APOIO APRENDIZAXE DA LECTO-ESTURA. ALUMNADO CON DISFUNCIONALIDADE MOTORA

FONTE: Ministerio de Educación Cultura e Deporte, a través do CNICE (Centro Nacional de Investigación e Comunicación Educativa)
    ALEX II
Guía didáctica

Ales II é un recurso educativo para alumnado con algún tipo de discapacidade motora que afecte á fala ou á escrita. É un valioso instrumento para que este alumnado aprenda a escribir e a ler. O enfoque é moi motivador, cun diseño moi coidado e que permite que o alumnado interactúe cos personaxes.
O obxectivo prioritario deste proxecto é a elaboración dun recurso para facilitar o acceso ao linguaxe escrito de nenos e nenas con discapacidade motora, cuia manipulación e fala atópanse seriamente afectadas. A dificultade coa que se enfrentan os profesionais para ensinar a este alumnado e a escasez de material informático que aborde a aprendizaxe da lectoescritura levaron á elaboración deste proxecto. Desta forma, se pretende ofrecer unha ferramenta que permita o acceso á lectura e escrita como un medio de comunicación aumentativa y alternativa sen límites de vocabulario, ao tempo que se facilitan coa adquisición da lectoescrita outras aprendizaxes escolares. 
Suliñaremos que ALES pode utilizalo calquera tipo de alumnado, xa que os contidos que se traballan son os propios do proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita. Unha novidade importante con respecto a Ales I, é o seu uso en liña a través de Internet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario