Os nenos de entre 3 e 6 anos teñen unha autonomía, que lles vai permitindo elixir os libros e os temas que lles gustan. Os libros favoritos dos nenos de 3 a 6 anos poden ser moi variados. A súa iniciativa e as súas preferencias teñen que respectarse sempre. Por suposto, os pais teñen que acompañar as súas eleccións e orientalos, se fose preciso, coa axuda de profesionais: os seus profesores, os profesionais das bibliotecas e os libreiros.
Libros para nenos: en que hai que fixarse?
A estas idades, ten moito prestixio o que gusta aos maiores, é dicir, aos seus irmáns, os seus curmáns ou os veciniños. Pero haberá que avaliar se ese libro 'superventas' que fascina aos nenos de 9 anos é o adecuado para a idade do neno. Ou, máis ben, se o neno de 6 anos, ten a madurez necesaria para gozar desa magnífica historia.
Afortunadamente, a maioría das coleccións de literatura infantil, poñen unha franxa de idade recomendada que é moi orientativa para os pais á hora de elixir. Unha ollada rápida á contraportada do libro, á parte de atrás, na que se fai un resumo da historia, tamén é decisiva. Os pais coñecen a personalidade e o carácter do seu fillo e poden calcular o que lle gusta máis.
Cando buscamos a lectura máis adecuada para os nenos de 3 a 6 anos, convén ter en conta distintos aspectos:
1. O nivel dos textos, xa que non poden ser moi difíciles de entender porque matarían o interese do lector ou oínte.
2. Os tipos de letra. Tamén hai que prestar atención aos tipos de letra que aparecen porque hai letras moi bonitas, pero moi complicadas e non convidan a que o neno poña interese en descifrar os textos.
3. O estilo das ilustracións. É outro aspecto para ter en conta xa que sempre debe estar de acordo cos gustos do neno e coa súa idade: hai ilustracións que son obras de arte, pero resultan moi complicadas, abstractas, lúgubres? o neno non ten fácil facer a lectura de imaxes e ese é un aspecto moi importante que hai que coidar.
4. Os temas. Un libro pode ter un argumento interesante, pero unha trama complicada ou un tema pouco atractivo. Neste aspecto as revistas teñen moito que dicir: ofrecen distintas seccións non moi longas, con fotos e distintos estilos de ilustración e con temas diversos (tamén con xogos) para que o neno poida elixir o que máis lle apetece en cada momento de acordo co seu estado de animo e o seu nivel de cansazo. Ás veces, un conto parece moi longo, pero un cómic ofrece o equilibrio ideal entre o texto e a imaxe, e, é moi fácil seguilo de principio a fin.
Moitos pais, cando pensan en lectura para nenos, pensan en libros: aconsellamos non esquecer as revistas. Teñen moito que achegar na formación dun neno lector e na súa afección á lectura.
Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
ASPECTOS A TER EN CONTA PARA MERCAR AS LECTURAS FAVORITAS DOS NENOS ENTRE 3 E 6 ANOS QUE XA SABEN LER
Puede que te interesen:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario