a cada unha delas.
Teclado reducido: Teclado moi reducido para usalo con licornio ou con movementos moi reducidos de man ou pé.
Teclado programable: Teclado sen ningunha disposición de teclas. Mediante unha aplicación asociada, pódese configurar o teclado como se queira, permitindo diferentes tamaños, distintas localizacións e teclas diferentes como sílabas. Tamén se poden ter varias disposicións diferentes para alumnos/as diferentes e mesmo realizar pequenas aplicacións interactivas deseñadas para o alumno/a de forma diferenciada.
FONTE: Intef Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y Formación del Profesorado
FONTE: Intef Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y Formación del Profesorado
Ningún comentario:
Publicar un comentario