Tiching presenta 10 películas interesantes para traballar o concepto de discapacidade como un punto de partida para realizar unha análise co alumnado e a creación dun debate e un argumento crítico.
- Like stars on hearth (Taare Zameen Par): Trátase dunha película moi emotiva que nos conta a historia de Ishaan, un neno indio de 8 anos que presenta algunhas dificultades de aprendizaxe e que o seu entorno parece non comprender. Pero algo está a punto de cambiar cando o profesor de Arte fíxase nel…
- Me llaman Radio: Unha historia baseada en feitos reais que narra a relación entre un entrenador de fútbol dun instituto en Carolina del Sur e Radio, un xove con discapacidade intelectual que abandonou a escola. A moralexa é moi especial: todo o mundo ten algo que ensinar aos demáis! De 12 anos en adiante.
- Forrest Gump: Todo un clásico xa do cine, que nos fai pensar sobre o importante que é darlle oportunidades a todas as persoas, por moi diferentes que sexan, xa que a súa capacidade de superarse e conseguir os diferentes retos pode acabar sempre por sorprendernos. A partir de 12 anos.
- Yo soy Sam: É moi difícil que non se escape algunha bágoa ao ser testigos deste relato, no que Sam (Sean Penn), que sufre unha discapacidade intelectual, debe loitar pola custodia da súa filla pequena e defender os seus dereitos como pai.
- Rojo como el cielo: Como consecuencia dun fatídico accidente, Mirco, un neno italiano protagonista desta historia, sofre unha lesión cerebral que lle supoñerá unha cegueira crónica. Será capaz de superar as dificultades que isto supón?
- Yo también: Laura e Daniel viven unha historia de amor, como tantas outras que xa se contaron no cine, pero cunha pequena diferencia que faina moi especial. Y é que Daniel padece síndrome de Down, o quepermite abrir o debate sobre discapacidade e cómo ésta afecta ás relacións personais.
- Rain man: O protagonista desta historia é Raymond, un home con Síndrome de Savant, que consiste nun trastorno de espectro autista que se caracteriza por presentar unha memoria prodixiosa e outras habilidades inusuais. É posible memorizar enteiros 9000 libros ao longo dunha vida?
- El octavo día: Dous mundos atópanse nesta película belga, o de Georges (un home con síndrome de Down) e o de Harry (un executivo), que non imaxina cánto poderá aprender de Georges. A partir de 12 años.
- Un mundo a su medida: O importante non é ser iguais, o importante é formar un bo equipo! Non se nos ocurre unha película mellor que ésta para representar esta idea, onde dous adolescentes que se complementan á perfección aprenderán a superar xuntos diferentes adversidades.
- Las llaves de casa: A película é unha emotiva adaptación da novela “Nacido dos veces” de Giuseppe Pontiggia, que trata sobre a relación do autor co seu fillo discapacitado. Unha historia sinxela pero que, sen dúvida, deixará pegada.
FONTE: Tiching
Ningún comentario:
Publicar un comentario