ANQUILOGLOSIA

É unha malformación cranio-facial conxénita. Xerase por defectos na apoptose(*) xeralmente da membrana bucofarínxea.



A anquiloglosia ou lingua ancorada é un trastorno conxénito, caracterizado por un frenillo lingual anormalmente curto e diferentes graos de incapacidade de uso da lingua segundo a clasificación do frenillo. 
É totalmente falso que o frenillo pode alongarse co crecemento para producir función normal. Se o grao da anquiloglosia é grave, pode estar afectada a fala, o que obriga a seguir unha terapia da fala ademáis da corrección cirúrxica. 
A anquiloglosia interfire coa lactación materna, a linguaxe, lamer un xeado, sacar a lingua, entre outras.

(*) A apoptose é unha vía de destrución ou morte celular programada ou provocada polo mesmo organismo, co fin de autocontrolar o seu desenvolvemento e crecemento. Por exemplo, a diferenciación dos dedos humanos durante o desenvolvemento embrionario require que as células das membranas intermedias inicien un proceso apoptótico para que os dedos poidan separarse.

FONTE: Medicina molecular. Medlineplus

Ningún comentario:

Publicar un comentario