PICTOTRADUCTOR. COMUNICACIÓN SINXELA CON PICTOGRAMAS.









Pictotraductor









É unha ferramenta online pensada para docentes, familias e profesionais que requiren de recursos que faciliten a comunicación con persoas que teñen problemas de expresión da linguaxe oral.

Basta con introducir a frase que desexes transmitir no cadriño habilitado para que vaian aparecendo as imaxes que representan as palabras escritas. É dicir, obteremos unha frase con pictogramas.
Podemos utilizar esta ferramenta sen necesidade de rexistro, ainda que se nos rexistramos permítenos personalizar as imaxes e gardar as nosas frases favoritas de maneira privada. As frases creadas, pódense imprimir, enviar por correo ou compartir nas redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario