DISLEXIA E LATERALIDADE

Podemos clasificar a lateralidade dunha persoa, en función da preferencia de man, pé, ollo e oído. 
A lateralidade atópase organizada cando as 4 partes do corpo mencionadas atópanse definidas no mesmo lado do corpo. No caso de non ser así, é cando poden aparecer dificultades na aprendizaxe da lectoescritura e das matemáticas.
Pero comprendamos ben antes, qué función desempeña cada hemisferio…
O hemisferio dereito ocúpase da percepción e comprensión global e do extralingüístico. O hemisferio esquerdo, polo contrario, ocúpse da interpretación e codificación da información e do lingüístico. Ambos, sen embargo, están conectados por unha estructura chamada corpo caioso que activa ou inhibe as áreas contralaterais en función da tarefa que quere levarse a cabo.
Por outro lado, e, en estreita relación coa lateralidade, cada hemisferio recibe a información, tanto motora (man e pé),  como sensorial (oído e ollo) da parte contralateral do corpo.
IMAXES
a) Vía motora (man)
b) Vía sensorial (ollo)
 

TIPOS DE LATERALIDADE
Destro: Preferencia do lado dereito en man, pé, ollo e oído.
Zurdo: Preferencia de lado esquerdo en man, pé, ollo e oído.
Zurdería contrariada: O lado esquerdo é o dominante pero por influencias sociais e culturais (ou outros motivos), utilízase o lado dereito (normalmente a man).
Ambidextrismo: Utilización coa mesma eficacia dos dous lados do corpo.
Lateralidade cruzada: Cando man, pé, oído e ollo non se sitúan no mesmo lado do cuerpo (por exemplo: preferencia man e pé esquerdos e oído e ollo dereitos).
Lateralidade sen definir: Cando non existe un patrón definido e estable.
QUE OCURRE CANDO A LATERALIDADE É CRUZADA?
Cunha dominancia ben establecida en ollo (nivel sensorial) e man (nivel motor), poñamos neste caso, destra, ocurriría o seguinte:
Información con preferencia visual destra. Dita información procesaa o hemisferio esquerdo (que se encarga dos detalles e das tarefas lingüísticas) e a nivel motor responde a man dereita.
Pero na lateralidade cruzada (no caso máis frecuente de dominancia destra en man e pé e zurda en ollo e oído) ocurre o seguinte:

Neste caso, hai unha preferencia visual en ollo esquerdo. A información visual procedente do ollo esquerdo a procesa o hemisferio dereito (que se ocupa do global e do non lingüístico) e a resposta motora prodúcese coa man dereita, que é a dominante.
Por tanto, non ten sentido que nestes casos aparezan dificultades na lecto-escritura, xa que as letras se diferencian, entre outras cousas, pola súa orientación lateral?
Cántos nenos e nenas vimos que teñen dificultades coas letras /d/, /b/ ,/q/ ,/p/?
Ten lóxica: existe un predominio hemisférico diferente entre a información visual que perciben e a súa  resposta grafomotora.
Significa iso que ten dislexia?
Non necesariamente, pero é un factor de risco importante a ter en conta.
Significa iso que calquera neno ou nena con dislexia vai ter unha lateralidade mal establecida?
Poden verse casos nos que sí e outros nos que non. Por tanto, non é unha condición sine qua non.
Poden aparecer outras dificultades debido a unha lateralidade mal establecida?
Sí, moitas máis. Entre elas dificultades na estructuración espacial, na planificación, na memoria a corto plazo, nas matemáticas, no procesamento da información (xa que se realiza por un camiño máis longo que require maior tempo, recursos neuronales, etc).
Por estes motivos, é importante que valoremos a lateralidade do noso alumnado (hai formas moi sinxelas de poder facelo) e non sobrediagnostiquemos e/ou etiquetemos de dislexia únicamente pola escrita en espello ou a confusión entre /b/,/p/,/d/, /q/. Hai moitos máis aspectos a considerar.
FONTE: María Benavent

Ningún comentario:

Publicar un comentario