QUE É UN CAN DE ASISTENCIA?.- 2

É aquel previamente adestrado para dar apoio físico e psicolóxico, técnico e terapéutico a persoas con necesidades especiais.
Estes cans de axuda social adéstranse durante 6-12 meses e, máis tarde, son sometidos a un período de axuste segundo a problemática ou necesidade do seu futuro dono completando así a súa formación en aproximadamente un ano e medio.

Poden ser clasificados segundo a súa función respecto do seu usuario e necesidades:

Can de Servizo. Axuda ás persoas con problemas físicos ou mobilidade reducida, nun continuo ou en situacións especiais.
 
Can Sinal. Axuda ás persoas con alteracións e problemas auditivos. Os cans sinal tamén se consideran de asistencia para avisar de crise epilépticas, hipoglucemias ..... aos seus donos.

Can Guía. Axuda ás persoas con discapacidade visual.

Can de servizo para nenos con autismo. Axuda ás persoas con trastornos dentro do espectro de autismo.

FONTE: Laura Jiménez. Toque diferente

Ningún comentario:

Publicar un comentario